martes, 28 de noviembre de 2006

CV NOIA - XUVENIL DE TEIS

Clasificación Gr. A Fem
J
Pts
1 UniversidadValladolid
8
16
2 Univ. Oviedo Campus Gijón
8
14
3 CDE VoleibolCastañeda
8
14
4 Emeve Lab. Nupel
8
13
5 Universidad León
8
13
6 Fisioterapia Cinesia Noia
8
12
7 D,Elhuyar
8
12
8 Xuvenil Teis
8
11
9 CID Jovellanos
8
11
10 Universidad Salamanca
8
11
11 Dompa Gestión
8
9
12 C.V. Oviedo
8
6



Este fin de semana pasado xogamos contra Xuvenil de Teis e ganamos 3-1. Foi un partido que empezou moi mal para nós pero que por fortuna soubemos darlle a volta ó marcador e reaccionar antes de que fora demasiado tarde. Sabíamos que ía ser un equipo difícil polo seu carácter defensivo, pero non tanto como se nos planteou o primeiro set. Pero bueno, por sorte gañamos. Este fin de semana que ven tócanos xogar contra Salamanca e é un partido que hai que gañar se queremos seguir ahí arriba, sobre todo porque as súas dúas mellores xogadoras están lesionadas (por fortuna para nós e por desgracia para elas). Xa vos contarei a semana que ven como transcurreu o partido.

lunes, 20 de noviembre de 2006

Fotos C.V. Noia temporada 2006 - 2007





Aquí tendes un exemplo das fotos do C.V. Noia da actual temporada. Dicirvos que o resultado deste fin de semana pasado (o cal xogamos en León) foi de 3-1 para estas últimas. O partido non estuvo mal, ainda que sabemos que sempre podemos facer máis. Haber que pasa contra Teis este sábado en Noia, partido que hai que gañar se queremos manternos no medio da táboa de clasificación.


lunes, 13 de noviembre de 2006

PRIMEIRA DERROTA NA CASA

Por primeira vez nesta tempada sufrimos unha derrota na nosa casa. As culpables: as actuais número 1 da liga, Valladolid. As de Valladolid fixeron un xogo moi bo, destacando a súa defensa e a colocación, que lles permitiu atacar cómodamente. Pese a isto, plantámoslle cara amosando por momentos un xogo de calidade no que destacou especialmente o noso saque, que nos permitiu ir por enriba delas en varias ocasións. O principal problema foi non saber manter ese bo xogo ao longo de todo o partido, xa que sufrimos moitos altibaixos. Engadido a isto, no último set tivemos moitos faios de saque, perdendo a arma que nos dera tantos puntos en sets anteriores. A pesar de todo, o resultado non fai de todo xustiza xa que mereciamos facer polo menos algún set.
Agora toca esquecerse deste partido para centrarse no próximo encontro, que disputaremos en León o vindeiro sábado, onde trataremos de volver de novo á parte alta da clasificación.

jueves, 9 de noviembre de 2006

PRÓXIMO ENCONTRO

O próximo sábado enfrentámonos ao vixente campión de liga, Valladolid.
Clasificación Gr. A Fem J Pts
1 Universidad Valladolid
5
10
2 Univ. Oviedo Campus Gijón
5
9
3 Fisioterapia Cinesia Noia
5
8
4 Universidad León
5
8
5 Universidad Salamanca
5
8
6 D,Elhuyar
5
8
7 CDE Voleibol Castañeda
5
8
8 Xuvenil Teis
5
7
9 Emeve Lab. Nupel
5
7
10 CID Jovellanos
5
7
11 Dompa Gestión
5
5
12 C.V. Oviedo
5
3

Pero nos non lle temos medo a ninguén, cousas peores se viron. ¡E seguro que as camisetas novas nos darán sorte! Necesitamos animación, así que traede a pais, nais, fillos, mozos, primos ao can e ao da carnicería da esquina. Cantos máis, mellor.


INAUGURACIÓN DO ESPACIO DO CLUBE VOLEIBOL NOIA

PARA INAUGURAR ESTE ESPACIO DO CLUBE VOLEIBOL NOIA, NADA MELLOR QUE ESTA FOTO QUE NOS FIXEMOS EN GIJÓN NO ÚLTIMO DESPLAZAMENTO. UNHA PENA QUE SE NOS NUBLASE O DÍA CON ESE QUINTO SET TAN POUCO DECOROSO...