viernes, 23 de febrero de 2007

Valladolid 17 de Febreiro do 2007, Sábado de Carnaval


Pois o sábado 17 xogamos ás 18.00 en Valladolid co equipo que ocupa actualmente a primeira praza na liga. O resultado foi de 3-0 pero teño que dicir que o arbitraxe foi bastante lamentable. As de Valladolid estaban sin a súa colocadora (o motivo non o sabemos) e encargáronse desta tarea as centrais. Cada colocación que facían era falta (salváronse moi poucas) pero ó árbitro xa debía ir mentalizado de que era o día das "non dobles". Creo que nunca vin tantas nun partido e de feito o colexiado pitaba cando oía gritar a alguén que era falta estando xa a xogada rematada, e que curioso que case todas cando fallaba o equipo local. Incluso Lucy casi ten a súa primeira tarxeta amarilla do ano por levantar a voz. Pero bueno, polo menos celebramos o sábado de carnaval todas xuntas en Valladolid, donde por certo casi nadie iba disfrazado, excepto nós claro, que fomos preparadas cos nosos disfraces (uns máis traballados que outros, pero por igual orixinais). Aquí tendes un par de fotos de grupo.







martes, 13 de febrero de 2007

Comentario partido 11 Febreiro do 2007

En homenaxe á nosa Creti que esperamos que volte pronto porque xa sabe que nos fai falta.




Por fin podemos falar de un resultado favorable para o CV Noia (3-1) no partido disputado o domingo, 11 de febreiro, en Ourense contra o Dompa Xestión. Foi un partido insulso e a ratos aburrido dado que o xogo non era moi continuado, pero supoño que eso é o que pasa por xogar un domingo pola mañá. Este fin de semana que ven xogamos en Valladolid contra as primeiras. Bueno, o importante é que fagamos un bo partido e aproveitala viaxe porque é o sábado de carnaval e haberá que disfrazarse (xa poñerei fotos a seguinte semana para que vexades os modelitos). Cambiando de tema, mandarlle ánimo desde aquí a Ruth, a nosa central máis xoven, que ten que volver a operarse da garganta e está un pouco desanimada. Moitos ánimos Rútifer!!! Por fin Melania recibeu o seu regalo de cumpreanos despois do partido de Ourense (que mellor que unido a unha victoria). Tamén dicir desde aquí que si algunha ten algún comentario dos partidos que o poña, que para eso está esta páxina, para que todo o mundo dea a súa opinión. Nada máis esta semana, espero ter boas noticias a que ven. Un saúdo. Ah, que se me olvida o máis importante; Creti xa está en Italia, xa nos abandonou pero o bo é que non tardará moito en volver porque esto lle tira moito (e a quen non). Que pases unha boa estancia cos italianos Creti e xa sabes donde estamos para o que necesites. Muaks.

jueves, 1 de febrero de 2007

Comentario partido 27 Xaneiro do 2007

Foi un resultado adverso para nós (3-0) pero bueno, podemos dicir que nos dous primeiros sets volvemos a recuperar un pouco o xogo co que empezamos a temporada e o cal xa non dábamos atopado. Esperamos este fin de semana salir da mala racha no partido que xogamos na casa contra Jovellanos cas cales perderamos alá por un desafortunado 3-2. E Feliz cumpreanos a Melania, Ruth e Ana (delegada) que cumpriron aniños no mes de Xaneiro. Os regalos chegarán pronto, están en proceso. As fotos das setas xa se enviaron a todo o mundo, creo que non fai falta que as poña aquí, de todos modos se queredes que o faga non tendes máis que pedilo. Ah, tamén se me olvidaba dicir que este sábado temos a cenita de despedida de Creti que é o último partido que xoga na casa e claro, para que desaproveitalo?? As fotos poñereinas no meu blog, así que estade atentos. Por último, gracias Piturrín.