O sábado 17 de Marzo xogamos en Gijón contra as cuartas clasificadas da Liga. O que prometía ser un partido rápido para as locais, rematou sendo un partido moi bo, o noso mellor partido en toda a liga. Atacamos, defendemos e incluso había balóns que xa nos sorprendíamos ata nós da forma en que os levantábamos. Vamos, que acaba a liga e empezamos a xogar ben. Bueno, o ano que ven será mellor, eso esperamos todas.
jueves, 22 de marzo de 2007
miércoles, 14 de marzo de 2007
PARTIDO CONTRA SALAMANCA, SÁBADO 10/03/2007
Pois para variar un pouco teño que dicir que este sábado o partido que nos enfrontaba ó equipo recén ascendido de Salamanca decantouse nun resultado favorable para nós, 3-1. O equipo viña moi mermado pola imposibilidade de varias xogadoras de viaxar, e incluso dúas que viñeron quedáronse no hotel en Santiago, unha enferma e outra por lesión. Ainda así non quero quitarlle méritos ó equipo ó que nos enfrontamos, o cal levantaba os balóns ás veces xa de forma imposible o cal xa era un pouco desesperante para nós porque había xogadas que parecían non ter fin. Este fin de semana viaxamos a Gijón para enfrontarnos con Universidade de Oviedo Campus de Gijón as cales ocupan a cuarta posición na clasificación. Pero bueno, non hai que desesperar e hai que ir a ganar tódolos partidos porque todo é posible. Tamén añadir que Crichi está de cumpreanos esta semana, o venres 16 de marzo. Así que Mari Creti, FELICIDADES DE TODO O EQUIPO!!!!!!!
jueves, 8 de marzo de 2007
PARTIDO DO 03-MARZO-2007
Foi o enfrentamento Teis - Noia o cal era un partido bastante importante porque son as nosas rivales máis inmediatas. Fomos con bastante cautela porque o noso xogo na segunda volta non é precisamente moi bo, así que intentamos mentalizarnos. Pero non dou resultado e o partido finalizou coa nosa derrota por 3-1 a favor do equipo local. Tamén hai que dicir que no enfrontamento contra León o sábado anterior púidose ver como o noso bo xogo florecía outra vez o cal dou lugar a un bo partido, pero a superioridade das de León (que van segundas na clasificación) fixo que o partido se decantara para elas con un 0-3. Este fin de semana que ven xogamos ás 5 contra Salamanca en Noia, e esperemos facerlle frente a un equipo que en principio ven mermado pola falta de algunhas xogadoras. Tamén dar desde aquí ánimos a Ana, colocadora de Teis da liga Fev que se lesionou no campionato universitario este mércores 7 de marzo mentres xogaba no equipo da USC. Despois de facer un moi bo primeiro set contra a Universidade de Vigo a nosa colocadora nun accidente desafortunado lesionouse. Desde aquí dicirche que teñas unha moi pronta recuperación e gracias por todo. Ah, e por último, FELIZ CUMPREANOS JÉSICA!!!! que cumpreu aniños o sábado 3 de marzo. Felicidades de todo o equipo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)