martes, 10 de abril de 2007

Cena fin de temporada 2006-2007

A cena será este sábado 5 de maio en Noia. Calqueira dúbida do lugar ou da hora, poñerse en contacto con Liboreiro. Ata entón. Ah, e coincide co cumpreanos de Luci, así que FELIZ CUMPREANOS LUCINDA!!!!

domingo, 1 de abril de 2007

REMATE DA TEMPORADA 2006-2007

A liga chegou ó seu fin e hai que dicir que de boas maneiras para nós, xa que logramos culminala cunha grande victoria ante o cuarto clasificado o cal se xogaba o ascenso no noso partido. Foi intenso e con xogadas moi largas, pero logramos facerlle frente e acadámola victoria finalmente. O noso xogo foi mellorando semana a semana de forma que cada partido era máis reñido e emocionante podendo superar por fin o baixón de despois das vacacións de navidad. Agora toca voleipraia así que iredes vendo as fotos de cada torneo no meu blog. Ata a temporada que ven e ah, FELIZ CUMPREANOS CHARLI BROWN!!!! E ó resto, vémonos na cena de equipo.