martes, 30 de octubre de 2007

COMEZO TEMPORADA 2ª DIVISIÓN MASCULINA 2007-2008

O comezo da temporada 2007-2008 non puido ser mellor para o equipo do Club Voleibol Noia masculino que milita na 2ª División: un resultado favorable de 3-1 contra o C.V. Marineda da Coruña. O primeiro set escapóuselle ó equipo local pero conseguíu amarrar o resto do partido sen dar casi opción de remontada ó equipo contrario. No primeiro set parecía que os xogadores non se daban situado no campo, pero bastou solamente éste para que cada un se fose encontrando pouco a pouco e poder facer un bo partido finalmente. Este sábado xogarán contra o Comercial Durán de Pontevedra. O equipo de 1ª División Feminina segue ca pretemporada ata o día 17 de Novembro que será cando comece a liga na casa contra o Fortuna Kirol Aukera de San Sebastián.

jueves, 18 de octubre de 2007

PRETEMPORADA 2007 EQUIPO MASCULINO 2ª DIVISIÓN

O sábado 13 de Outubro tivo lugar o segundo partido de pretemporada entre o Noia e o Conxo de Santiago. O partido de ida solventouse con un resultado adverso para os nosos de 3-0, pero o partido de volta xa tivo outro ritmo. Os rapaces de Noia pouco a pouco vanse situando no campo e collendo confianza o cal fixo que case se adxudicasen o partido. Pero os de Santiago souberon ter a cabeza máis fría no 5º set o cal lle otorgou o partido. O resultado foi de 2-3 favorable para o Conxo. Este fin de semana tamén se disputará un amistoso entre o Zalaeta de Coruña e o Fisioterapia Cinesia Noia (ambos equipos de 1ª división feminina) pero todavía se descoñece o pavillón e a hora. Outra nova é que se levou a cabo a fichaxe dunha xogadora brasileira (Renata) central, 1.78 m, sin dúbida un reforzo para o equipo. Un saúdo.

domingo, 7 de octubre de 2007

REMATE COPA GALICIA 2007

Pois como todos saberedes gañamos no partido de volta en Noia a Teis por 3-1 o cal supuxo que nos teríamos que enfentar ó C.V. Marineda da Coruña. Non houbo sorpresas no resultado (3-0 para as de Coruña) ainda que o arbitraxe tivo algun que outro despiste (voluntario ou non) en algunhas xogadas. En conclusión, que a pretemporada segue porque ainda queda moito para o comezo da liga de 1ª división, así que iremos xogando algún que outro amistoso. Gracias ás rapazas de Coruña (Silvia e Paula Rodríguez, Charli e Jeny) por xogar a copa con nós. Comunicar tamén que os adestramentos dos martes pasan a ser en Santiago a partir de esta semana (se non hai ningunha novidade). Os rapaces de segunda disputaron un amistoso contra os nenos de Conxo que se saldou con victoria para os de Santiago por un 3-0. O equipo de segunda realizou un bo encontro no que os xogadores foron rotando para que así todos puideran xogar e probar así diferentes combinacións na pista. E por último hoxe, sábado 6 de outubro, os xuveniles enfrontáronse nun partido amistoso tamén contra Boiro que se saldo con unha victoria de 3-0 para os de Noia. Mais novidades pronto. Un saúdo.