
Fin de semana no que os dous equipos sénior do Club xogaron e acadaron a victoria ante os seus rivais. Por un lado temos o equipo masculino que milita na 2ª división galega que se impuxo por un 3-0 ante o AV Cangas sen moita complicación con uns parciais de 25-21, 25-22 e 25-20. O xogo do equipo local non foi tan fluido coma nos outros encontros, pero logrou impoñerse ó equipo visitante sen maior complicación. Outros resultados:
Turismo de Vigo Voleibol -
Comercial Durán: (0-3) 21-25/13-25/19-25,
R+F Magenta Voley -
3.14 Financial: (0-3) 23-25/15-25/24-26,
CV Noia -
AV Cangas: (3-0) 25-21/25-22/25-20,
Ageco Marineda - Descansa,
Vigo Valery Karpin - Descansa. O equipo de 1ª División Feminina desprazouse ata Castañeda para enfrontarse ó equipo local que tiña algunhas variacións na súa prantilla con respecto ós outros anos. Despois de 2 horas de encontro o equipo de Noia levouse o 5º set na cancha do equipo cántabro con un resultado de 9-15. Os outros parciais foron: 25-22, 11-25, 18-25 e 25-18. Foi un partido moi intenso por ambos equipos no que gran parte do resultado favorable para as de Noia se debeu á súa forza en defensa e na celebración que mostraba na cancha tras cada punto o cal lle dou maior confianza sobre as súas rivais. A semana que ven enfróntase o sábado ás 17.00 horas contra Salamanca no pabillón Alonso Rodríguez de Noia. Outros resultados foron:
Universidad Salamanca - Univ. Oviedo Campus Gijón: 0 - 3 (17-25/22-25/25-25/0-0/0-0),
Antalsis - Dompa Gestión: 3 - 0 (25-20/25-11/25-20/0-0/0-0),
Fortuna Kirol Aukera - Universidad de La Rioja: 3 - 1 (25-5/25-12/21-25/26-24/0-0). Os rapaces xogarán fóra na cancha do 3.14 Financial (de Ferrol) para poder seguirse mantendo nos primeiros postos da táboa. Os xuveniles descansaron este fin de semana.
Clasificación Gr. A Fem tras xornada nº 2
1. Antalsis
2. Univ. Oviedo Campus Gijón
3. Fisioterapia Cinesia Noia
4. Fortuna Kirol Aukera
5. Universidad Salamanca
6. CDE Voleibol Castañeda
7. Universidad de La Rioja
8. Dompa Gestión
Clasificación Sénior Masculino tras xornada nº 5
1. Vigo Valery Karpin
2. CV Noia
3. Comercial Durán
4. 3.14 Financial
5. Ageco Marineda
6. Turismo de Vigo Voleibol
7. AV Cangas
8. R+F Magenta Voley
Clasificación Xuvenil Masculino tras xornada nº 5
1. EMEVE Lab. Nupel
2. Turismo de Vigo IES Teis
3. CV Ribeira
4. CIS Zalaeta
5. CD Conxo
6. CV Noia
7. ARQO Rianxo
8. Gehon S. Sadurniño
9. Galp Energia