domingo, 30 de diciembre de 2007

TORNEO 3X3 NADAL 2007


A clasificación foi a seguinte:




1º. A Bella e os Bestias





2º. Makina violenta










3º. Pasanduta
(con un infiltrado de outro equipo)




4º. Pan Bimbo






Foi un torneo de elevado nivel e moi reñido. Tódolos equipos aspiraban a estar entre os primeiros clasificados, pero o equipo chamado "A Bella e os Bestias" acadou a victoria do torneo de Nadal de este ano. Os compoñentes do equipo: Oli, Quique, Crichi e Pablo gañaron tódolos seus partidos e conseguiron impoñerse na final ó "Mákina violenta" (Cholo, Maki, Tito e Barreiro). Os xuveniles do Noia fixeron un campeonato brillante pero por segundo ano consecutivo viron como o título se lles escapaba. Enhoraboa ós gañadores (e os que non gañaron tamén) e vémonos o ano que ven. Mellor xogador do 3x3: Cholo e Xogador revelación: Fredi.


Felicitar dende aquí a Cristal e Melania, xogadoras do Fisioterapia Cinesia de 1ª División que están de cumpreanos estos días (Cristal o 22 de Decembro e Melania o 4 de Xaneiro), FELIZ CUMPREANOS!!!!

domingo, 23 de diciembre de 2007

ENCONTRO CV NOIA - VIGO VALERY KARPIN B

Por fin sabémolo resultado do partido máis esperado en 2ª División Masculina: CV Noia (3) - Vigo Valery Karpin B (2). Os dous equipos chegaban invictos a este encontro e xogábanse o liderado de inverno; calquera deles se podía adxudicar a vitoria, pero o equipo local tivo quizais máis carácter e peso nos últimos puntos.

No 1º e no 2º set os de Noia despregaron un bo xogo caracterizado por un ataque e un bloqueo efectivo. A lesión do xogador Chiru no 3º set minou a moral dos nosos o cal aproveitou o equipo contrario que comezou a facer o seu mellor xogo. No quinto set cando o marcador iba 3-1 para o CV Noia tivo lugar outro desafortunado incidente que foi a lesión do líbero noiés Álvaro. O partido fixo un parón para que fora atendido pero reanudouse ó cabo dun intre xa que había que rematalo fora como fora. Martín visteu a camiseta de Álvaro e entrou no campo como novo líbero. Todos pensábamos que esto afectaría ó estado anímico dos xogadores pero continuaron o quinto set con forza e a partir do punto 8 distanciáronse no marcador do equipo de Vigo que loitou ata o final.

En resume: un partido emocionante que fixo desfrutar ós que alí acudimos a velo, que fomos moitos (haber si por fin o Voleibol crea a expectación que se merece, en tódalas categorías). Noraboa ós dous equipos e sobre todo ó equipo de Noia que é líder no Campeonato de Inverno.

O CV Noia B gañou por 3-0 o seu partido contra o IES Ames. Noraboa tamén!!!!



Aquí temos un exemplo de esa afición que fixo vibrar ós xogadores durante o encontro. Gracias a todos e esperamos vervos en tódolos partidos.

Dicirvos a todos que nos vemos no Torneo 3x3 do sábado 29 de Decembro. Para inscribirvos entrade na páxina cvnoia.es e xa vedes a folla de inscripción. Ata entón, BO NADAL!!!!!!!!!!!!!

lunes, 17 de diciembre de 2007

COMPETICIÓNS DO FIN DE SEMANA DO 15 DEC 2007

Quería empezar dicindo que a cena do sábado foi un éxito tanto en comportamento (sempre estarán ahí as nosas xuveniles para dar un pouco a nota, nunca mellor dito) como en entretenemento (proba de esto son os vídeos do karaoke no que Lorena, Martín e Noel dan o mellor de sí). Gracias!!!

Cambiando de tema, este sábado 15 de decembro xogaron os sénior feminino e masculino e o equipo xuvenil feminino. O equipo de primeira feminino, o Fisioterapia Cinesia, xogou en Noia no pabillón Alonso Rodríguez ás 17.00 horas contra o Universidade de La Rioja. Era un partido que había que gañar, pois este equipo consigue ralentizar o xogo e levantar a cabeza no momento menos esperado, collendo ó equipo contrario desprevenido. Pero outra vez máis, axudadas polo seu saque e defensa, souberon solucionar os 3 sets do encontro cos seguintes parciais: 25-15, 25-16 e 25-23. Destacar que Antalsis (Zalaeta) perdeu o seu encontro contra a Universidade de Salamanca, o cal nos deixa en primeira posición da táboa con 4 partidos gañados e 0 derrotas. Despois das festas do Nadal incorporarase á plantilla do Fisioterapia Cinesia unha nova xogadora: Patricia Cerviño de Ourense, xogadora de 4 que formará parte do noso equipo ata final de temporada. Outros resultados: Universidad Salamanca - Antalsis: 3 - 1 (25-22/25-27/25-20/25-19/0-0), Fortuna Kirol Aukera - Univ. Oviedo Campus Gijón: 1 - 3 (28-26/16-25/18-25/15-25/0-0), CDE Voleibol Castañeda - Dompa Gestión: 3 - 0 (25-13/25-18/25-9/0-0/0-0). Próxima xornada o 13 de Xaneiro Domingo ás 12.00 horas en Ourense contra o Dompa Gestión no pabillón Municipal de Los Remedios.

O CV Noia de 2ª División xogou no pabillón Santa Uxía de Riveira ás 17.00 horas nun derbi que se decantou para os de Noia por 0-3 con uns parciais de 12-25, 25-27 e 5-25. Outros resultados: AV Cangas 2-3 Turismo de Vigo Voleibol (25-19/20-25/26-24/16-25/7-15), 3.14 Financial 3-1 Comercial Durán (25-11/25-23/10-25/27-25), Ageco Marineda - Descansa, Vigo Valery Karpin - Descansa. O sábado 22 de Decembro enfrontaranse ó Vigo Valery Karpin no pabillón Alonso Rodríguez de Noia ás 20.00 horas. Partido emocionante no que ambos equipos se xogarán o primeiro posto da táboa de clasificación de 2ª. Queda posta a enquisa para que poidades votar polo voso equipo (con deportividade sempre os comentarios por favor). O CV Noia B enfrontarase tamén o mesmo fin de semana ó IES Ames o domingo 23 ás 12.30 pabillón de Noia.

O Fisioterapia Cinesia Noia xuvenil feminino enfrontarase ó Xiria Mouzo Souto o día 22 sábado. Na xornada deste fin de semana xogaron contra o ADE Asesores Univ da Coruña dous partidos. Perderon o seus encontros por 0-3 e 3-0 cos seguintes parciais: 25-7, 25-9 e 25-10 e 10-25, 12-25 e 10-25. Outros resultados: Calasancias - Marineda 3-0 La Fábrica Sarria (25-10/25-23/25-18).

O encontro entre o CV Noia xuvenil masculino e o R+F Magenta Voley Riveira foi aprazado (sin fecha por ahora) e este sábado 22 toca xornada de descanso.

Recordade que o sábado 29 de Decembro celebrarase en Noia no pabillón Alonso Rodríguez o TORNEO 3x3 DE NADAL. Non vos olvidar que polo menos un dos xogadores ten que ser non federado (igual que os outros anos). Espero vervos a todos!!!!

lunes, 10 de diciembre de 2007

CENA NAVIDAD CLUB VOLEIBOL NOIA

A cena será o sábado 15 de Decembro no Saiñeiro (Noia) e o menú serán 13 euros por cabeza. Hai que estar alí ás 22.30 horas (sede puntuais e poñerse elegantes). Seremos sobre uns 30 máis ou menos por ahora (entre os sénior masculino e feminino e os xuveniles masculino e feminino), pero contamos chegar ata os 35 comensales. Se queredes acudir non vos demoredes, a lista vaise pechar. Un saúdo.

Cambiando un pouco de tema, este sábado 8 de Decembro xogaron os dous equipos xuveniles do club: o xuvenil masculino, o CV Noia enfrontouse ó CD Conxo en Noia, no pabillón Alonso Rodríguez. O resultado foi de 3-0 para os locais cos seguintes parciais: 25-20/25-21/25-23. Os de Noia xogaron moi ben impoñéndose a un rival moi forte. Foi unha semana moi boa para os nosos xuveniles que gañaron 3 de 3. Outros resultados: CIS Zalaeta (1-3) Gehon S. Sadurniño: 16-25/23-25/27-25/21-25, Galp Energia (1-3) ARQO Rianxo: 24-26/26-24/20-25/19-25, Turismo de Vigo IES Teis (1-3) EMEVE Lab. Nupel: 29-27/15-25/21-25/21-25, Gehon S. Sadurniño (0-3) CV Noia: 28-30/21-25/20-25, CV Ribeira - Descansa; o xuvenil feminino, o Fisioterapia Cinesia xogou en Noia contra o Calasancias - Marineda perdendo o seu encontro por un adverso 0-3 (5-25/7-25/7-25). Outros resultados: Xiria Mouzo Souto (3-0) CV Brétema: 25-23/25-10/25-7, Xiria Asesoría Cervantes (3-2) ARQO Rianxo: 25-15/23-25/23-25/25-16/15-6, CV Padrón (3-1) La Fábrica Sarria: 25-15/25-23/23-25/25-15, Fisioterapia Cinesia (0-3) CV Brétema: 5-25/5-25/8-25, Xiria Mouzo Souto (3-0) ARQO Rianxo: 25-9/25-9/25-7.

viernes, 7 de diciembre de 2007

XORNADA DO XOVES 6 DE DECEMBRO

A xornada do Xoves 6 de Decembro non puido ser mellor para os dous equipos masculinos do Noia que desputaban os seus encontros aprazados en xornadas anteriores. O equipo de 2ª masculino xogaba no pabillón universitario de Esteiro contra o 3,14 Financial as 18.00 horas nun encontro arbitrado polo colexiado Barry, encontro que deu un xiro inesperado nos últimos puntos do terceiro set. Os de Noia ían perdendo o encontro por 2-0 e 24-22; os de Ferrol tiveron dous puntos de partido que non puideron conseguir debido en parte a un oportuno saque que caeu no outro campo despois de bater contra a rede, dándonos o punto directo. A partir de ahí o encontro deu a volta e acabou na man do C.V. Noia gañando por un apretado 2-3 (25-22/25-19/26-28/24-26/11-15). Ahora están 2º na clasificación por detrás do Vigo Valery Karpin pero con un partido menos (ámbolos equipos con tódolos seus partidos ganados).

Os Xuveniles tiveron doblete: pola mañán xogaron ás 11.00 horas contra o Arqo Rianxo en Noia no pabillón Alonso Rodríguez e pola tarde enfrontáronse ó Gehon S. Sadurniño ás 18.00 no P.M. de San Sadurniño. Conseguiron impoñerse ós dous equipos por 3-0 en ámbolos casos con un moi bo xogo. En resume, victoria para os dous equipos de Noia que seguen así nos primeiros postos da táboa de clasificación. O equipo Xuvenil Feminino de Francisco, o Fisioterapia Cinesia Noia volveu a caer derrotado no pabillón Alonso Rodríguez de Noia por un 3-0 ante o CV Brétema, encontro desputado ás 16.00 horas.

lunes, 3 de diciembre de 2007

UNHA NOVA VICTORIA

¡Obxectivo cumplido! As noiesas acadaron este sábado unha nova victoria, esta vez fronte ás xogadoras da Universidade de Salamanca. Desta forma, conseguen cumplir o primeiro pequeno obxectivo desta liga: conquistar a segunda posición da táboa antes da xornada de descanso que terá lugar a próxima fin de semana. O partido asemellouse moito ao disputado fai dúas semanas contra o Fortuna Kirol Aukera, vencendo, coma nesa ocasión, por 3 sets a 1. De novo, o primeiro e segundo parcial non supuxeron grandes complicacións para as locais, que conseguían así poñerse cun moi favorable resultado de 2 sets a 0 (25-15/25-21). Os problemas chegaron no terceiro, no que a mala recepción e as dificultades para acabar os puntos en ataque pasaron factura, permitindo ás de Salamanca levarse o set cun cómodo 13-25. O cuarto e último set foi moi axustado e as de Noia foron por debaixo no marcador case todo o tempo, pero unha vez máis fixeron uso da súas mellores cualidades, o sentimento de equipo e o espíritu de loita, e se negaron a dar o set por perdido, o que as levou a remontar un 23-21 en contra e vencer o último set por un merecido 25-23 sen dar máis opcións ás rivais.
Como poderedes imaxinar, o equipo está moi contento dos bos resultados que se están obtendo este ano (sobre todo dadas a súas circunstancias especiais de falta de xogadoras) e confían en seguir dando alegrías. Como xa se mencionou anteriormente, a próxima fin de semana do 8-9 de decembro non haberá xornada de liga na primeira división feminina. Pero poderedes disfrutar dun novo encontro o día 15 ás cinco da tarde coma sempre no polideportivo Alonso Rodríguez. ¡Non o perdades e vinde a animar ao equipo revelación da liga! E se todo vai ben, celebraremos a victoria esa mesma noite na cena de Nadal do C.V. Noia (non vos olvidedes de mandar un mail de confirmación ou inscribirvos na lista que atoparedes na corcheira do pabillón). Outros resultados: Universidad de La Rioja - CDE Voleibol Castañeda: 1 - 3 (19-25/25-22/23-25/20-25/0-0), Dompa Gestión - Fortuna Kirol Aukera: 0 - 3 (20-25/17-25/15-25/0-0/0-0), Univ. Oviedo Campus Gijón - Antalsis: 2 - 3 (25-19/21-25/25-18/17-25/12-15).

Pola contra, as xuveniles de Fran cederon o seu encontro contra o CD Conxo por 3-0 (25-11/25-9/25-23). Xogarán o día 8/12/07 contra Calasancias-Marineda no Pavillón Alonso Rodríguez de Noia. Outros resultados: Calasancias - Marineda 3-0 CV Padrón (25-19/25-17/26-24), CV Brétema 1-3 ADE Asesores Univ da Coruña (18-25/13-25/25-17/17-25), Xiria Asesoría Cervantes 0-3 ADE Asesores Univ da Coruña (17-25/17-25/22-25), ADE Asesores Univ da Coruña 3-0 ARQO Rianxo (25-12/25-7/25-21).

Os xuveniles de Moncho e os sénior de segunda descansaron este fin de semana (estes últimos xogarán este xoves festivo en Ferrol o partido aprazado contra o 3.14 Financial no P. univ. Esteiro). Outro resultados: Vigo Valery Karpin 3-0 Turismo de Vigo Voleibol (25-9/25-14/25-12), AV Cangas 1-3 Ageco Marineda (19-25/27-25/18-25/21-25), R+F Magenta Voley - Descansa, Comercial Durán - Descansa.

*********************** Redactado por Crichi ***********************