PRIMEIRA DIVISIÓN FEMININA:
Pois parece que as xogadoras do noso primeiro equipo deixan atrás ese pequeno bache no que caeran fai dúas semanas ao perder inesperadamente contra as colistas, o Dompa Gestión de Ourense, e do que xa estiveron a piques de saír a pasada semana ao chegar ao quinto set contra as primeiras da táboa, o Univ. de Oviedo Campus Gijón. Aínda que cada partido é importante, o desta fin de semana tiña un valor especial xa que desta victoria dependía que as noiesas conquistasen de novo a segunda posición da táboa ou que pola contra caesen ata o carto posto, o que podería facer caer tamén a súa moral dificultando a segunda volta da liga.
O equipo non partía con moita avantaxe, xa que á lesión de Lucía uníuselle o venres unha molestia no abdome de Leo, facéndolles temer ter que reestructurar a plantilla para o encontro do sábado na Coruña. Pero finalmente a nosa central aguantóu todo o partido e a única variación que tiveron que realizar foi a de desputalo sen líbero.
O primeiro set comezou cunha clara dominancia das da Coruña, que chegaron a acadar unha diferencia de 6 puntos no marcador. Sen embargo, as noiesas resistíronse e conseguiron darlle a volta ao marcador, chegando incluso a ter varios puntos de set que non souberon aproveitar, e cederon por un axustado 32-30. Ese resultado foi sólo o aviso de que non se ían render fácilmente e que viñan dispostas a levarse o encontro, e deulles a forza suficiente para gañar os dous seguintes sets sen demasiados problemas (23-25; 21-25). No carto parcial, como lles ven sucedendo dende o principio da liga, baixaron a garda e tiveron unha caída do seu xogo que as obligou a desputar un quinto. Pero non se desanimaron e despóis do esforzo que levaban feito durante todo o partido, entraron decididas a non repetir o erro da semana anterior e así conseguiron ir por diante todo o tempo vencendo cun cómodo 11-15. Como xa reseñamos anteriormente, esta victoria supón moito para as rapazas do Noia, xa que lles fai empezar a segunda volta nunha merecida segunda posición que lles permitirá afrontar con máis seguridade os partidos que veñen, a maioría dos cais serán fora da casa. Así que agora toca poñerse as pilas, adestrar duro e coidar as lesións para non tirar pola borda todo o traballo feito ata o momento e acabar a tempada como mínimo nesta segunda posición.
¡FORZA NOIA!
SEGUNDA DIVISIÓN MASCULINA (A e B), XUVENIL MASCULINO E
XUVENIL FEMININO:
O enfrontamento entre o
CV Noia (2ª masculino) e o Turismo de Vigo Voleibol rematou con un resultado favorable para os nosos que conseguiron impoñerse por 3 - 1 nun partido bastante irregular en xogo. Os de Noia acudiron a Vigo ca baixa do lesionado Álvaro, á que se lle sumou Oliver (por unha mal caída no entrenamento do martes), e Fran (por motivos laborales). Xogaron: Manolito, Quique (colocadores), Pablo Agraso, Chino, Martin (por 4), Chiru (oposto), Cañita (líbero), Noel, Pilís (centrales). Outros encontros desta xornada:
Vigo Valery Karpin -
3.14 Financial,
Comercial Durán -
Ageco Marineda,
R+F Magenta Voley Riveira - Descansa,
AV Cangas - Descansa.
O CV Noia (xuvenil masculino) cedeu o seu encontro por 0 - 3 ante o Turismo de Vigo Voleibol IES Teis. Os parciais foron os seguintes: 26-24/25-16/27-25. Os nosos fixeron un bo partido, pero os de Vigo foron máis efectivos atacando. Outros encontros desta xornada: ARQO Rianxo - CD Conxo, EMEVE Lab.Nupel - R+F Magenta Voley Riveira, Galp Energia 0-3 CIS Zalaeta: 15-25/13-25/14-25, Gehon S. Sadurniño - Descansa.
O CV Noia B xogou contra o o Vigo Valery Karpin nun encontro que se decideu no quinto set a favor dos nosos. Os parciais foron os seguintes: 20-25/11-25/27-25/25-12/7-15. Outros encontros desta xornada: IES Ames - Comercial Duran, Ageco Marineda - Descansa.
O Fisioterapia Cinesia Noia (xuvenil feminino) tamén perdeu o seu encontro disputado ante La Fábrica Sarriá por 0-3 cos seguintes parciais: 25-17/25-10/25-9. Outros encontros desta xornada: Calasancias - Marineda 2-3 CV Brétema: 25-14/25-14/24-26/22-25/7-15, ARQO Rianxo - CD Conxo, CV Padrón 2-3 ADE Asesores Univ da Coruña: 25-22/25-14/23-25/10-25/7-15, Xiria Asesoría Cervantes 3-0 Xiria Mouzo Souto: 25-22/25-11/25-16.
PRÓXIMA XORNADA:
Fortuna Kirol Aukera - Fisioterapia Cinesia Noia (1ª): sábado 2 de febreiro ás 17.00 horas no polideportivo Pío Baroja (San Sebastián).
CV Noia (2ª): descansa.
CV Noia B: descansa.
CV Noia (xuvenil masculino) - Emeve Lab. Nupel: sábado 2 de febreiro no pabillón Alonso Rodríguez de Noia.
Fisioterapia Cinesia Noia (xuvenil feminino) - ARQO Rianxo: sábado 2 de febreiro no pabillón Alonso Rodríguez de Noia.
******* Crónica de Leo e Crichi ******