domingo, 24 de febrero de 2008

UN NOVO LOGRO PARA O CV NOIA

2ª DIVISIÓN B MASCULINA:
¡CAMPEÓNS DE LIGA!

Dar a enhoraboa ós rapaces do CV Noia de 2ªB porque quedaron campeóns da súa Liga ó gañar o partido contra o IES Ames que se xogou hoxe ás 12.00 horas no PM de Bertamiráns por 0-3. Os parciais foron os seguintes: 15-25, 15-25 e 18-25. Xogaron polo CV Noia: Manu, Marcos, Ángel, Cholo, Tito, Christian, Mourís. Foi un partido claro para os nosos frente a un equipo novato nesta categoría. Non acudiron ó encontro: Abel, Chino, Álvaro, Noel e Ivo. ¡¡¡ NORABOA!!!.





1ª DIVISIÓN FEMININA: Gañando distancias


O equipo de primeira división do CV Noia logrou esta fin de semana o primeiro obxectivo que tiña marcado de cara ao final da liga vencendo ao Universidad de La Rioja por 0-3. Logo dun bo madrugón e unha longa viaxe, chegaron as xogadoras á cidade de Logroño con tempo suficiente para dar un pequeno paseo e estirar algo as pernas antes de entrar ao pabillón do campus universitario onde se disputou o encontro. O partido comezou sen moitos problemas para as nosas, que saíron moi animadas á pista seguindo as indicacións do seu adestrador, que non quería que se repetisen os erros da semana pasada, e conseguiron así levarse con facilidade o primeiro set. O segundo empezou igual que o primeiro, pero unha vez máis as nosas sufriron un deses baixóns aos que nos teñen acostumados e se lle puxeron as cousas difíciles, tendo que salvar un par de puntos de set en contra. A boa noticia é que conseguiron salvalos e se impuxeron finalmente cun apretadísimo 27-29. E como despóis da tormenta ven a calma, no terceiro e definitivo set recuperaron o seu xogo e levaron a avantaxe todo o tempo ata impoñerse finalmente por 13-25. É de mencionar unha vez máis o bo traballo defensivo que fixo todo o equipo, destacando especialmente o labor de Leo, que estivo moi atenta durante todo o encontro e salvou bolas moi complicadas, algunhas delas no segundo set que supuxeron a diferencia entre gañar e perder ese xogo.

As nosas senior continúan así na segunda posición e recuperan a distancia dun punto con respecto ás terceiras ao caer este sábado o Universidad de Salamanca fronte ao Antalsis da Coruña (3-1), así que a próxima fin de semana deberán vencer fronte ao Dompa Gestión ourensán para non perder ese segundo posto da táboa. Esperamos vervos a todos animando ás nosas chicas, pero lembrade que o partido nesta ocasión non se disputará no Alonso Rodríguez, senón no Polideportivo Municipal de Noia ás 8 da tarde. ¡Non faltedes!


XUVENIL MASCULINO:

O CV Noia perdeu o seu encontro contra o CD Conxo de Santiago por un 3-0. Os de Noia víronse superados por un rival que foi superior a eles ó longo de todo o partido. Os parciais foron os seguintes: 25-23/25-22/25-22. Xogaron polo Noia: Mourís, Tito, Cholo, Jorge, Christian, Brais, Emmanuel, Barreiro (líbero). Outros encontros da xornada: Gehon S. Sadurniño 0-3 CIS Zalaeta: 18-25/21-25/11-25, ARQO Rianxo - Galp Energia, EMEVE Lab. Nupel - Turismo de Vigo IES Teis, R+F Magenta Voley Riveira – Descansa.


XUVENIL FEMININO:

O Fisioterapia Cinesia caeu derrotado ante o Calasancias-Marineda por un 0-3 no encontro disputado o sábado ás 11.30 horas na cancha do equipo da Coruña. Os parciais foron os seguintes: 25-10/25-6/25-8. Outros encontros da xornada: CD Conxo - ADE Asesores Univ da Coruña, CV Brétema - Xiria Mouzo Souto, ARQO Rianxo 0-3 Xiria Asesoría Cervantes: 20-25/18-25/11-25, La Fábrica Sarria 3-0 CV Padrón: 25-0/25-0/25-0.


O CV Noia de 2ª División, descansou nesta xornada.


PRÓXIMA XORNADA:

  • Fisioterapia Cinesia Noia - Dompa Gestión: sábado 1 de Marzo ás 20.00 horas no Pabillón Municipal de Noia.
  • CV Noia (2ª masc.) - R+F Voley Magenta Riveira: domingo 2 de Marzo ás 12.30 horas no Pabillón Municipal de Noia.
  • CV Noia (xuvenil masc.) - Emeve Laboratorios Nupel: sábado 1 de Marzo ás 12.30 horas no Pabillón Municipal de Noia.
  • ADE Asesores Univ da Coruña - Fisioterapia Cinesia (xuven. fem.): aprazado.


lunes, 18 de febrero de 2008

UNHA FASE DE ASCENSO E UNHA PEDRA NO CAMIÑO


2ª DIVISIÓN MASCULINA. OBXECTIVO FASE DE ASCENSO A 1ª: ALCANZADO!!

Pois comezamos a crónica desta xornada dando a noraboa ó equipo sénior de 2ª División porque acadou un dos dous obxectivos de esta liga: ir á fase de ascenso. Matemáticamente xa está clasificado polo que poden afrontar o resto de partidos con unha maior tranquilidade. O outro haberá que esperar haber o que ocorre nela, porque sería ascender a Primeira División, cousa que esperamos todos que ocorra. Empezamos entón esta crónica co equipo de 2ª que se impuxo nun partido moi igualado ó 3.14 Financial por 3-2 cos seguintes parciais: 27-25/25-22/24-26/16-25/15-11. Baixas de Francisco por motivos laborais e Noel por exames. A plantilla dirixida por Moncho Baña (xa que Libo se encontraba en Salamanca co equipo de 1ª), sabía que era un partido moi importante porque se o gañaban poderían estar máis tranquilos o resto de liga. Pero o partido complicouse no 3º set, o cal se decantou polo lado visitante, ó igual que ocorreu co cuarto. Pero un pouco de fe e gañas fixeron que o equipo local acadara a victoria no quinto, e polo tanto os 2 puntos. Como incidente do encontro mencionar a lesión dun dos colocadores, Quique, que sufriu un esguince de tobillo no 1º set, ainda que seguíu xogando ata rematalo 2º. Outros encontros da xornada: Turismo de Vigo Voleibol 1-3 Vigo Valery Karpin: 14-25/25-23/17-25/18-25, Ageco Marineda - AV Cangas, R+F Magenta Voley Riveira - Descansa, Comercial Durán - Descansa.


1ª DIVISIÓN FEMININA: TROPEZÓN, TROPEZÓN

Non houbo fortuna para o equipo senior feminino do CV Noia esta fin de semana. Tocáballes desputar nesta ocasión un dos partidos máis importantes desta segunda volta contra o Universidad de Salamanca, que se atopaba xusto por detrás delas na clasificación cunha derrota máis, polo que a victoria lles daría unha marxen de dous partidos que lles viría moi ben para poder rematar a liga en postos de fase de ascenso. Pero non souberon aproveitar a ocasión. O partido comezou cun xogo moi pobre por parte das nosas, sen conseguir acabar os puntos e cunha actitude moi fría e falta de ánimo que distaba moito da que levan mostrando toda a liga e que lles pasou factura facéndolles perder os dous primeiros sets contundentemente (25-17/25-19). Pero algo as fixo despertar e saíron con forza no terceiro set dispostas a salvar o partido. E esto notouse no marcador, conseguindo gañar esta terceira manga cun resultado de 19-25. Chegaba así o carto set. As noiesas saían á pista cos ánimos ao máximo e parecía que se ía repetir o resultado do terceiro, levando a ventaxa durante toda o primeira metade. Pero unha mala racha na que se encadearon unha serie de erros, principalmente de ataque, complicou as cousas e permitiu que as salmantinas acadasen finalmente a victoria (3-1). Outros resultados da xornada: CDE Voleibol Castañeda - Universidad de La Rioja: 3 - 1 (25-23/12-25/25-20/25-18/0-0), Fortuna Kirol Aukera - Dompa Gestión: 3 - 1 (25-22/19-25/25-11/25-13/0-0), Antalsis - Univ. Oviedo Campus Gijón: 1 - 3 (26-24/14-25/18-25/12-25/0-0).

A diferencia de sets permítelles ás noiesas aferrarse aínda á segunda posición.
Pero se non queren perdela, terán que loitar moi duro porque o calendario pónselles difícil. A próxima fin de semana buscarán en Logroño a victoria para poder manterse onde están. Non viría mál algo de animación… ¡Aí queda eso!


XUVENIL MASCULINO:

O CV Noia xuvenil impúxose claramente ó Gehón S. Sadurniño por 3-0 nun partido no que o equipo local foi moi superior. Os parciais foron os seguintes: 25-9/25-18/25-18. Esta victoria coloca ós de Noia na 4ª posición da táboa con 7 partidos gañados e 6 partidos perdidos. Outros partidos da xornada: Galp Energia 1-3 EMEVE Lab. Nupel: 20-25/25-20/17-25/16-25, CIS Zalaeta 3-1 ARQO Rianxo: 25-18/25-18/19-25/25-21, R+F Magenta Voley Riveira - CD Conxo, Turismo de Vigo IES Teis - Descansa.

O equipo xuvenil masculino disputou o domingo ás 17.00 horas no Pabillón Municipal un encontro amistoso contra a Selección Galega Cadete que rematou co resultado de 2-3 para o equipo visitante. O CV Noia contaba ca baixa de varios xogadores que se tiveron que desprazar ós seus respectivos lugares de estudio (para ver a foto ampliada vai ó menú da barra lateral e fai click en fotos xuvenil masculino).


XUVENIL FEMININO:

O Fisioterapia Cinesia perdeu o seu encontro contra o CD Conxo por 0-3 cos seguintes parciais: 8-25/16-25/22-25. Outros resultados da xornada: CV Padrón 1-3 Calasancias - Marineda: 8-25/25-20/19-25/18-25, Xiria Asesoría Cervantes 3-2 La Fábrica Sarria: 10-25/22-25/25-5/28-26/15-12, ARQO Rianxo 0-3 Xiria Mouzo Souto: 15-25/21-25/11-25, ADE Asesores Univ da Coruña 3-0 CV Brétema: 25-16/25-21/25-22.

sábado, 9 de febrero de 2008

XORNADA DO SÁBADO 9 DE FEBREIRO

1ª DIVISIÓN FEMININA:

O encontro entre o Fisioterapia Cinesia Noia e o CDE Voleibol Castañeda rematou con un resultado favorable de 3-0 para o equipo local. O partido durou 1 hora, suficiente para que as noiesas acadaran a victoria gracias ó seu potente saque e a un efectivo ataque. Os parciais foron os seguintes: 25-14/25-19/25-20. Na clasificación seguen segundas da táboa, pero esta vez en solitario, xa que Salamanca perdeu o seu partido contra Univ. Oviedo Campus Gijón por 3-2. A semana que ven o Fisioterapia viaxará a Salamanca donde disputará un partido moi importante fronte a un rival directo. Será ás 20.15 horas no polideportivo Miguel de Unamuno. Outros resultados: Univ. Oviedo Campus Gijón - Universidad Salamanca: 3 - 2 (25-15/25-27/25-21/23-25/15-13), Dompa Gestión - Antalsis: 0 - 3 (13-25/17-25/15-25), Universidad de La Rioja - Fortuna Kirol Aukera: 2 - 3 (22-25/25-20/25-21/21-26/6-15).

2ª DIVISIÓN MASCULINA:

O CV Noia de 2ª impúxose ante o AV Cangas por 0-3 nun partido sin complicacións para o equipo visitante. Os parciais foron os seguintes: 18-25/21-25/20-25. Os noieses acudiron cas ausencias de Pilís e Francisco por motivos laborales. Na táboa de clasificación están de primeiros con 9 partidos gañados e 1 perdido; séguelle o Vigo Valery Karpin con 8 partidos gañados e 1 perdido (conta con un partido menos este equipo). Outros encontros da xornada: Comercial Durán - Turismo de Vigo Voleibol, 3.14 Financial 3 - 1 R+F Magenta Voley Riveira: 25-13/25-17/20-25/25-15, Ageco Marineda - Descansa, Vigo Valery Karpin - Descansa.

XUVENIL MASCULINO:

O CV Noia xuvenil xogou contra o ARQO Rianxo no polideportivo municipal desta localidade. O resultado do encontro foi de 0-3 nun partido moi reñido no que ámbolos dous equipos xogaron moi ben. Os parciais foron os seguintes: 23-25/29-31/24-26. Outros encontros da xornada: Gehon S. Sadurniño - R+F Magenta Voley Riveira, CIS Zalaeta 0 - 3 EMEVE Lab. Nupel: 21-25/17-25/20-25, Galp Energia 0 - 3 Turismo de Vigo IES Teis: 12-25/13-25/25-27, CD Conxo - Descansa.

XUVENIL FEMININO:

O Fisioterapia Cinesia xuvenil xogou en Coruña contra o CV Brétema nun encontro no que as xogadoras de Fran non opuxeron moita resistencia. O resultado foi de 3-0 para o equipo local cos seguintes parciais: 25-1, 25-6 e 25-17. Baixa das xogadoras Rebeca Pardal, Alicia Outes e Judith. Partido decidido en 45 minutos. Outros resultados: Calasancias - Marineda - CD Conxo, ARQO Rianxo - ADE Asesores Univ da Coruña, La Fábrica Sarria 1-3 Xiria Mouzo Souto: 18-25/25-16/13-25/13-25, CV Padrón 3-2 Xiria Asesoría Cervantes: 24-26/25-16/25-9/20-25/15-12.


PRÓXIMA XORNADA (16 DE FEBREIRO DO 2008):

  • Universidad Salamanca - Fisioterapia Cinesia Noia (1ª): sábado 16 de febreiro ás 20.15 horas no polideportivo Miguel de Unamuno de Salamanca.

  • CV Noia (2ª) - 3.14 Financial: sábado 16 de febreiro ás 17.30 horas no pabillón Alonso Rodríguez de Noia.

  • CV Noia (xuvenil masc.) - Gehon S. Sadurniño: sábado 16 de febreiro ás 16.00 horas no pabillón Alonso Rodríguez de Noia.
  • Fisioterapia Cinesia (xuvenil fem.) - CD Conxo: sábado 16 de febreiro ás 13.00 horas no pabillón Alonso Rodríguez de Noia.

lunes, 4 de febrero de 2008

VICTORIA EN SAN SEBASTIÁN

O equipo senior feminino desplazouse esta pasada fin de semana ata San Sebastián para disputar o primeiro partido da segunda volta deste campionato de liga 2007/2008. As nosas xogadoras saíron o venres pola tarde camiño de Santander, onde pasaron a noite para reanudar a viaxe ao día seguinte. O sábado a mediodía xa se atopaban na cidade vasca, a tempo para dar un bo paseo e saborear un pouco, antes do partido, o ambiente festivo que se respiraba na localidade.

O equipo local esperaba ás nosas con ganas de levarse o encontro, xa que se atopan na antepenúltima posición, con solo unha victoria máis que os dous seguintes. E así pareceu que sería, xa que as noiesas empezaron o partido cun xogo moi frouxo e sen conseguir rematar as accións. Desta forma, o Fortuna Kirol Aukera conseguía un cómodo 2-0 (25-22; 25-18) poñéndolle as cousas difíciles ao conxunto galego. Pero despóis da longa viaxe que fixeran, as de Noia non estaban dispostas a regalar os puntos do encontro e volver á casa coas mans valeiras, así que sumaron forzas e saíron dispostas a darlle a volta ao marcador, tratando de levar con paciencia o partido, sendo conscientes en todo momento de que aquel era con diferencia o seu peor día, pero sabendo tamén que aínda así podían gañar, e desta forma conseguiron levarse o terceiro e cuarto sets sen moitos problemas (17-25; 21-25). O último e definitivo xogo non comezou moi ben para as nosas chicas e chegaron a ir perdendo 10-6, pero conseguiron remontar e se atoparon finalmente cun 13 iguais e bola de recepción. Unha moi boa colocación de Luci deixou sola a Mela en ataque conseguindo así poñerse con punto de partido e este chegou nunha última xogada algo revolta pero que ó final lles valeu a victoria.

Foi un partido para o olvido, sen dúbida algunha, pero o feito de ter gañado o encontro incluso cun xogo tan malo e desordenado solo pode significar unha cousa: este ano pódese con todo. Con esta nova victoria manteñen a segunda posición, pero terán que poñerse as pilas e recuperar o bo xogo se queren continuar aí, xa que as terceiras (Universidade de Salamanca) veñen pisándolles os talóns. A próxima fin de semana xogarán o único partido na casa de todo este mes de febreiro contra o CDE Voleibol Casatañeda, coma sempre ás 5 da tarde no polideportivo Alonso Rodríguez. ¡Esperámosvos!

O CV Noia (xuvenil masculino) non disputou o seu partido contra o Emeve de Lugo por un malentendido entre os representantes de cada club. Todavía non se sabe si se repetirá o partido (probablemente sea esta a opción) ou se lles dará ós de Noia o partido por ganado.

PRÓXIMA XORNADA:

  • Fisioterapia Cinesia Noia (1ª) - CDE Voleibol Castañeda: sábado 9 de febreiro ás 17.00 horas no pabillón Alonso Rodríguez de Noia.

  • AV Cangas - CV Noia (2ª): sábado 9 de febreiro ás 19.00 horas en O Gatañal.

  • CV Brétema - Fisioterapia Cinesia (2ª B fem.): sábado 9 de febreiro ás 12.30 horas no Bº de las Flores (A Coruña).

  • ARQO Rianxo - CV Noia (xuvenil masc.): sábado 9 de febreiro ás 12.30 horas no PM de Rianxo.