lunes, 31 de marzo de 2008

FASES FINAIS E FASES DE ASCENSO

As datas das Fases nas que vai participar o Club Voleibol Noia nas diferentes categorías que conseguiron clasificarse este ano son:




  • Fisioterapia Cinesia Noia (1ª División Feminina): días 24, 25, 26 e 27 de Abril en Torre-Pacheco (Murcia).


  • CV Noia (2ª División Masculina): días 1, 2, 3 e 4 de Maio (sede todavía por confirmar).
Na final da Liga Intercomarcal de Voleibol 2008, que se celebrou este venres 28 de marzo no pabillón Alonso Rodríguez de Noia, o equipo infantil do Club Voleibol Noia quedou en 3ª posición e o equipo alevín en 2ª. ¡¡Noraboa!!!


















lunes, 17 de marzo de 2008

¡¡¡¡OÉ, OÉ, OÉ, OEEEEEEEEEE!!!!


¡Conseguímolo chicas! Mantivemos a emoción ata o final esperando á última xornada para asegurar o noso pase, pero finalmente... ¡A FASE DE ASCENSO É NOSA!

Falemos do partido: os nervios fixéronse notar e xogamos o primeiro set agarrotadas, idas, non pareciamos nos. Probablemente os que estabades alí vendo tan lamentable espectáculo, nunca pensariades que gañaríamos o encontro. Pero ao longo deste ano, se hai algo do que podemos enorgullecernos, é de saber afrontar este tipo de situacións e ser capaces de darlle a volta ao marcador. Así que finalizado ese primeiro set, dixémonos “¡Peor non se pode facer! De aquí pa’ arriba”. Puxémonos as pilas e volvimos a ser nos. Comezamos a atacar ben, a sacar como solemos sacar e a facer o que mellor se nos da: defender. Desta maneira, conseguimos levar os seguintes sets sen sufrir en exceso e finalmente, e dunha forma un pouco estrana, por certo, o partido foi noso. Así que agora estas “catro pelagatas” que empezaron a temporada sen saber se serían xente suficiente para acabala e coa única intención de non descender, teñen o mellor premio que podían ter: acabar a liga de segundas conseguindo así un billete para a fase de ascenso.
Vervos alí animando, pese ao mal inicio de partido que fixemos, dounos as forzas que precisabamos para despertar e cambiar as tornas. Así que, en nome de todo o equipo, MOITAS GRACIAS a todos polo voso apoio e por acompañarnos neste día tan importante. Esperamos que o disfrutárades polo menos a metade do que o disfrutamos nos. E noraboa a todo o CLUBE VOLEIBOL NOIA polos grandes resultados acadados este ano. Esperemos que se repitan durante moitas temporadas.

viernes, 14 de marzo de 2008

CENA CLUB VOLEIBOL NOIA

A cea será no RÚA este sábado 15 de marzo ás 22.30 horas. O menú será 15 euros por persoa. Non vai a haber karaoke, pero bueno, eso non impide que se poida "dala nota" (seguide votando ó voso favorito na enquisa). Vémonos!!!

Felicitar a Cholo e a Crichi que estos días andan cumprindo anos. FELICIDADESSSS!!!

lunes, 10 de marzo de 2008

FASE FINAL PARA O EQUIPO XUVENIL MASCULINO


XUVENIL MASCULINO:
Imos adicala crónica desta xornada ó equipo xuvenil masculino do Noia porque conseguíu clasificarse para a Fase Final ó vencer onte por 3-0 ó R+F Magenta Voley Riveira (25-17, 25-17 e 25-18). O CV Noia tiña que gañalo encontro si quería xogar esta fase así que saíron ó campo a dalo todo. Sempre tiveron o partido de cara gracias a un moi bo ataque que lle complicou as cousas ó equipo visitante. Os outros 3 equipos que se clasificaron foron: EMEVE Lab. Nupel, Turismo de Vigo IES Teis e CIS Zalaeta. NORABOA XUVENILES!!!!


PRIMEIRA DIVISIÓN FEMININA:


O Fisioterapia Cinesia Noia xogarase todo na última xornada contra o Antalsis de A Coruña xa que perdeu o partido disputado este sábado contra o Univ. de Oviedo Campus de Gijón por 3-0 (26-24, 25-14 e 26-24). As asturianas son as primeiras da táboa e non se xogaban nada pero saíron ó campo co seu equipo de gala para xogar contra un equipo que acusou moitos erros en recepción e defensa en parte por un ataque moi efectivo e forte do equipo local. Os dous equipos galegos xogaranse a Fase de Ascenso a Fev xa que ainda que as de Noia teñan un partido máis gañado, en caso de victoria das de Coruña, o coeficiente sería mellor, entón clasificaríanse elas. En resume, que esperamos vervos a todos o sábado ás 17.00 horas no pabillón Alonso Rodríguez de Noia, porque unha boa afición sempre se agradece e axuda moito.


Outros
encontros da xornada: Fortuna Kirol Aukera - Universidad Salamanca: 1 – 3 (13-25/23-25/25-20/20-25/0-0), Antalsis - CDE Voleibol Castañeda: 3 – 0 (25-17/25-21/25-15/0-0/0-0), Dompa Gestión - Universidad de La Rioja: 1 – 3 (25-21/26-28/18-25/23-25/0-0).


SEGUNDA DIVISIÓN MASCULINA:

Escapóuselle ó equipo sénior de Noia o título de Segunda División este sábado ó perder en Vigo contra o Vigo Valery Karpin B. O encontro rematou co resultado de 3-0 para os locais cos seguintes parciais: 25-12/25-21/25-20. Baixas de Pilís e Pablo Agraso. O CV Noia xogará a Fase de Ascenso xunto co equipo vigués ó ser os 2 primeiros clasificados da Liga.

Outros encontros da xornada:
R+F Magenta Voley Riveira - Ageco Marineda, 3.14 Financial - Turismo de Vigo Voleibol, AV Cangas – Descansa, Comercial Durán – Descansa.


XUVENIL FEMININO:

O Fisioterapia Cinesia Noia (2ª B) xogou contra o Xiria Mouzo Souto, encontro que perdeu por 3-0 cos seguintes parciais:
25-15/25-22/25-11. Outros encontros da xornada: Calasancias - Marineda - ADE Asesores Univ da Coruña, CD Conxo 3-1 Xiria Asesoría Cervantes: 25-21/25-22/24-26/25-6, CV Brétema 0-3 CV Padrón: 5-25/13-25/11-25, ARQO Rianxo 1-3 La Fábrica Sarria: 18-25/24-26/25-15/21-25.


  • E por último apuntar que este sábado 15 de marzo será a Cena de Club (lugar e hora por determinar) e que a lista está posta no corcho do pabillón Alonso Rodríguez. Vémonos!!!

domingo, 2 de marzo de 2008

DÚAS DERROTAS E DÚAS VICTORIAS


A FASE DE ASCENSO AO ALCANCE DA MAN!

O noso equipo senior feminino acadou onte sábado unha nova victoria contra o conxunto ourensán Dompa Xestión cun rotundo 3-0 (25-10/25-17/25-23). Para non repetir os erros da primeira volta, que fixo que as nosas sufrisen a súa primeira derrota, as noiesas saíron moi entregadas ao campo pero sen confiarse en ningún momento. Desta forma conseguiron levar a batuta durante todo o partido e solo tiveron algúns problemas no terceiro set, o cal non é raro nelas, pero conseguiron solventalos, logrando finalmente levarse o set e o partido. Este resultado e a inesperada derrota dos equipos que se atopan por detrás delas na clasificación permítelles gañar distancias e afianzarse na segunda posición da táboa. O próximo fin de semana desplazaranse a Gijón para intentar traer a victoria que as coloque matemáticamente na fase de ascenso. ¡A por todas chicas!

Outros resultados da xornada: Universidad de La Rioja - Universidad de Salamanca: 3 - 2 (25-15/25-21/11-25/18-25/15-13), CDE Voleibol Castañeda - Univ. Oviedo Campus de Gijón: 2 - 3 (21-25/25-23/25-15/21-25/6-15), Fortuna Kirol Aukera - Antalsis: 3 - 2 (25-20/25-23/17-25/17-25/15-11).


2ª DIVISIÓN MASCULINA

O CV Noia enfrontouse ó R+F Magenta Voley o domingo ás 12.30 horas. O partido rematou con un resultado favorable para os nosos de 3-0 (25-22/25-15/25-16) que fai que sigan loitando polo título de liga de 2ª División. Este título decidirase este sábado en Vigo nun encontro decisivo contra un rival directo en todo momento: o Vigo Valery Karpin B. Outros encontros da xornada: Turismo de Vigo Voleibol - AV Cangas, Comercial Durán - 3.14 Financial, Ageco Marineda e Vigo Valery Karpin descansan. ¡¡Ánimo e Sorte!!!


XUVENIL MASCULINO

O CV Noia xuvenil xogou o sábado ás 12.30 horas contra o Emeve Lab. Nupel nun enfrontamento que se saldou con victoria para o equipo visitante por 1-3 (17-25, 25-23, 22-25 e 22-25). Os sets estuveron moi reñidos pero os lucenses foron mellores en ataque e en saque. Outros encontros da xornada: Turismo de Vigo IES Teis - ARQO Rianxo, Galp Energía - Gehon S. Sadurniño: 0-3 (16-25/23-25/19-25), CIS Zalaeta - CD Conxo: 3-0 (25-21/25-16/25-21). Partidos aprazados: CV Noia - R+F Magenta Voley Riveira e CV Noia - Galp Energía.


XUVENIL FEMININO

O Fisioterapia Cinesia xuvenil perdeu 0-3 contra o ADE Asesores Univ da Coruña cos seguintes parciais: 25-7/25-9/25-10. Outros resultados da xornada: La Fábrica Sarria - Calasancias-Marineda: 0-3 (12-25/13-25/16-25), CV Padrón - ARQO Rianxo: 3-0 (25-9/25-23/25-10), CV Brétema - Xiria Asesoría Cervantes: 0-3 (23-25/22-25/21-25), CD Conxo - Xiria Mouzo Souto: 3-1 (20-25/25-18/25-16/25-14).


PRÓXIMA XORNADA:

  • Univ. Oviedo Campus Gijón - Fisioterapia Cinesia Noia: sábado 8 de marzo ás 17.00 horas no Pabillón Municipal de La Arena (Gijón).
  • Vigo Valery Karpin - CV Noia (2ª masc.): sábado 8 de marzo ás 16.00 horas no P. M. de Coia (Vigo).
  • CV Noia (xuvenil masc.) - Galp Energía: sábado 8 de marzo ás 12.00 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia.
  • CV Noia (xuvenil masc.) - R+F Voley Magenta Riveira: domingo 9 de marzo ás 12.30 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia.
  • Fisioterapia Cinesia Noia (2ªB Fem.) - ARQO Rianxo: sábado 8 de marzo ás 16.00 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia.