Pois xa estamos de volta da nosa experiencia en Murcia nesta fase de ascenso a liga FEV. Deportivamente, a experiencia non foi o que esperabamos, ou polo menos o que esperabamos algunhas.O primeiro partido o desputamos o venres pola mañán contra o equipo de Baleares e o resultado foi espantoso. Non pareciamos nós as que estabamos alí xogando, a recepción foi un caos e non fomos capaces nin de defender, que é o que mellor se nos da. Pola tarde xogamos contra Coslada de Madrid e chegamos dispostas a manter o tipo e intentar facelo polo menos un pouco mellor, o cal non era difícil porque tiñamos o listón ben baixo, así que o conseguimos e logramos ir mantendo o tipo durante as primeiras metades dos sets. O problema foi que fronte a un equipo que certamente era superior a nós precisabamos dalo todo e sacar as forzas de onde fixera falta, como levabamos facendo toda a liga, e non soubemos facelo por culpa do noso "complexo de patito feo". Finalmente, o sábado pola mañán xogamos o último partido contra o equipo máis forte do noso grupo, Almería (campeonas finales da fase), e aínda que empezamos bastante ben como sucedera o día anterior, acabamos por deixarnos levar e o resultado foi, unha vez máis, bastante desastroso.
¡Polo demáis, a viaxe foi un pracer! Creo que falo en nome de todas se digo que esta tempada foi xenial e culminala indo á fase de ascenso todas xuntas, por primeira vez en toda a liga ao completo, é o mellor premio que podiamos obter. ¡Esperamos poder repetilo o ano que ven! Moitas gracias a todas e... ¡vémonos na area!