Oficialmente damos por rematada esta tempada 2007-2008, a cal estivo caracterizada polos éxitos obtidos polo club que consigueu clasificarse para 4 fases finais en 4 categorías diferentes. As rapazas de primeira fixeron historia ó desputar a fase a FEV que tivo lugar a finais de abril en Roldán (Murcia), feito que nos deu o posto 51 no ránking final da tempada 2007-2008.Os rapaces de segunda non tiveron sorte na súa fase celebrada en Vigo a primeiros de maio, pero o só feito de chegar a desputala xa é merecedor da noraboa ó igual que o equipo xuvenil masculino que se clasificou para a súa fase final en Lugo. O equipo de segunda acadou o posto 107 no ránking final da tempada 2007-2008.
As nosas rapazas do equipo alevín conseguiron tamén chegar á fase provincial que se xogou na Coruña este sábado pasado, fase na cal quedaron cuartas clasificadas.
Dende aquí darlles a noraboa a tódolos equipos e dicirlles que a tempada 2008-2009 seguro que nos dará todavía máis alegrías que esta que xa rematou (que xa é difícil), e que é merecedor de recoñecemento que un club coma o noso conseguira xogar 4 fases finais en 4 categorías diferentes. Un saúdo e as próximas novas xa serán sobre o voleipraia (esperemos que o tempo mellore). ¡¡ Bo verán a todos !!
