lunes, 29 de septiembre de 2008

RESULTADO PARTIDO DE IDA COPA GALICIA FEMININA 2008 (CUARTOS DE FINAL)

O Fisioterapia Cinesia Noia xogou en Vigo este sábado 27 de setembro ás 18.15 horas o partido de ida de cuartos de final contra o Xuvenil Teis de Fev. O resultado foi de 3-1 para o equipo local cos seguintes parciais: 25-22, 25-16, 16-25 e 25-19. Os sets estiveron bastante igualados por parte de ámbolos dous equipos, pero o Teis aproveitou moi ben os baches que tiveron as de Noia en recepción e fíxose co partido, eso sí, cedendo o terceiro set. O partido de volta terá lugar este sábado 4 de outubro en Noia no pabillón Alonso Rodríguez ás 19.00 horas. No outro encontro de cuartos de final que tivo lugar entre o Zalaeta e o Emeve, o resultado foi de 2-3 para as lucenses cos seguintes parciais: 25-20, 17-25, 17-25, 28-26 e 9-15. Aquí a eliminatoria está bastante aberta, todo se decidirá en Lugo.

Os sénior xogarán un encontro de pretemporada contra o R+F Magenta Voley Riveira de segunda no pabillón Alonso Rodríguez de Noia este sábado 4 de outubro ás 16.00 horas.

martes, 23 de septiembre de 2008

RESULTADO PARTIDO DE VOLTA COPA GALICIA FEMININA 2008 (OITAVOS DE FINAL)

O encontro entre o Fisioterapia Cinesia Noia e o Dompa Xestión de Ourense (agora chamado San Martiño) rematou con un resultado favorable para as xogadoras de Noia as cales se impuxeron ao equipo visitante por un rotundo 3 - 0 cos seguintes parciais: 25-12, 25-13 e 25-10. O saque volveu a ser o punto forte do equipo local o cal non lle dou moitas opcións ao equipo de Ourense. Este sábado 27 de setembro xogarase o partido de ida de cuartos de final contra o Xuvenil Teis de Vigo, equipo que milita en fev (ás 18.15 horas no Pabillón Municipal de Teis). O outro encontro será entre o Zalaeta, que gañou os dous partidos da ronda de oitavos contra o Universitario (partido de ida: Universitario 2 - 3 Zalaeta; partido de volta: Zalaeta 3 - 0 Universitario) e o Emeve de Lugo. ¡Moita sorte as nosas xogadoras!

lunes, 15 de septiembre de 2008

RESULTADO PARTIDO IDA COPA GALICIA FEMININA 2008 (OITAVOS DE FINAL)

O partido de ida da Copa Galicia que se desputou en Ourense (no pabillón da Carballeira) este venres 12 de setembro as 20.30 horas saldouse con un resultado favorable de 0-3 para as xogadoras do Fisioterapia Cinesia Noia que xogaban o seu primeiro partido da temporada. Os parciais foron os seguintes: 15-25, 12-25 e 14-25. O saque foi o punto forte das nosas xogadoras e complicoulle moito as cousas ao equipo contrario as cales fallaron bastante en recepción. Este sábado 20 de setembro xogarase o partido de volta da eliminatoria da Copa Galicia en Noia, no pabillón Alonso Rodríguez, as 19.30 horas. Esperamos vervos alí!!!!

lunes, 8 de septiembre de 2008

COPA GALICIA FEMININA 2008


Este venres 12 de setembro xogarase en Ourense as 20.30 horas o partido de ida da fase eliminatoria da Copa Galicia contra o Dompa Xestión. A plantilla do Fisioterapia Cinesia Noia de primeira división conta este ano con 5 novas incorporacións: Ania González e Rocío Vázquez (ámbalas dúas ex-xogadoras do Dompa Xestión), Patricia Vázquez Santos (ex-xogadora do Teis), Carolina Cuadros (Perú) e Lucía Adán Arcay (ex-xogadora de Zalaeta). A esto hai que engadirlle as baixas de Cristal, Lorena e Melania que por diferentes motivos remataron a súa andadura polo noso clube. Así que este ano a plantilla parte con 10 xogadoras: Leonor Lorenzo (central), Lucinda Paz, (colocadora - catro) Cristina Vázquez (catro - oposta), Lucía del Río (Líbero), Patricia Cerviño (catro), Carolina Cuadros (catro), Patricia Vázquez (catro), Ania González (oposta), Rocío Vázquez (catro) e Lucía Adán (colocadora). O clube atópase en trámites de negociación con outra central.

lunes, 1 de septiembre de 2008

COMEZO DA TEMPORADA 2008-2009

Cando teña información sobre os entrenamentos e os horarios definitivos publicareino aquí no blog para que poidades enterarvos todos. Por agora o que vos podo adiantar é que o equipo de primeira división entrenará este mes de setembro os martes en Santiago no pabillón universitario de 19.30 a 21.30 e os venres (todo o ano) ás 20.30 horas no pabillón Alonso Rodríguez de Noia, e que o equipo sénior masculino comezará a pretemporada este venres 5 de setembro ás 21.00 horas no pabillón Alonso Rodríguez de Noia. Con respecto ós calendarios da nova temporada, dicirvos que os de competición nacional xa están postos na páxina de federación. Este ano voltaremos a ser 8 equipos:

  1. CDE Voleibol Castañeda
  2. Aule (León)
  3. Fortuna Kirol Aukera (Donostia)
  4. ADE Rico Universidad de Coruña
  5. Universidad Salamanca
  6. A.D. Los Campos (Avilés)
  7. Antalsis Zalaeta
Os cruces da Copa Galicia feminina 2008 quedarían da seguinte forma:

  1. ADE Rico Universidad de Coruña - Antalsis Zalaeta (ida día 13 de setembro / volta día 20)
  2. Dompa Xestión - Fisioterapia Cinesia Noia (ida día 13 de setembro / volta día 20)

EMEVE e Turismo de Vigo Voleibol entran en cuartos de final e Marineda e Pinguela en semifinais.

Os cruces da Copa Galicia masculina 2008 serán os seguintes:

  1. C.D. Conxo - Tecnifont Voleibol
  2. C.V. Ourense - Turismo de Vigo
  3. R+F Magenta - ARQO Rianxo
  4. Vigo Valery Karpin B - CIS Zalaeta

EMEVE e Vigo Valery Karpin entran en semifinais.


TORNEO DE BARRAÑA (BOIRO), 23-24 DE AGOSTO 2008

53 parellas (34 masculinas e 19 femininas) participaron na proba de Barraña nun fin de semana no que por fin nos ía acompañalo bo tempo. Disfrutamos dun sábado moi caluroso pero o domingo as temperaturas baixaron notablemente, ainda que esto non desluceu a proba final do circuito. No apartado masculino a clasificación quedou da seguinte forma:
  1. Diego e Rafa (Vigo)
  2. Cristóbal e Edu (Vigo)
  3. Agustín e Germán (Lousame)
  4. Román e Ángel (Vigo - A Coruña)
  5. Chicho e Víctor (Boiro)
  6. Roi e Chisco (A Coruña)
  7. David e Gustavo (Cabo de Cruz)
  8. Asier e Fandiño (A Coruña)

No apartado feminino a clasificación final foi o seguinte:
  1. Crichi e Tania (Vigo, equipo COMUNICACIÓNS POBRA)
  2. Luci e Rosana (Noia - Vigo, equipo TASCA TÍPICA)
  3. Lora e Xela (Vigo)
  4. Ángela e María (Cabo de Cruz, equipo RESTAURA)
  5. Pachi e Leo (Vigo - Cabo de Cruz, equipo SIGNO)
  6. Sandra e Rebeca (Boiro, equipo G.A.V. ASISTENCIA)
  7. Laura e Nuria (A Coruña)
  8. Aida e María (Lugo)

Os xogadores do Club Voleibol Noia que participaron neste campionato foron: Quique e Noel (equipo PUB COTTON - RIL´S), Tito e Cholo (equipo PUB COTTON), Leo que xogou con Pachi (equipo SIGNO), Luci que xogou con Rosana (equipo TASCA TÍPICA) e Crichi que xogou con Tania (equipo COMUNICACIÓNS POBRA). A páxina oficial do circuito é: circuitobarbanzavoleyplaya.blogspot.com.


RÁNKING FINAL DO CIRCUITO BARBANZA VOLEIPRAIA 2008
  1. Lora e Xela (Vigo)
  2. Crichi e Tania (Vigo, equipo COMUNICACIÓNS POBRA)
  3. Luci e Rosana (Noia - Vigo, equipo TASCA TÍPICA)
  4. Ángela e María (Cabo de Cruz, equipo RESTAURA)
  5. Sandra e Rebeca (Boiro, equipo G.A.V. ASISTENCIA)
  6. Pachi e Leo (Vigo - Cabo de Cruz, equipo SIGNO)
  7. Aida e María (Lugo)
  8. Laura e Nuria (A Coruña)



  1. Agustín e Germán (Lousame)
  2. Rafa e Diego (Vigo)
  3. Román e Ángel (Vigo - A Coruña)
  4. Cristóbal e Edu (Vigo)
  5. Chicho e Víctor (Boiro)
  6. Ángel e Carlos (San Sadurniño)
  7. Chisco e Roi (A Coruña)
  8. Alén e Eiras (Boiro)

TORNEO DE CABÍO (POBRA DO CARAMIÑAL), 16-17 DE AGOSTO 2008

48 parellas participaron na proba de Cabío a pesar de que o pronóstico do tempo non era moi bo. Ao final as condicións metereolóxicas foron moi propicias para a única proba nocturna do circuito e a choiva non fixo acto de presencia en todo o fin de semana. No apartado masculino a clasificación quedou da seguinte forma:
  1. Víctor Bouza e Diego Mahía (Lugo - Sada)
  2. Agustín e Germán (Lousame)
  3. Cristóbal e Pablo Agraso (Vigo - Noia)
  4. Diego e Rafa (Vigo)
  5. Román e Ángel (Vigo - A Coruña)
  6. Chisco e Roi
No apartado feminino a clasificación final foi o seguinte:

  1. Lora e Xela (Vigo)
  2. Luci e Rosana (Noia - Vigo, equipo TASCA TÍPICA)
  3. Crichi e Tania (Vigo, equipo COMUNICACIÓNS POBRA)
  4. Rocío e Sheila (Lugo)
  5. Ángela e María (Cabo de Cruz, equipo RESTAURA)
  6. Nuria e Majo (Lugo)
  7. Pachi e Leo (Vigo - Cabo de Cruz, equipo SIGNO)
  8. Sandra e Rebeca (Boiro, equipo G.A.V. ASISTENCIA)


Os xogadores do Club Voleibol Noia que participaron neste campionato foron: Quique e Noel (equipo PUB COTTON - RIL´S), Tito que xogou con Felipe de Boiro, Dasny e Cholo, Pablo Agraso que xogou con Cristóbal, Godón e Jorge, Leo que xogou con Pachi (equipo SIGNO), Luci que xogou con Rosana (equipo TASCA TÍPICA) e Crichi que xogou con Tania (equipo COMUNICACIÓNS POBRA). A páxina oficial do circuito é: circuitobarbanzavoleyplaya.blogspot.com.