Na Liga Galega Infantil Feminina, o partido entre o CV Noia e o Emeve Laboratorios Nupel foi aprazado.
miércoles, 29 de octubre de 2008
ENCONTRO AMISTOSO ENTRE O CV NOIA E O AUTOS RICO UNIVERSIDADE DE A CORUÑA (1ª FEMININA)
Na Liga Galega Infantil Feminina, o partido entre o CV Noia e o Emeve Laboratorios Nupel foi aprazado.
martes, 21 de octubre de 2008
ENCONTROS DO FIN DE SEMANA
Este sábado 18 de outubro os dous equipos sénior do Clube Voleibol Noia disputaron sendos encontros de pretemporada contra o R+F Magenta Voley Riveira (masculino) e o Antalsis (feminino).O CV Noia de 2ª División Masculina xogou ás 11.00 horas da mañá no pabillón da Cachada en Boiro rematando o partido co resultado de 2-3 para o equipo visitante. Xogaron polo CV Noia: Cholo, Tito, Quique, Ivo, Álvaro, Chino, Moncho e Maki. O encontro de ida tivo lugar o sábado pasado no pabillón Alonso Rodríguez de Noia co resultado de 3-1 para o equipo local.
O CV Noia de 1ª División feminina enfrontouse ao Antalsis de A Coruña o sábado ás 17.30 horas da tarde rematando co resultado de 3-1 para as xogadoras locais. Foi un encontro no que as xogadoras de Noia fallaron moito en recepción o cal deu lugar a ausencia de ataque. Tamén o saque foi moito máis frouxo do que soe ser, cousa que lle facilitou as cousas as xogadoras coruñesas. A incorporación de moitas xogadoras novas no equipo fai que o equipo teña que rodar máis que outros anos e afacerse a xogar todas xuntas. Debut de Marga que se estreou co CV Noia por fin esta temporada. Xogaron polo CV Noia: Leo, Lucy, Lucía, Marga, Rocío, Carolina, Crichi e Pachi.
Entrando en competición oficial, temos: Zalaeta A 3-1 CV Noia (25-23/25-18/14-25/29-27), encontro disputado na Liga Galega Infantil Feminina. Foi un encontro pastante pelexado polas dúas partes e vivido con emoción polas xogadoras de ámbolos dous equipos. Este fin de semana do 25-26 de outubro enfrontaranse ó Emevé Laboratorios Nupel.

martes, 7 de octubre de 2008
RESULTADO PARTIDO DE VOLTA COPA GALICIA FEMININA 2008 (CUARTOS DE FINAL)

Fisioterapia Cinesia Noia 0 - 3 Turismo de Vigo: os parciais foron os seguintes: 15-25/22-25/27-29. Foi un partido moi intenso ó cal o equipo de Noia se presentou moi mermado debido á ausencia de 4 xogadoras por diversos compromisos. Xogaron: Leo, Lucy, Crichi, Pachi, Lucía e Patri. Acudían á cita un pouco desanimadas pola escasez de xente e tamén porque a maioría tería que xogar por unha posición que non era a súa. Pero as rapazas fixéronlle frente a un equipo de fev con moita forza e case conseguen impoñerse no segundo e terceiro set. A maior efectividade do equipo visitante en ataque foi decisiva e o resultado de 0-3 non reflexa de todo o que ocorreu no campo.
Noia 3 - 1 R+F Voley Magenta Riveira: partido amistoso entre dous equipos aspirantes a gañar a liga de segunda como son o CV Noia e o R+F Voley Magenta Riveira. Encontro igualado por momentos pero levado adiante polos rapaces do Noia gracias ós bos saques e ós contundentes ataques; todo isto con só tres días de entrenamento conxunto, así que ainda é pronto para sacar conclusións. Xogaron por parte do CVNoia: Ivo, Quique, Chino, Cholo, Tito, Noel, Maki, Moncho, Alvaro e Mourís.
Este fin de semana terá lugar a revancha na cancha do Riveira, así que ¡sorte para os nosos xogadores! Tamén as rapazas xogaran un encontro de pretemporada contra o Zalaeta de Coruña que milita na primeira división ó igual que as de Noia (sábado as 17.30 horas no PM Sagrada Familia).
Cambiando de categoría, as nosas infantiles comezaron a súa liga este sábado 11 de outubro. Enfrontáronse ó Xuvenil de Teis ás 12.15 horas no pabillón Alonso Rodríguez, encontro que rematou co seguinte resultado: 1-3 (8-25/6-25/25-23/10-25). Na seguinte xornada (sábado 18 de outubro) xogarán contra o Zalaeta A na Coruña ás 16.00 horas, no PM Sagrada Familia.
Nota: búscanse rapaces (cadetes ou xuveniles) para facer polo menos un equipo máis. Contactar con Liboreiro (609 822 429).

Suscribirse a:
Entradas (Atom)