Este sábado 22 de novembro xogouse no pabillón Alonso Rodríguez de Noia o encontro correspondente á segunda xornada da liga de Primeira División Feminina, rematando con un resultado de 1-3 para o equipo da Coruña (15-25/17-25/25-18/13-25/0-0). Comezaron as nosas mal o partido non sabendo responder ao saque do equipo contrario facendo que o set se decantara do lado visitante en pouco tempo. Souberon reaccionar no segundo mellorando a recepción e así conseguir atacar, cousa que no anterior set non fora posible. Pero soamente foi un espexismo posto que nos seguintes tempos a historia voltou a repetirse e a recepción brillou pola súa ausencia chegando o equipo contrario a facer ata 5 puntos seguidos de saque. As nosas xogadoras seguen sen atopar o seu sitio no campo en algo que en teoría debería ser o noso punto forte, e que está sendo o contrario. Así que soamente queda seguir entrenando e seguir rodando que ainda queda moita liga e aínda acabamos de comezar. Xogaron polo Clube Voleibol Noia: Leo, Lucy, Crichi, Lucía Adán, Lucía Del Río (Líbero), Anette, Pachi, Ania, Rocío, Patri, Marga e Carolina. Outros resultados da xornada: Universidade de Salamanca - A.D. Los Campos: 3 - 1 (21-25/25-22/25-19/25-17/0-0), CDE Castañeda - Fortuna Kirol Aukera: 3 - 1 (26-24/26-25/25-27/25-22/0-0).O equipo sénior de segunda descansou nesta xornada e enfrontarase o sábado 29 de novembro ao EMEVE Lab. Nupel en Lugo.
As nosas xuvenilas perderon contra o CD Conxo en Santiago nun encontro no que o resultado final quedou da seguinte maneira: CD Conxo 3 - 0 CV Noia (25-15/25-17/25-14). Na próxima xornada o equipo descansa.
Na Liga Galega Infantil feminina, o CV Noia enfrontouse ao AD A Pinguela A este sábado 22 de novembro ás 12.15 horas no pabillón Alonso Rodríguez de Noia. O resultado foi de 0-3 para as lucenses cos seguintes parciais: 10-25/6-25/6-25. Na próxima xornada enfrontaranse ao XAV Cambados A.

