martes, 30 de diciembre de 2008

3x3 NADAL 2008

Xa rematou outra edición do 3x3 de Nadal, e todo hai que dicilo, cada ano máis e mellor que os anteriores. Gracias a todos por vir e esperamos que o pasárades moi ben (eso sempre). A clasificación do Torneo de ese ano 2008 que se acaba foi:

En categoría xuvenil, infantil, cadete... feminina (participaron 5 equipos):





Primeiras clasificadas



Segundas clasificadas:







Terceiras clasificadas






En categoría absoluta (participaron 11 equipos que se dividiron en 2 grupos):





Primeiros clasificados (Desguaze)




Segundos clasificados (ChoTiAlCha):





Terceiros clasificados (Percal Padre)







martes, 23 de diciembre de 2008

DERRADEIRA XORNADA ANTES DAS FESTAS

O equipo sénior de segunda chegaba ó encontro con cero vitorias e moitas baixas: Moncho, Álvaro e Ivan. Ademáis o día elixido (domingo pola mañá) xa facía prever un encontro malo.

Aínda así, o xogo no primeiro set comezou cos nosos moi concentrados, con moi bo saque e recepción, que facilitaban o bloqueo e a defensa. Pero pouco a pouco os ribeirenses foron mellorando no seu xogo, e aínda que a distancia era de uns 2-3 puntos durante todo o set a favor do ribeira, chegouse ó final a ter vantaxe de 21-22 para os nosos co saque de Maqui. Pero un par de erros por falta de concentración decantaron o set a favor de Ribeira por 27-25.

O segundo set comezou tamén moi parello (18-18), pero un gran saque de Cholo (7 saques consecutivos) e a efectividade do bloqueo e un ataque contundente fixeron que o set fose para o Noia por un 20 a 25. No terceiro o xogo foi xa dun nivel moi alto, cunha grande concentración e orde, que fixo decantarse o set para Noia cun 17-25 cun gran dominio e con moitos erros non forzados dos de Ribeira. O cuarto e último foi dun gran dominio Noiés. A vantaxe chegou a ser de ata de 9 puntos, e solo a baixada de rendemento pola confianza do equipo permitiu o ribeira “maquillar” o resultado final.

Como era de esperar unha grande rivalidade por ser o derbi do Barbanza, pero moi bo ambiente xa que todos somos coñecidos e amigos dende fai moitos anos.

O Fisioterapia Cinesia Noia acudía á súa cita fronte ao Antalsis Zalaeta con moitas baixas, unha de elas no adestramento do día anterior no cal Carolina (unha das centrais) tivo un esguince de nocelo polo cal estará de baixa mínimo un mes. Tampouco puido rematar o adestramento Leo por un dolor na cadeira, ainda que sí xogou o partido do día seguinte. Ausencias tamén de Lucy (por motivos laborais) e Pachi que tamén está lesionada. Así que a plantilla contaba con 7 xogadoras (de 10) para afrontar o encontro e sin líbero (non había que tentar máis á fortuna que bastante mala sorte xa tiveramos). O partido foi breve e soamente tiveron oposición as coruñesas no terceiro set. O resultado foi de 0-3 cos seguintes parciais: 16-25, 12-25 e 24-26. Xogaron polo Fisioterapia Cinesia: Leo, Crichi, Lucía Adán, Lucía Del Río, Marga, Rocío e Ania. Outros resultados da xornada: AULE - Universidade de Salamanca 3 - 0 (25-21/25-10/25-19/0-0/0-0), CDE Voleibol Castañeda - A.D. Los Campos 3 - 2 (25-20/24-26/25-20/23-25/15-9). O equipo está séptimo na clasificación; o último posto é para a Universidade de Salamanca o cal será o seguinte rival das de Noia á volta de vacacións (17-01-2009).

Na Liga Galega Infantil Feminina, o CV Noia enfrontouse ó Liceo La Paz no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia. O resultado foi de 0-3 para o equipo visitante cos seguintes parciais: 8-25/7-25/16-25.

Pois por agora nada máis, soamente dicirvos que nos vemos no Torneo 3x3 de Nadal que terá lugar este sábado 27 de decembro no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia e desexarvos a todos aqueles seguidores do Clube Voleibol Noia (e aos que non o son) moi ¡BO NADAL! a todos.

martes, 16 de diciembre de 2008

CEA CV NOIA - 3X3 NADAL / XORNADA DO 20-21 DE DECEMBRO DO 2008


Definitivamente a directiva decideu que a cea do Clube Voleibol Noia será tamén coa xente do 3x3 que queira ir, así que terá lugar o sábado 27 de decembro no restaurante Saiñeiro de Noia (a hora todavía está por confirmar porque hai que ver cando remata o torneo). Así que todos aqueles que queirades apuntarvos deberedes facelo na lista que se poñerá no Pabillón Alonso Rodríguez ou mandando un correo a: cvnoia@hotmail.com (sexades ou no do clube) para que poidamos avisar o antes posible de canta xente vamos a ser. Cando se saiba o prezo do menú e a hora da cea publicarase aquí. Tamén dicirvos que os que queirades participar no Torneo 3x3 de nadal, ídevos apuntando que xa o podedes facer en: cvnoia.es. O mesmo día tamén terá lugar o partido Míticos Vs Lendas, así que non volo perdades.


ENCONTROS DA XORNADA DO 20-21 DE DECEMBRO DE 2008:

1. Primeira División Feminina:

Fisioterapia Cinesia Noia - Zalaeta: sábado 20 de decembro ás 17.00 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia.

2. Segunda División Masculina:

R+F Magenta Voley Riveira - CV Noia: domingo 21 de decembro ás 11.30 horas no Pabillón da Cachada (Boiro).

3. Liga Galega Infantil Feminina:

CV Noia - Liceo La Paz: sábado 20 de decembro ás 12.15 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia.

4. Liga Provincial Xuvenil Feminina:

CV Noia - AD Xiria: APRAZADO.

5. Liga Provincial Cadete Feminina:

CV Noia - Hierros Cirbieta AD Xiria: APRAZADO.

martes, 2 de diciembre de 2008

OUTRA XORNADA NEGRA PARA O CLUBE VOLEIBOL NOIA

Parece que non teñen sorte os equipos sénior de Noia que xa levan 3 xornadas as rapazas e 2 os rapaces e todavía non coñecen a victoria. Pero bueno, non hai que desanimarse que a aventura acaba de empezar e como di o lema: "O importante non é como se comeza, se non como se acaba".

As rapazas de primeira tiveron que desprazarse a Avilés para xogar contra o A.D. Los Campos nun partido que xa partía como complicado debido en parte ao frío do pabillón e á defensa das rapazas asturianas que tiveron o domingo o seu día. O desprazamento xa foi complicado debido ao mal tempo do fin de semana e o partido aínda se complicou máis xa que o equipo local conseguíu remontar o cuarto e o quinto set despóis de perder o segundo e o terceiro. Empezou perdendo o primeiro set o Fisioterapia Cinesia por 26-24 pero soubo solucionar os erros no segundo acertando máis no ataque e conseguindo vencer por 17-25. No terceiro a cousa seguía igual dándolle a victoria ó equipo visitante por 21-25 pero no cuarto o equipo local mellorou en canto a defensa levantando tódolos balóns e descolocando á defensa do Noia. O resultado foi de 28-26 e xa no quinto o tanteo quedou 18-16. En resume: boa defensa e boa recepción do equipo local que soubo descolocar ás nosas rapazas e facelas dudar en canto a ataque. Desprazáronse ata Avilés: Leo, Lucy, Lucía Adán, Carolina, Marga, Ania, Rocío, Anette e Lucía (líbero). Outros resultados da xornada: Fortuna Kirol Aukera 3-1 Aule, Autos Rico Universidade da Coruña 3-0 CDE Voleibol Castañeda. Na seguinte xornada (20/12/2008) enfrontarase ao Zalaeta, partido que se disputará ás 17.00 horas no pabillón Alonso Rodríguez de Noia.

Derrota tamén por 0-3 para o CV Noia de segunda en Lugo nun partido que xa partía como complicado. Os tanteos foron os seguintes: 25-18, 25-18 e 25-18. Xogaron polo Noia: Quique, Maki, Ivo, Moncho, Cholo, Tito, Adrián, Chino e Manu (líbero). Na seguinte xornada enfrontarase ao Comercial Durán.

Na Liga Provincial Cadete Feminina o CV Noia perdeu contra o Voleibol Dumbría por 0-3 cos seguintes parciais: 3-25/20-25/11-25. Na seguinte xornada (20/12/08) enfrontarase ao Hierros Cirbieta AD Xiria.

Na Liga Galega Infantil feminina o CV Noia xogou na cancha do XAV Cambados A, encontro que gañou por 0-3 cos seguinte parciais: 17-25/12-25/12-25. Na próxima xornada enfrontaranse ao CPI Mende (6/12/2008). Outros resultados: CPI Mende 1-3 Zalaeta A, Emeve Laboratorios Nupel 3-0 Turismo de Vigo Caixanova A, CVO Divina Pastora 0-3 Calasancias-Marineda Ageco, Ribeira Sacra A 3-2 Liceo La Paz.

Na Liga Provincial Xuvenil Feminina o CV Noia descansou. Enfrontarase na próxima xornada (20/12/08) ao AD Xiria.