martes, 27 de enero de 2009

AULE - FISIOTERAPIA CINESIA NOIA (SÁBADO 24 DE XANEIRO DE 2009)

Acudía o Fisioterapia Cinesia Noia ó seu encontro fronte ó AULE (Universidade de León) este sábado 24 de xaneiro de 2009. As de León son o equipo máis forte da liga e tratan de voltar a subir de categoría, da cal descenderon o ano pasado tras non gañar ningún partido. A cita sería ás 17.00 horas da tarde e as xogadoras de Noia ían sen o seu entrenador, Liboreiro, que non se puido desprazar con elas por motivos laborais. Eso sí, acompañábaas unha moi boa afición representada polos rapaces de Conxo que xogaban tamén contra a Universidade de León ás 19.00 horas.

Foi o mellor partido das nosas xogadoras, sen dúbida algunha, e o equipo local que nun principio pensaba que non se presentaría ningunha complicación á hora de gañar o partido, agachou a cabeza e tivo que pelexar todo o que podía e máis. Mostra de todo isto foi o desquicie continuado do entrenador de León hacia as súas rapazas, que vían como o equipo visitante defendía tódolos seus ataques conseguindo facerse ca maioría dos puntos longos. Moi ben a defensa e o bloqueo; máis problemas en ataque porque nos sigue costando facelos puntos, pero xa se puido presenciar unha notable melloría. O resultado final foi de 3-2 (25-17, 24-26, 22-25, 25-21, 15-13). Mala sorte no quinto set que se empezou gañando por 0-4, pero un par de sucesivos erros nos puntos finais decantou o set para as locais. Xogaron polo Fisioterapia Cinesia Noia: Leo, Crichi, Pachi, Marga, Lucía Adán, Rocío, Ania e Lucía (líbero). Non foron Luci (enferma) e Carolina (lesionada).

Outros resultados da xornada: Universidade de Salamanca – CDE Voleibol Castañeda: 2-3 (25-16, 25-17, 23-25, 18-25, 20-22); Fortuna Kirol Aukera - Antalsis Zalaeta: 0-3 (23-25, 23-25, 22-25); Autos Rico Universidade da Coruña - A.D. Los Campos: 3-1 (23-25, 25-19, 25-20, 25-21). O próximo encontro do equipo de primeira será este sábado 31 de xaneiro ás 17.00 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia. Será fronte ó CDE Voleibol Castañeda. Sorte e ánimo!! E dende aquí tamén dar as gracias ós rapaces de Conxo que nos animaron tanto nos bos coma nos malos momentos do partido. ¡Gracias!

O CV Noia de 2ª División Masculina volve a descansar nesta xornada. Outros encontros do fin de semana: Voleibol Dumbría - CV Noia (Liga Provincial Cadete Feminina): 3-0 (25-12, 25-7, 25-12).

martes, 20 de enero de 2009

ENCONTROS DO SÁBADO 17 DE XANEIRO DE 2009

Primeira derrota do ano contra o líder da liga, o cal segue invicto. O equipo sénior chegaba despóis de gañar 2 partidos e colocarse terceiro na taboa (eso sí, con tódolos encontros da primeira volta xogados).

No primeiro set a igualdade e bo xogo foron a nota dominante. Reflexo era o marcador o cal só daba un ou dous puntos de superioridade ós nosos. E no xogo notábase porque en cada punto o normal era que o balón pasara dúas ou tres veces por riba da rede ata que caía. Con esa paridade chegouse ó 20-20. Foi entón cando un último empuxón e orde no xogo permitiron levarse o set por un axustado 25-23.

No segundo set o esforzo do primeiro pasou factura, e con un 3-9 os de Vagalume poñían terra por medio no que sería o xogo máis cómodo para eles: 16-25.

No terceiro set as cousas voltaron a igualarse, chegando a poñerse 5-0 ó inicio. Pero reaccionaron rápido os visitantes e pelexaron cada xogada chegando a un 13-13. Colleron entón os de Vagalume unha mínima ventaxa que rentabilizaron ata o final quedando 20-25.

No cuarto e derradeiro set, mostramos un pouco máis de orde, pero o estado físico impedía realizar o que a cabeza ordeaba. De novo colleron unha pequena ventaxa a cal rentabilizaron ata o final. Bo xogo, pero baixadas de intensidade fan que de novo se nos escape un partido que, con un pouco de continuidade, podríase ter gañado. Xogaron polo Noia: Cholo, Tito, Chino, Quique, Juanjo, Manolo, Álvaro, Adrián, Ivo e Maqui. Ramón Baña como adestrador. Arbitraron Barbara folgar e Laura Lago. Correctas. Este fin de semana o equipo descansa.

O Fisioterapia Cinesia Noia enfrontouse ó Universidade de Salamanca este sábado 17 de xaneiro ás 20.00 horas da noite. O partido foi bastante igualado, dada a similitude de ámbolos dous equipos, aínda que o resultado non foi o xusto que se merecían as xogadoras de Noia. O pouco acerto no ataque das nosas foi a clave do partido, xa que as xogadoras locais non pasaron moitos apuros para defender os balóns que lle viñan enriba. De todos modos púdose presenciar un mellor xogo por parte das nosas que pouco a pouco se van entendendo entre elas. O marcador quedou 3-0 para o equipo local cos seguintes parciais: 25-21, 25-19, 25-23. Mal arbitraxe por parte do árbitro local que non tiña moi claras as regras do voleibol e parecía "confundido" (por dicilo de algunha forma) en moitas ocasións. En resume: o Fisioterapia Cinesia Noia segue sen coñecer a victoria en terras salmantinas e tamén no que vai de Liga. Xogaron: Leo, Luci, Marga, Crichi, Lucía (líbero), Lucía Adán, Pachi, Rocío e Ania. Este sábado 24 de xaneiro o equipo desprázase a León para enfrontarse ó AULE. Será ás 17.00 horas da tarde. Outros resultados da xornada: Autos Rico Universidade da Coruña 0 - 3 AULE (22-25, 16-25, 22-25), A.D. Los Campos 3 - 0 Fortuna Kirol Aukera (25-15, 25-21, 25-23), CDE Voleibol Castañeda 3 - 0 Autos Rico Universidade da Coruña (25-21, 25-23, 25-18).

OUTROS ENCONTROS:

Liga Provincial Cadete Feminina: Voleibol Dumbría - CV Noia. Sábado 24 de xaneiro ás 13.30 horas no P.M. de Dumbría.

Liga Galega Infantil Feminina: Turismo de Vigo Caixanova - CV Noia. Sábado 24 de xaneiro ás 12.30 horas no P.M. de Teis.

martes, 13 de enero de 2009

ENCONTRO DE 2ª DIVISIÓN MASCULINA: CV NOIA 3 - 2 COMERCIAL DURÁN

O primeiro set foi de moitas imprecisións por parte dos dous equipos. Erros e máis erros fixeron que ningún deles se vira favorito a levalo. Pouco xogo e moi pouco vistoso que acabou por facer que nos derradeiros puntos o Durán se levase o set de forma xusta (23-25).

Saíron máis concentrados os nosos xogadores no segundo set, e con un moi bo saque e un xogo constante reflexaron rápido no marcador o que sucedía no campo: dominio claro en tódalas facetas dos noieses. O resultado, 25-15, da fe do bo xogo local. Mesmo plantexamento no terceiro, pero contra ó final o cansancio e falta de físico (lastre este ano do equipo), fixeron que cara o último tramo do set se achegasen perigosamente os de Pontevedra. Aínda así, o set caeu do lado local con un tanteo de 25-22, e un marcador de 2 sets a un para os locais.

Moi distinto foi o cuarto xogo: a caída do terceiro transformouse en derrumbe no cuarto, e de forma sinxela e comentendo os noieses os mesmos erros que no primeiro set, viron como en pouco tempo se igualaba o marcador a 2 sets cun tanteo de 17-25.

O derradeiro set foi de infarto polo marcador, pero non así de xogo. Os dous equipos saíron a asegurar, pero os nosos demostraron que con ataques duros querían levarse o encontro. Dispuxo o Durán de ata 2 balóns de partido, pero con un xogo forte e con erros provocados polo nerviosismo dos de Pontevedra, acabouse o encontro con 3-2 para os de Noia e 18-16 no derradeiro xogo. Os de Noia suben ata o terceiro posto pero con un partido máis que o resto. Para a semana visita o Alonso Rodriguez o líder, o 3.14 Financial, que xa o ano pasado gañou ó equipo e o puxo contra as cordas para a fase de ascenso.

Na Liga Galega Infantil Feminina, o CV Noia enfrontouse na Coruña ó Calasancias-Marineda Ageco. O resultado foi de 3-0 para o equipo local cos seguintes parciais: 25-11/25-16/25-11.


PRÓXIMOS ENCONTROS:

O sábado 17 de xaneiro, o Fisioterapia Cinesia Noia enfrontarase ó
Universidade de Salamanca no Pabillón Universitario Miguel de Unamuno. Será ás 20.00 horas da tarde.

O CV Noia de 2ª División enfrontarase tamén o sábado 17 de xaneiro ó 3.14 Financial no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia. Será ás 18.00 horas da tarde.