lunes, 23 de marzo de 2009

CDE VOLEIBOL CASTAÑEDA - FISIOTERAPIA CINESIA NOIA

Este fin de semana tivo lugar o último desprazamento das nosas rapazas nesta temporada 2008-2009. O equipo saíu para Torrelavega o sábado 21 de marzo ás 16.00 horas para pasar alí a noite e enfrontarse ás 12.30 horas do día seguinte contra o CDE Castañeda. O resultado foi de 3-0 cos seguintes parciais: 25-20/25-21/25-19/0-0/0-0. Os dous primeiros sets foron moi igualados ata o punto 20 no que o equipo local conseguía poñerse por diante e gañar o xogo. O terceiro set xa foi das cántabras dende o primeiro momento non tendo apenas resistencia por parte das nosas rapazas. Mala recepción e un ataque frouxo foi o que caracterizou o encontro pola nosa parte. Xogaron: Leo, Pachi, Lucía A., Lucía D., Ania, Marga, Luci e Caro. Outros resultados da xornada: AULE - A.D. Los Campos: 3-1 (17-25/25-19/25-13/25-22/0-0); Autos Rico Universidade da Coruña - Autos Cancela Zalaeta: 0-3 (18-25/18-25/25-27/0-0/0-0); Fortuna Kirol Aukera - Universidade de Salamanca: 3-0 (25-19/27-25/25-19/0-0/0-0). Agora o equipo está pendente do sorteo da Copa Galicia ó igual que o CV Noia de 2ª División Masculina.

Acaba de saír o sorteo da Copa Galicia:

* Fisioterapia Cinesia Noia
* CV Noia (2ª División Masculina)

martes, 10 de marzo de 2009

XORNADA DO 7-8 DE MARZO DE 2009

O Fisioterapia Cinesia Noia de 1ª División Feminina acadou a súa segunda victoria da liga fronte ó Universidade de Salamanca. O encontro tivo lugar este sábado 7 de marzo ás 19.30 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia. O resultado foi de 3-2 cos seguintes parciais: 25-23/22-25/25-14/21-25/15-12. Foi un encontro caracterizado pola reaparición da recepción o cal fixo que existira por fin un ataque que nos permitira rematalos puntos, cousa que na maioría dos encontros non puido suceder.

O primeiro set decantouse polo lado local: efectividade en saque e boa recepción foi a baza que fixo dominar o xogo. O segundo set caracterizouse tamén pola igualdade entre ámbolos equipos pero un ataque moi potente da xogadora de 4 do Universidade de Salamanca puxo nun apreto ás nosas que non conseguiron facerlle frente. O terceiro xogo foi dominado en todo momento polo Fisioterapia Cinesia non dando opción ningunha ó equipo visitante; moi ben o saque que lle complicou moito as cousas ás salmantinas. O fantasma do cuarto xogo voltou aparecer e psicolóxicamente o equipo víñase abaixo; sin embargo conseguíu reaccionar pero non a tempo cedendo o cuarto set. O quinto comezou con dominio local pero a igualdade apareceu no punto 7 cambiando de campo cando o tanteo era de 7-8 para o equipo visitante. Sin embargo as rapazas de Noia conseguiron impoñerse con un moi bo saque e un ataque certeiro que lle complicou moito as cousas ás salmantinas. Xogaron polo Fisioterapia Cinesia Noia: Leo, Lucy, Crichi, Ania, Rocío, Carolina, Marga, Lucía A. e Lucía D.

Outros resultados da xornada: AULE - Autos Rico Univ. da Coruña: 3-0 (25-17/25-21/25-9); Fortuna Kirol Aukera - A.D. Los Campos: 3-0 (25-18/25-15/25-22); CDE Voleibol Castañeda - Zalaeta: 0-3 (19-25/23-25/16-25). O próximo encontro será este sábado 14 de marzo ás 20.00 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia; será fronte ó AULE.

O CV Noia de 2ª División Masculina enfrontouse ó R+F Magenta Voley Riveira; foi o domingo 8 de marzo ás 12.30 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia. O equipo local partía como favorito dado que acadara a victoria no anterior enfrontamento, pero un mal ataque por parte dos nosos e un maior acerto dos rapaces de Boiro fixo que o resultado se decantara para estes últimos. Xogaron polo CV Noia: Quique, Cholo, Tito, Maki, Adrián, Ivo, Juanjo, Chino e Mili (líbero). O resultado foi de 1-3 cos seguintes parciais: 27-29/25-22/16-25/22-25. O seguinte encontro será este sábado 14 de marzo contra o CV Vagalume na cancha deste último (será ás 12.00 horas no Pabillón de Esteiro).

En Deporte Escolar:

Benxamín
, Fase Zonal Grupo Sant-Barbanza: o CV Noia gañou por 0-2 ó IES Bertamiráns cos seguintes parciais: 22-25/9-25. A próxima xornada será de descanso.

Alevín feminino, Fase Zonal Grupo Sant-Barbanza: o CV Noia perdeu por 1-2 fronte ó Manuela Rial A cos seguintes parciais: 25-12/11-25/6-15. A próxima xornada será de descanso.

Na LGIF, o CV Noia enfróntanse ó Liceo la Paz este sábado 14 de marzo no Polideportivo Liceo la Paz. Será ás 12.00 horas e o colexiado do encontro será Barri.

martes, 3 de marzo de 2009

XORNADA DO 28-29 DE FEBREIRO DO 2009

Vamos a comezar co partido do CV Noia de 2ª División Masculina: os nosos xogadores enfrontáronse este sábado 28 de febreiro ó Comercial Durán. Foi ás 17.00 horas no Estadio da Xuventude de Pontevedra. O equipo local contaba no seu haber con 1 victoria e 5 derrotas; os noieses levaban 2 partidos gañados e 5 perdidos. Foi un partido moi igualado dende o primeiro momento: o CV Noia fíxose co primeiro set por un axustado 22-25. No segundo xogo o equipo local conseguíu reaccionar facéndose con el por un 25-18. Volveu a igualdade no terceiro conseguindo os visitantes gañalo por un axustado 25-27. Seguindo a dinámica do partido o Comercial Durán obtivo a victoria no cuarto set por un 25-21, o cal debería ser unha vantaxe para os mesmos de cara o quinto. Pero a igualdade desapareceu e un baixón físico do equipo local fixo que o CV Noia obtivera unha cómoda victoria neste quinto set por 8-15 conseguindo así gañalo partido na cancha do equipo pontevedrés. O CV Noia conta nestes momentos con 3 victorias e 5 derrotas (11 puntos) e ocupa a 4ª posición da táboa de clasificación. Xogaron polo CV Noia: Quique, Ivo, Tito, Cholo, Rubén, Maki, Adrián e Juanjo (Ausencias de Álvaro e Mili por motivos personais). Outros resultados da xornada: Emeve Lab. Nupel - Doble Imagen Oleiros: 3-2 (25-21/25-20/22-25/20-25/15-13). O próximo encontro a desputar será este fin de semana contra o R+F Magenta Voley Riveira, derbi que se celebrará en Noia desta vez (domingo 8 de marzo ás 12.30 horas).

O Fisioterapia Cinesia Noia de 1ª División Feminina enfrontouse ó Antalsis Zalaeta da Coruña no Pabillón Sagrada Familia. Foi ás 19.30 horas con Duarte Borrás como primeiro colexiado (correcto). O equipo coruñés conta no seu haber con 10 partidos gañados e soamente con 1 derrota, o contrario que o equipo de Noia que conseguíu 1 victoria en todo o que vai de temporada fronte a 10 derrotas. Así que todo apuntaba a que sería un partido sen moitas sorpresas, e as prediccións cumpríronse. O xogo do Fisioterapia caracterizouse (outra vez máis) pola súa ausencia de recepción non podendo chegar a facerse xogadas de ataque na maioría do partido. Eso unido a un moi bo saque do equipo local, fixo que o resultado fose dun rotundo 3-0. Xogaron polo Fisioterapia Cinesia Noia: Leo, Crichi, Pachi, Lucía A., Lucía D. (líbero), Ania, Rocío, Luci e Carolina (faltou Marga). Outros resultados da xornada: Universidade de Salamanca - AULE: 3-2 (25-19/16-25/25-22/27-29/15-11); A.D. Los Campos - CDE Voleibol Castañeda: 1-3 (24-26/12-25/25-17/17-25); Autos Rico Universidade da Coruña - Fortuna Kirol Aukera: 3-2 (26-24/21-25/25-17/20-25/15-12). O próximo encontro será este sábado 7 de marzo en Noia; será ás 19:30 horas fronte ó Universidade de Salamanca.

En Deporte Escolar Benxamín (Fase Zonal Grupo Sant-Barbanza), o CV Noia perdeu 0-2 fronte O Xílgaro cos seguintes parciais: 10-15/2-15.

Liga Provincial Cadete Feminina:
CV Sada - CV Noia. P.M. Sada as 11:30 do sábado 7.