lunes, 27 de abril de 2009

CV NOIA - C.I.S. ZALAETA (PARTIDO VOLTA COPA GALICIA 2009)

O CV Noia enfrontouse ó C.I.S Zalaeta este venres 24 de abril ás 21.30 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia, encontro correspondente ó partido de volta da 1ª fase da Copa Galicia 2009. O resultado do partido de ida (xogado na Coruña o mércores 1 de abril) foi de 3-1 para o equipo local cos seguintes parciais: 25-23/26-24/22-25/25-17. Comezou o partido con moitas ganas por parte do equipo de Noia e eso veuse ó longo de todo o encontro. Moi ben en ataque e en defensa, o cal lle complicou moito as cousas ó equipo coruñés que non consigueu impoñerse en ningún dos sets. O resultado foi de 3-0 para os nosos rapaces: 25-23/25-22/25-20. Xogaron polo CV Noia: Quique, Espasandín, Brais, Maki, Mili, Cholo, Tito, Ío, Chino, Ivo. Outros resultados: Tecnifont Voleibol A - Caldaria Voleyourense: 3-1 (25-14/23-25/25-23/25-21); ARQO Rianxo - EMEVE Lab. Nupel: 3-0 (25-19/25-18/25-15). Agora o CV Noia enfrontarase ó vencedor do encontro Caldaria Voleyourense - Tecnifont Voleibol A.

O Fisioterapia Cinesia Noia xogará este venres 1 de maio ás 12.30 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia fronte ó Narón voleibol no partido de volta correspondente tamén á 1ª Fase da Copa Galicia 2009. O resultado do partido de ida foi de 2-3 para as nosas rapazas.(22-25/25-16/24-26/25-23/18-20). Aquí tedes un vídeo dos últimos 5 puntos do partido dos rapaces.

martes, 21 de abril de 2009

CEA FIN DE TEMPORADA CV NOIA 2008-2009

Xa están dispoñibles as fotos e os vídeos da cea do pasado sábado 18 de abril. Pinchade aquí.
*************************************************************************************************************************

miércoles, 8 de abril de 2009

NARÓN - FISIOTERAPIA CINESIA NOIA (04-04-2009)

O Fisioterapia Cinesia Noia xogou o partido de ida contra o Narón Voleibol este sábado 4 de abril. Foi ás 18.00 horas no Pabillón de San Sadurniño. O partido non ía a ser fácil posto que o equipo local sempre estivo nos primeiros postos da táboa de clasificación de 2ª División, así que habería que loitalo todo o que se puidera e máis. E así foi. O resultado foi de 2-3 cos seguintes parciais: 22-25/25-16/24-26/25-23/18-20. Non houbo tregua por parte de ningún dos dous equipos en ningún momento e loitaron ámbolos dous ata o último punto. Outros resultados da xornada: Turismo de Vigo B - Autos Rico Univ. da Coruña: 3-1 (25-16/17-25/25-15/25-22).


Agora o partido de volta do Fisioterapia Cinesia Noia será este sábado 18 de abril no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia ás 16.00 horas. O partido dos rapaces aprazouse ata novo aviso por falta de xente do Zalaeta.

Lembrade que pola noite será a cea de fin de temporada do clube e que vos tedes que apuntar ou ben aquí na páxina mediante un comentario ou no correo: cvnoia@hotmail.com. Un saúdo a todos e vémonos o sábado.

* O prezo da cea é de 15 euros por persoa, así que xa sabedes, todos ás 22.30 horas no Top Gun.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

jueves, 2 de abril de 2009

COPA GALICIA 2009

O fin de semana pasado (28-29 de marzo) comezou a disputarse a Copa Galicia 2009 que este ano se adiantou ó remate da liga. Os dous equipos sénior do clube acadaron sendas victorias nos seus correspondentes encontros.

O Fisioterapia Cinesia Noia enfrontouse ó CV Padrón na cancha deste último, equipo que milita na 2ªB. O resultado foi 0-3 cos seguintes parciais: 9-25/15-25/11-25. Foi un partido sin complicacións no que debutou Rebeca co equipo sénior. Próximo encontro: Narón Voleibol - Fisioterapia Cinesia Noia (sábado 4 de abril ás 18.00 horas no P. M. de San Sadurniño). Outros resultados:

CV Brétema 0-3
Autos Cancela Zalaeta 18-25/8-25/15-25
Comercial Durán 0-3
ARQO Boiro 18-25/24-26/24-26
Doble Imagen - Oleiros 0-3
Calasancias-Marineda Ageco 18-25/14-25/14-25
XAV Cambados 0-3
Emeve Lab. Nupel B 6-25/11-25/21-25
Emeve Lab. Nupel C 0-3
Autos Rico Univ. A Coruña 4-25/7-25/9-25
ADE Asesores Univ. A Coruña 0-3
Turismo de Vigo B 0-25/0-25/0-25


O CV Noia de 2ª División Masculina enfrontouse ó Comercial Durán. O resultado foi de 1-3 cos seguintes parciais: 24-26/25-21/21-25/19-25. Bo partido disputado polos nosos no que debutaron Brais e Espasandín, que militan nas filas do Conxo de Santiago e que xogarán co CV Noia durante a Copa Galicia. O próximo encontro que sería este sábado 4, adiantouse a este mércores 1 de abril. Foi ás 21.30 horas en Coruña contra o C.I.S. Zalaeta. O resultado foi de 3-1 para o equipo local pero os nosos xogadores fixéronlle frente en todo momento sendo tódolos sets moi igualados en canto a marcador e en canto a xogo. Moi ben Espasandín, que cas súas colocacións soubo mover moi ben o xogo. Outros resultados:

Descansa - Tecnifont Voleibol A
Turismo de Vigo B 0-3
Caldaria Voleyourense 10-25/20-25/17-25
Descansa - ARQO Rianxo
R+F Magenta Voley Riveira B 0-3
EMEVE Lab. Nupel 27-29/20-25/20-25
Descansa - R+F Volei Riveira A
Tecnifont Voleibol B 1-3
Doble Imagen - Oleiros 27-25/23-25/16-25/24-26


A cea queda para o sábado 18 de abril que será cando os dous equipos xoguen o seu correspondente partido de volta en Noia. Poñerase unha lista no taboleiro do Pabillón Alonso Rodríguez e tamén podedes apuntarvos no mail: cvnoia@hotmail.com.