martes, 6 de noviembre de 2007

2ª XORNADA 2ª DIVISIÓN MASCULINA


Este fin de semana disputouse en Noia o partido correspondente á segunda xornada da 2ª division masculina: foi o enfrentamento entre o Club Voleibol Noia e o Comercial Durán de Pontevedra, con victoria para os locais por un contundente 3-0.
O partido foi reñido no primeiro set, e resolto nos dous seguintes polos xogadores de Noia gracias ó acerto nos saques de tódolos xogadores e á efectividade do seu ataque. En definitiva, victoria importante que se suma ó casilleiro do CV Noia.
Polo CV Noia o equipo inicial foi: Quique, Chiru, Martín, Fran, Pilis, Noel, Ángel (libero); resto de xogadores: Manu, Abel, Chino, Oliver, Cañita.
O partido tívose que disputar no pavillón Alonso Rodriguez de Noia por non dispoñer de pista os de Pontevedra, así que o encontro da segunda volta que se tería que xogar na casa será en Pontevedra.
Esta semana esperamos a afición o sábado dia 10 as 18:00 no pabellon A. Rodriguez de Noia para que poidades disfrutar do partido entre o CV Noia e o Xuvenil de Teis.
Desexamoslle moita sorte ós nosos rapaces!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

animo chavales suerte para o partido de hoxe contra o vigo