Empeza ben a temporada para o equipo de primeira división feminina do C.V.Noia ao impoñerse 3-1 fronte ás vascas Fortuna Kirol Aukera. As locales realizaron un bo encontro, sobre todo no que a defensa se refire, e comezaron gañando sen grandes problemas os dous primeiros sets, nos que o xogo foi en xeral bo, tendo sólo algunha pequena racha de fallos que solventaron cunha gran actitude e moitas ganas de gañar. O terceiro set supuxo un pequeno bache para as xogadoras noiesas e cometeron moitos erros seguidos, sobre todo na recepción, o cal lle pasou factura e fixo que o levasen as de San Sebastián. Pero no cuarto e definitivo souberon recuperarse e sacaron todas as súas ganas e forza para impedir ter que chegar ata un quinto, o cal deu os seus froitos e fixo que gañasen pola mínima, 25-23. Esta victoria é moi importante para as rapazas do C.V. Noia, xa que lles fai afrontar con máis ilusión esta temporada, que a priori se presenta difícil para elas xa que só contarán con 8 xogadoras debido ao gran número de baixas que sufriron no equipo.
Dende aquí quixéramos animar a todos os que ledes esta páxina para que non vos perdades ningún dos partidos deste equipo, que espera darvos moitas alegrías ao longo deste ano. O próximo encontro será o domingo día 25 de novembro en Castañeda (Cantabria), e o seguinte volverá ser en Noia, no polideportivo Alonso Rodríguez, o día 1 de decembro ás 17 horas. ¡Esperamos vervos alí!
Dende aquí quixéramos animar a todos os que ledes esta páxina para que non vos perdades ningún dos partidos deste equipo, que espera darvos moitas alegrías ao longo deste ano. O próximo encontro será o domingo día 25 de novembro en Castañeda (Cantabria), e o seguinte volverá ser en Noia, no polideportivo Alonso Rodríguez, o día 1 de decembro ás 17 horas. ¡Esperamos vervos alí!
------------------------------ Comentario de Crichi ---------------------------------------
7 comentarios:
Gran foto!!!!!!
Auguro una gran temporada chicas...
Eu tamén estou deacuerdo no da foto, quen é guapa, é guapa. A temporada vai ir de maravilla, que o sepades. Un abrazo a todas.
Suerte y rock and roll para todas.
Seguro que con la buena trayectoria que vais a tener, se os ofrecen jugadores durante la primera vuelta!!
Enorabuena chicas, este partido no he podido ir a veros, pero el próximo prometo no perdérmelo.
Mucha suerte en Cantabria.
Enhorabuena chicas, a seguir así que vais a dar mucha guerra...
Un besazo
A veeeeeeeeeeeeer, que aqui en canarias estoy desentrenada con el gallego!!!
no podriais hacer la página en castellano tambien????
Guanchitaaaa, bienvenida. Amiga, vouche ter que chamar máis por teléfono para entrenarche no galego, que te me estás olvidando. Moitos bikos.
Publicar un comentario