viernes, 7 de diciembre de 2007

XORNADA DO XOVES 6 DE DECEMBRO

A xornada do Xoves 6 de Decembro non puido ser mellor para os dous equipos masculinos do Noia que desputaban os seus encontros aprazados en xornadas anteriores. O equipo de 2ª masculino xogaba no pabillón universitario de Esteiro contra o 3,14 Financial as 18.00 horas nun encontro arbitrado polo colexiado Barry, encontro que deu un xiro inesperado nos últimos puntos do terceiro set. Os de Noia ían perdendo o encontro por 2-0 e 24-22; os de Ferrol tiveron dous puntos de partido que non puideron conseguir debido en parte a un oportuno saque que caeu no outro campo despois de bater contra a rede, dándonos o punto directo. A partir de ahí o encontro deu a volta e acabou na man do C.V. Noia gañando por un apretado 2-3 (25-22/25-19/26-28/24-26/11-15). Ahora están 2º na clasificación por detrás do Vigo Valery Karpin pero con un partido menos (ámbolos equipos con tódolos seus partidos ganados).

Os Xuveniles tiveron doblete: pola mañán xogaron ás 11.00 horas contra o Arqo Rianxo en Noia no pabillón Alonso Rodríguez e pola tarde enfrontáronse ó Gehon S. Sadurniño ás 18.00 no P.M. de San Sadurniño. Conseguiron impoñerse ós dous equipos por 3-0 en ámbolos casos con un moi bo xogo. En resume, victoria para os dous equipos de Noia que seguen así nos primeiros postos da táboa de clasificación. O equipo Xuvenil Feminino de Francisco, o Fisioterapia Cinesia Noia volveu a caer derrotado no pabillón Alonso Rodríguez de Noia por un 3-0 ante o CV Brétema, encontro desputado ás 16.00 horas.

4 comentarios:

CRICHI dijo...

Carai!! Pois sí que vos vai a caña... ¡¡Noraboa chicos!! Que ben saben esas remontadas... Saúdos dende Zaragoza!!

Anónimo dijo...

Cris xa sabes que a nos gustanos moito a emocion, pero a verdad e que queda un bo sabor de boca despois de remontar un partido que estaba perdido, onte o Noia nos ultimos 3 set volveu ser un equipo.
un saludo a todos. Leo enhoraboa por a páxina está genial.

Leo dijo...

Xa ves Creti, nós témoslle que dar emoción a tódolos partidos, senón non sería o mesmo. Gracias polo da páxina, faise o que se pode. O principal é que todo o mundo estea informado do que acontece no Club e aporte a súa opinión, o cal é moi importante. Un saúdo.

Colloada11 dijo...

Teníais que haberlo grabao!! Debió ser el saque más increíble del mundo!! jejejej
Nos vemos tr0nkos!