martes, 29 de abril de 2008

RETORNO DA EXPEDICIÓN A MURCIA

Pois xa estamos de volta da nosa experiencia en Murcia nesta fase de ascenso a liga FEV. Deportivamente, a experiencia non foi o que esperabamos, ou polo menos o que esperabamos algunhas.
O primeiro partido o desputamos o venres pola mañán contra o equipo de Baleares e o resultado foi espantoso. Non pareciamos nós as que estabamos alí xogando, a recepción foi un caos e non fomos capaces nin de defender, que é o que mellor se nos da. Pola tarde xogamos contra Coslada de Madrid e chegamos dispostas a manter o tipo e intentar facelo polo menos un pouco mellor, o cal non era difícil porque tiñamos o listón ben baixo, así que o conseguimos e logramos ir mantendo o tipo durante as primeiras metades dos sets. O problema foi que fronte a un equipo que certamente era superior a nós precisabamos dalo todo e sacar as forzas de onde fixera falta, como levabamos facendo toda a liga, e non soubemos facelo por culpa do noso "complexo de patito feo". Finalmente, o sábado pola mañán xogamos o último partido contra o equipo máis forte do noso grupo, Almería (campeonas finales da fase), e aínda que empezamos bastante ben como sucedera o día anterior, acabamos por deixarnos levar e o resultado foi, unha vez máis, bastante desastroso.
¡Polo demáis, a viaxe foi un pracer! Creo que falo en nome de todas se digo que esta tempada foi xenial e culminala indo á fase de ascenso todas xuntas, por primeira vez en toda a liga ao completo, é o mellor premio que podiamos obter. ¡Esperamos poder repetilo o ano que ven! Moitas gracias a todas e... ¡vémonos na area!

23 comentarios:

Anónimo dijo...

Bienvenidas chicas. Me alegro de que todo haya ido bien por tierras murcianas, a lo que viaje se refiere. Es un premio para el que todos deberíamos poner lás máximas ganas y empeño, así como hicísteis vos este año. Son duras estas fases eh?? Pero vale la pena estar ahí. Un Saludo

Cholo dijo...

Xa están colgadas (previa censura, claro)as nosas fotos da fase de ascenso para quen queira vernos retozando na piscina e morrer de envidia...

Anónimo dijo...

Que bue... bonitas las fotos sí señor... y que envidiaaaaaa...

Anónimo dijo...

QUEREMOS VELAS SEN CENSURA!!!!!!!!!!
jejejeje

NOEL

Anónimo dijo...

A por certo, noraboa porq ser estar ai xa e un premio!!!

saudiños

NOEL

Anónimo dijo...

por favor no empecemos d nuevo dejar de meteros con la peña y hacer comentarios qu valgan la peña

saludos c.v.noia 7

Anónimo dijo...

Maña entrenamos as 12,avisade a pilis.

Leo dijo...

Nenis, hoxe cenita no piso de Crichi en Santiago (ás 22.30 alí). Vémonos.

Anónimo dijo...

eh si no hay gresca no mola

Anónimo dijo...

alguien sabe como les va a los chicos en la fase d ascenso?¿?

Cholo dijo...

Os rapaces de segunda quedaron en último lugar na Fase de Ascenso xogada en Vigo este fin de semana. A inseguridade, os nervios e a presión fixeron que o equipo non confiara en sí mesmo. Dende aquí dicirlles a todos que chegar a xogala Fase xa é un premio en sí que a moitos che gustaría e que xa por eso deberían estar contentos, e que non se preocupen que outro ano será. Tamén dicir dende aquí que debido ós últimos comentarios feitos neste blog, e polos que moita xente se sinteu ofendida (o cal non é o obxectivo desta páxina como moitos pretenden facer), vamos habilitala moderación de comentarios hasta que estas "persoas" por chamalas de algún xeito, se dean conta de que o importante é o deporte, e neste caso concreto, o voleibol. Un saúdo a todos eses seguidores do volei.

Anónimo dijo...

que raro que quedasen ultimos con tito no campo

Anónimo dijo...

felicidades a vigo por selo subcampion da fase de ascenso na que demostrou ser millor que noia.Ademáis creo q o partido perdido foi cun axustado 3-2.Con isto so qero dicir que as veces hai q aprender a calar a boca e baixarse os humos.Un saludo

Anónimo dijo...

Por lo menos lo pasaríais bien,no¿?

Anónimo dijo...

uhhhh q es eso de q aoa el propietario del blog tiene q ver los

comentarios para q salgan a la luz

q bien q bien pos pon el mio ehhhhh

Anónimo dijo...

es una pena,que no subierais los dos equipos.suerte para el año y para la playa por supuesto.
Dar tambien la enhorabuena a los juveniles que fuisteis a la fase y deciros que no os desanimeis,que para el año seguro que sereis mas importantes con los de segunda.un saludo a los que vinieron en mi clase.que es de viñas el pajero?jajaj.

Anónimo dijo...

espero que los juveniles que fueron a la fase tengan mas protagonismo para el año que viene que se lo merecen.teneis que ser la base del noia en unos años,darle caña!

Anónimo dijo...

Lastima los de 2º. Es una pena, pero cuando las ocsas non salen hay que seguir intentandolo. No cabe duda de que se podia hacer mejor, pero que ha faltado algo de suerte tambien.
A ver si para el año lo de un grupo de 1º gallego es posible.
Y ahora a la beach, a practicar el "nude-volley"!!!. (gorilas abstenerse)

Anónimo dijo...

ey,mola el royo de que el propietario del blog decida,pero que no tarde dos dias.un beso pa leo y crichi,y por supuesto a todo el grupo femenino.animo!un besazo desde riveira.

Anónimo dijo...

CENSURA NO COMPADRE

STA EL FORO DEL RIVEIRA REVOLUSIONAO, YA TU SABE

Anónimo dijo...

contáronme q o noia está buscando colocador para o ano q ven e q xa fixeran unha oferta polo Mechas,alguén pode confirmalo?¿

Anónimo dijo...

es definitivo que los de 2ª no suben o puede renunciar alguien a la plaza y subir de rebote?
gracias una aficionada

Cholo dijo...

Perdonade pola tardanza na publicación dos comentarios pero eu e Crichi estivemos toda a semana en Torremolinos xogando o Campeonato de España Universitario de Voleipraia e non tivemos moito tempo. Entre hoxe e mañá espero poñer unha nova entrada sobre a Fase de Ascenso a primeira. Un saúdo.