miércoles, 30 de julio de 2008

TORNEO DE TESTAL ( NOIA), 19-20 XULLO 2008

Arrancou o Circuito Barbanza Voleipraia 2008 o sábado 19 de xullo no areal de Testal (Noia), proba na que houbo unha grande participación tanto feminina (20 equipos) como masculina (35 equipos). O sábado 26 e domingo 27 o torneo xogouse en Tanxil (Rianxo) por primeira vez xa que sempre fora na praia da Torre, tamén con bastante afluencia de parellas, sendo sempre a praia con menos presencia ainda que este ano non se notou tanto coma nas edicións anteriores.

Na categoría feminina a clasificación quedou da seguinte forma:


  1. Lora e Xela (Vigo)
  2. Luci e Rosana (Noia - Vigo, equipo TASCA TÍPICA)
  3. Nuria e Majo (Lugo)
  4. Ángela e María (Cabo de Cruz, equipo RESTAURA)
  5. Crichi e Tania (Vigo, equipo COMUNICACIÓNS POBRA)
  6. Leo e Pachi (Cabo de Cruz - Vigo, equipo SIGNO)
  7. Sandra e Rebeca (Boiro, equipo G.A.V. ASISTENCIA)
  8. Aida e María (Lugo)

Na categoría masculina os primeiros clasificados foron:

  1. Diego Mahía e Víctor Bouza (Sada - Lugo)
  2. Rafa de la Fuente e Diego Pérez (Vigo)
  3. Román e Ángel (Vigo - Coruña)
  4. Agustín e Germán (Lousame)

Participaron no torneo moitos integrantes do Club Voleibol Noia: en categoría masculina xogaron Quique e Noel (equipo PUB COTTON - RIL´S), Cholo e Tito (equipo PUB COTTON), Maki e Barreiro, Godón e Jorge. En categoría feminina participaron: Leo que xogaba con Pachi (equipo SIGNO), Crichi que xogaba coa súa irmá Tania (equipo COMUNICACIÓNS POBRA) e Luci que xogaba con Rosana (equipo TASCA TÍPICA). A páxina oficial do circuito é: circuitobarbanzavoleyplaya.blogspot.com.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Primero, gracias chicas por la información.
Podéis ver más cositas y las fotos de las dos primeras pruebas en esta página piloto que hemos creado.

http://www.circuitobarbanzavoleyplaya.blogspot.com

Un saludo a todos.

Anónimo dijo...

Leo,

Quenes son os da foto?

Leo dijo...

A foto é pillada de internet, que nadie pense que saco estas fotos tan artísticas (non son tan boa). A partir de este finde espero poñer algunas fotos dos nosos xogadores na páxina. Se alguén quere colaborar, xa sabe a donde dirixirse. Un saúdo.