lunes, 17 de noviembre de 2008

PRIMEIRA XORNADA DE LIGA SÉNIOR

Os dous equipos sénior do Clube Voleibol Noia comezaron a temporada de voleibol 2008-2009 este sábado 15 de novembro. Ámbolos dous cederon os seus encontros ante o Fortuna Kirol Aukera (sábado 15 de novembro ás 17.00 horas en San Sebastián) e o Doble Imagen - Oleiros (sábado 15 de novembro ás 17.00 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia).

Pois xa comezou a liga de primeira división feminina, e non da mellor forma posible. O venres pola noite, tras o entrenamento e unha boa cea, o coxunto feminino partía rumbo a San Sebastián. Logo de viaxar toda a noite chegaban á cidade vasca ás 9 da mañán. Almorzo, paseo pola cidade, comida, siestiña no tatami e todas listas para xogar. Comezaba o partido de maneira favorable para as nosas, que se facían co primeiro set da tempada con relativa facilidade. Pero no segundo set as cousas torcíanse e perdíano tamén fácilmente. Chegaba o terceiro, todas motivadas, e a cousa se poñía apretada ata chegar ó punto 20. Pero chegado este punto, a aceleración por parte das noiesas as fixo perder o set cunha serie de erros consecutivos. Esto non desanimou ás nosas, que saíron de novo á pista con gañas de levarse o set. Punto a punto e con moita igualdade chegan ao 22-22, e chegado este punto, un árbitro que ata entón non o fixera nada mal, decide que quere ter o seu minuto de gloria. Explicareime. Como xa dixemos, o marcador estaba 22-22. Primeiro erro arbitral: a súa atacante de dous pega. Salta Crichi ao bloqueo, pero non bloquea esa bola, senon que o balón bate contra os antebrazos de Crichi (é dicir, peta na rede, todos sabemos que esta xogadora non salta tanto...), pero o señor colexiado decide que non son catro toques. Póñense así 23-22. Segunda xogada: non lle pita unhas dobres clarísimas á colocadora local. A crispación xa é evidente e as xogadoras do equipo protestan, educadamente, eso sí. O árbitro colle unha tarxeta. ¿Para quen é? ¡¡Sorpresa!! É para Leo. ¿Pero que fixo? ¿Insultou ó árbitro? ¡¡Non!! Pasoulle a bola ó recollepelotas dunha patada. Bueno, dicir patada é esaxerado. Pasou a bola co pé. Piii-piii-piiiiiiiiii..... Fin do partido. Volvemos para casa. Gracias, señor árbitro, gracias. Xogaron polo CV Noia: Crichi, Leo, Lucy, Lucía Adán, Lucía Del Río (Líbero), Rocío, Ania, Patri, Pachi e Carolina.


O equipo masculino perdeu contra o equipo de Oleiros por 1-3 cos seguintes parciais: 25-18, 14-25 e 22-25 e 24-26. Xogaron polon Clube voleibol Noia: Chino, Cholo, Tito, Quique, Maki, Moncho, Manu (líbero) - Equipo titular - Ivo e Álvaro. Os de Noia gañaron o primeiro set remontando e con boa actitude gracias a un forte bloqueo e un ataque efectivo. Nos outros sets baixaron o ritmo en recepción e o bloqueo deixou de funcionar e por este motivo o equipo visitante se impuxo obtendo a victoria. O último set foi moi igualado por ambos equipos pero unha mala decisión arbitral fixo que se decantara polo equipo visitante. Encontros de esta xornada: CD Vagalume - Comercial Durán. Descansaron: R+F Magenta Voley Riveira e EMEVE Lab. Nupel. O próximo partido será en Lugo contra o EMEVE o sábado 29 de novembro.

O equipo Xuvenil Feminino xogou o domingo pola mañá (ás 12.00 horas no P. Zona escolar) na cancha do AD Xiria nun encontro no que o equipo local venceu sen complicacións por 3-0 (25-5/25-10/25-3). O próximo encontro será contra o CD Conxo en Santiago o sábado 22 de novembro (hora e pabillón por confirmar).

23 comentarios:

Leo e Crichi dijo...

Xa están postas algunhas fotos do desprazamento a San Sebastián de este fin de semana pasado. Falta o comentario do partido de primeira que será redactado por Crichi en canto ela poida. Mala xornada para os equipos do Clube pero bueno, acabamos de comezar e o asunto é como se acaba.

P.D.: os comentarios con algún tipo de insulto (da igual a quen vaia dirixido) ou palabra malsoante non serán publicados (para aqueles que todavía non parecen pillalo)así que por favor, desistide do intento porque aquí soamente se fala de voleibol.

Calqueira comentario dos partidos será ben recibido porque como comprenderedes nós non asistimos a todos e pedimos sempre a opinión de alquén dos xogadores así coma fotos que queirades publicar. Graciñas.

Cholo dijo...

No se que nos paso realment en el partido,lo que se es que nos dejamos llevar por als malas decisiones arbitrales a lo alrgo del partido y se nos fue la concnetracion y contundencia en cada una de las facetas del juego.
Fue un mal partido por nuestra cuenta,en lo que no nos salio apenas nada bien.
Oleiros no tiene mal equipo,pero sinceramente pienso que no son mas que nosotros,lo que pasa es que estubieron mas acertados y juntoa alguan que otra decision arbitral,al menos,debatible,se merecieron la victoria sin ningun tipo de reproche.

PD:Entrenando hora y media a la semana poco mas podemos hacer.A darle duro que esto acaba de empezar.

sandrita dijo...

A verda é que os equipos do noia empezaron con mal pé, as de primeira non vin o partido pero polo que me contaron unha inxustiza enrome. En canto os de segunda creo que fixeron un mal partido, poden xogar moito mellor porque en boiro xogaron 3 veces mellor, osea que a dalo todo e cando se poida teremos que ir a animarvos. ÁNIMO!!

Leo dijo...

Aviso:

Recordade que é obrigatoiro efectuar o pago da cuota antes do inicio da correspondente Liga. O ingreso débese facer na conta de Caixa Nova 2080 0181 31 0040002813. tamén hai que presentar o resgardo xunto coa ficha debidamente cuberta.

Leo dijo...

Para este nadal, coma tódolos anos, disputarase o torneo 3X3 Fin de Ano. A data será o sábado 27 de Decembro, e contamos con todos e todas para facer de este un gran día, como se leva facendo dende hai xa máis de 10 anos. O longo de esta semana, na zona de actividades, poremos o formulario para a pre-inscripción, así como un breve resumo do regulamento.

Recordar que non é preciso ser do Clube para participar, e que todo o mundo está convidado, sexan ou non xogadores.

Anónimo dijo...

respeto ao equipo de 2ª penso qu o entrenador equivocouse nn poñendo de colocador titular o chaval qu empezou no banquillo,xa qu se nota notablemente no equipo, sen faltar o segundo colocador.poñendo si nos puntos 20 de cada set pensando qu salia pa resolver os sets.

outro do fallo do equipo foi o mal comezo do equipo xa qu empezou perdendo 0-5.nese set o bloqueo da zona de catro do equipo visitante quedaba nulo xa qu tanto o opuesto como o central xoven bloqueaban ou tocaban todo os balons e ter qu o equipo visitante xogara todo por centro e por dous
e así gañaren o set o equipo local
bastante facil.


no segundo set:
noia saliu cun baixon considerable e eso fixo qu o set o levara oleiros sen moita deficultade.
no terceiro set:
outro tanto pero o equipo de noia mellorou xa qu non podian ir a peor. pero seguian sacando facil. en bloqueo tocaban balons pero moy pouco, a recepcion e outros dos factores foi a sorte do oleiros tanto co arbitro qu non foi moi riguroso e fallou puntos claves para o equipo de noia.

no cuarto set:
a cousa estibo igualada pero foi parecido o terceiro aínda qu os de noia por rachas foron os do primeiro set sobre todo en ataque dos catro eo opuesto xa qu o centro foi case nulo durante todo o partido.
o final 1-3 para o oleiros.

so decir os xogadores qu tanto o equipo do oleiros dixeron qu o noia pa entrenar so un dia a semana ten un gran potencial.
e un equipo moy xoven qu en pouco tempo vaille dar un potencial considerable, so lle digo o equipo do noia qu traballen porque pa min e un equipo qu pode xogar en primeira cun par de xogadores qu ten repartidos nuns anos.
decir qu o entrenador non estibo hacertado e poido ser gran culpa del a derrota do equipo xa sabemos qu e pa divertirse pero tamen quereran gañar.

decir qu ouvo dous xogadores qu destacaron e gustaronme moito qu foron o numero 10 e o 12.Penso qu nuns par de anos poden ser xogadores importantes para calquer equipo polo súa xuventude e tecnicamente para mellorar.



decir qu sigan traballando qu ste ano a liga vaise decidir por un so punto seguramente

Anónimo dijo...

como un arbitro que entrena en oleiros pode vir pitarlles un partido? ROBO!!!!

sandrita dijo...

xa pensei que este ano non había
3x3, é o día no que máis pelotazos levamos as tias, a non ser o mixto claro, e ademáis levamos mellor recoñecemento jaja. A revelación do ano pasado PASANDUTA, e este ano? está claro que aquel que veña conmigo jaja, asi que a pelearse pola cachora.( aínda que ten que falar cos representantes do ano pasado de pasanduta);) vemonos no 3x3 entonces.....

Anónimo dijo...

wenas a todos, pos aqi dejar mi opinion del partido:- en primer lugar pienso q ambos eqipos eran mas o menos del mismo nivel de juego, 1º set- juego para noia sobrao,2º juego sobrado para oleiros y en los otros 2 restantes maxima igualdad, partiendo de esto creo q el vencedor deberia de ser noia x eqipo y x jugadores xq pienso q tienen muxo mas de lo q demostraron, pero weno, ai partidos malos. en cuanto a lo q menos me gusto del partido fue q pienso(mi opinion) q oi x oi enkuentro en un mejor momento al colocador q empezo en el banqillo (ivo creo recordar) deberia aber jugado como colocador principal y no solo meterlo para intentar sakar al eqipo cuando no funciona del todo bien. tmbn decir q hubo fallos tontos, q de ser rectificados el partido caeria del lado noies. 1 saludo gente y a seguir progresando

Anónimo dijo...

Quen dixo que o 10 e o 12 son proyectos de futuro?Supoño que son xovenes,quenes son?por que se di eso?.gustariame sabelo pois podeme interesar.Gustariame que contestarase.
Saudos e graciñas

Anónimo dijo...

Gracias a o anonimo do comentario do partido, de verdad k gracias pork alguen ve realmente o k ai!!! Non dijo nada mais.... Un k e de noia pork, do cv noia, non sabe.......... jajajajaja!!!!!!!!!!!!
Un saludo

Anónimo dijo...

ostia lo k molo del sabado fue la eleccion del capitan..... m gusto!!! un tio k lleva ni la mitad k muxos jugadores k jugaron, pero........ tendra buen rollo con el entrenador.

Leo dijo...

Encontros de este fin de semana:

1ª Feminina: Fisioterapia Cinesia Noia - Autos Rico Univ. A Coruña (sábado 22 novembro ás 17.00 horas no pabillón Alonso Rodríguez de Noia)

2ª Masculina: CV Noia descansa

Liga Galega Infantil Feminina: CV Noia - AD A Pinguela A (sábado 22 novembro ás 12.15 horas no pabillón Alonso Rodríguez de Noia)

Liga provincial Xuvenil Feminina: CD Conxo - CV Noia (sábado 22 novembro ás 11.00 horas no pabillón O Restollal de Santiago)

Anónimo dijo...

qien fue el capitan del noia????

Anónimo dijo...

quien va a ser, quique!!!!

Leo dijo...

Perdón, o partido de primeira é ás 19.30 horas (non ás 17.00 horas).

Anónimo dijo...

quien pusiera los comentarios x mi parte tiene razon.
Eso nos vale pa que el siguiente partido lo mejoremos y lo del capitan tambien me parece que deveria de ser otra persona,porke cualquiera de los que jugamos llevamos mas tiempo de quique, pero eso tampoco nos hace perder el partido.

asique lo qu hay qu hacer es entrenar qu nos hace falta.
jugamos mal pero pienso qu pa una hora y media qu entrenamos y la panda qu somos es lo qu hay.

AÚN ASÍ VAMOS IR A LA FASE

CV.NOIA

saludos tito

Anónimo dijo...

Pero vamos a ver ¿que importa quen sexa o capitán nun equipo? ¿Inflúe en algo? A resposta é non, porque non xoga soamente el. Deixade de dicir tonterías e comportádevos coma un equipo e buscade mellorar xuntos (non un a un) e non botarvos cousas en cara que ningún é mellor que outro.

CV Noia

Anónimo dijo...

mirade nas normas de competición,
aquel equipo que non dispoña de equipo jubenil non pode disputar fases finais senior.

sau2

Anónimo dijo...

tito no te tires de la moto diciendo que vais ir a la fase de ascenso porque aun queda liga y liga para jugar, y los partidos se ganan jugando, de todas maneras ojala lo logreis.

juan dijo...

con este equipo se puede lograr cosas pero con l actitud y sobre todo con un entrenador q pienso q juegan sus amigos y n quien deberia jugar n s ace nada. el anonimo tiene razon n se puede disputar fase final sin equipo juvenil por eso en 2 solo s lo disputaran riveira y lugo

un saludo

Anónimo dijo...

segun el partido del otro dia sinceramente creo que vuestro entrenador se ewuivoco,por mala suerte no te salio un buen partido y asi acabo(colocador kike).el otro colocador suplente no se como sera,pero pienso que lo pudo haber hecho mejor si le diera mas confianza y lo pusiera en el inicio de algun se,no para intentar ganar cada uno de ellos.

un simple espectador y enamorado de este deporte.espero respuestas

Leo dijo...

Nenis, xa están todas as fotos de San Sebastián postas.