martes, 20 de enero de 2009

ENCONTROS DO SÁBADO 17 DE XANEIRO DE 2009

Primeira derrota do ano contra o líder da liga, o cal segue invicto. O equipo sénior chegaba despóis de gañar 2 partidos e colocarse terceiro na taboa (eso sí, con tódolos encontros da primeira volta xogados).

No primeiro set a igualdade e bo xogo foron a nota dominante. Reflexo era o marcador o cal só daba un ou dous puntos de superioridade ós nosos. E no xogo notábase porque en cada punto o normal era que o balón pasara dúas ou tres veces por riba da rede ata que caía. Con esa paridade chegouse ó 20-20. Foi entón cando un último empuxón e orde no xogo permitiron levarse o set por un axustado 25-23.

No segundo set o esforzo do primeiro pasou factura, e con un 3-9 os de Vagalume poñían terra por medio no que sería o xogo máis cómodo para eles: 16-25.

No terceiro set as cousas voltaron a igualarse, chegando a poñerse 5-0 ó inicio. Pero reaccionaron rápido os visitantes e pelexaron cada xogada chegando a un 13-13. Colleron entón os de Vagalume unha mínima ventaxa que rentabilizaron ata o final quedando 20-25.

No cuarto e derradeiro set, mostramos un pouco máis de orde, pero o estado físico impedía realizar o que a cabeza ordeaba. De novo colleron unha pequena ventaxa a cal rentabilizaron ata o final. Bo xogo, pero baixadas de intensidade fan que de novo se nos escape un partido que, con un pouco de continuidade, podríase ter gañado. Xogaron polo Noia: Cholo, Tito, Chino, Quique, Juanjo, Manolo, Álvaro, Adrián, Ivo e Maqui. Ramón Baña como adestrador. Arbitraron Barbara folgar e Laura Lago. Correctas. Este fin de semana o equipo descansa.

O Fisioterapia Cinesia Noia enfrontouse ó Universidade de Salamanca este sábado 17 de xaneiro ás 20.00 horas da noite. O partido foi bastante igualado, dada a similitude de ámbolos dous equipos, aínda que o resultado non foi o xusto que se merecían as xogadoras de Noia. O pouco acerto no ataque das nosas foi a clave do partido, xa que as xogadoras locais non pasaron moitos apuros para defender os balóns que lle viñan enriba. De todos modos púdose presenciar un mellor xogo por parte das nosas que pouco a pouco se van entendendo entre elas. O marcador quedou 3-0 para o equipo local cos seguintes parciais: 25-21, 25-19, 25-23. Mal arbitraxe por parte do árbitro local que non tiña moi claras as regras do voleibol e parecía "confundido" (por dicilo de algunha forma) en moitas ocasións. En resume: o Fisioterapia Cinesia Noia segue sen coñecer a victoria en terras salmantinas e tamén no que vai de Liga. Xogaron: Leo, Luci, Marga, Crichi, Lucía (líbero), Lucía Adán, Pachi, Rocío e Ania. Este sábado 24 de xaneiro o equipo desprázase a León para enfrontarse ó AULE. Será ás 17.00 horas da tarde. Outros resultados da xornada: Autos Rico Universidade da Coruña 0 - 3 AULE (22-25, 16-25, 22-25), A.D. Los Campos 3 - 0 Fortuna Kirol Aukera (25-15, 25-21, 25-23), CDE Voleibol Castañeda 3 - 0 Autos Rico Universidade da Coruña (25-21, 25-23, 25-18).

OUTROS ENCONTROS:

Liga Provincial Cadete Feminina: Voleibol Dumbría - CV Noia. Sábado 24 de xaneiro ás 13.30 horas no P.M. de Dumbría.

Liga Galega Infantil Feminina: Turismo de Vigo Caixanova - CV Noia. Sábado 24 de xaneiro ás 12.30 horas no P.M. de Teis.

2 comentarios:

Leo dijo...

Xa están postas as fotos de Salamanca: facede click sobre "Desprazamentos Fisioterapia Cinesia 2008-2009" e ahí en Salamanca xaneiro 2009.

Anónimo dijo...

Que no decaiga gente!! La segunda vuelta es nuestra!!! Vamos C.V. Noiaaaa!!!! Bicos!

Marga