lunes, 9 de febrero de 2009

FÍXOSE ESPERAR...

¡¡PERO CHEGOU FINALMENTE!! Por suposto, falamos da primeira victoria das “Chicas de Libo”. Tiveron que agardar ata o primeiro partido da segunda volta para poder sumar a súa primeira victoria ó “marcador”, pero como se di nestes casos, ¡Máis vale tarde que nunca!

Empezaron o partido un pouco frías e xogando sen moita forza, o que lles fixo perder o primeiro set por un aplastante 13-25. Esto servíu de aviso para que se empezaran a poñer as pilas, e así foi que conseguiron facerse co segundo set, non sen algo de sufrimento, gañándoo pola mínima diferencia. O terceiro set desenrolouse cun axustado marcador que se decantou finalmente a favor do equipo visitante, que deixou ás nosas en 21 puntos. Pero esto non desmoralizou ás xogadoras de Noia, que chegaron con moita forza ó cuarto set, no cal se fixo notar principalmente o saque, conseguindo así levarse o xogo cun aplastante 25-9. E con esta boa sensación no corpo entraron de novo no campo para poñer o punto final ó partido nun quinto set que foi moi igualado ata o último momento, momento no que as noiesas conseguiron coller una pequena vantaxe que finalmente lles valeu para facerse coa súa primeira victoria nesta liga 2008/2009.

Estamos seguros de que esta traxectoria se vai manter durante toda esta segunda volta e que as nosas conseguirán así saír por fin do pozo no que levan metidas dende que comezou a liga. ¡E que mellor que empezar esta fin de semana contra as segundas da clasificación, as súas compatriotas coruñesas! Será o sábado no pabillón universitario de Elviña ás 6 da tarde. Esperamos vervos alí a todos os que poidades asistir para animalas e que poidan continuar o seu ascenso na clasificación. ¡Arriba Noia! Seguro que esta victoria é solo o comezo dunha larga lista... Xogaron polo Fisioterapia Cinesia Noia: Leo, Crichi, Pachi, Lucy, Lucía A., Lucía D. (líbero), Carolina, Ania e Marga. Outros resultados da xornada: Antalsis Zalaeta - Universidade de Salamanca: 3-1 (25-22, 25-21, 22-25, 25-16); AULE - CDE Voleibol Castañeda: 3-1 (25-21, 16-25, 25-9, 25-16); Universidade de Salamanca - Autos Rico Universidade da Coruña: 2-3 (24-26, 25-23, 25-19, 18-25, 10-15); Antalsis Zalaeta - A.D. Los Campos: 3-1 (25-27, 25-10, 25-14, 25-16).

Os rapaces de 2ª División Masculina xogaron en Coruña contra o líder da clasificación, O Doble Imagen - Oleiros. O resultado do encontro foi de 3-1 para o equipo local cos seguintes parciais: 25-21/14-25/26-24/25-20. Os xogadores de Noia non tiraron a toalla en ningún momento e puxéronllo moi difícil ó líder. Moi bo xogo por parte dos nosos que a medida que van xogando encontros se van atopando máis cómodos na pista. Xogaron polo CV Noia: Quique, Chino, Tito, Cholo, Maki, Adrián, Juanjo e Mili. Outros resultados da xornada: Comercial Durán - 3.14 Financial: 3-1 (25-19/25-21/21-25/25-23); o R+F Magenta Voley Riveira e o Emeve Lab. Nupel descansaron. O próximo partido será fronte ó Emeve Lab. Nupel; será este sábado 14 de febreiro ás 16.00 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia (colexiado: Barri).

Na Liga Infantil Galega Feminina, o CV Noia enfrontouse ó Emeve Lab. Nupel. O resultado foi de 3-0 para o equipo de Lugo cos seguintes parciais: 25-9/25-10/25-8. Outros resultados da xornada: Ribeira Sacra A - CPI Mende Dompa Xestión: 3-0 (25-8/25-14/25-15); CVO Divina Pastora - XAV Cambados A: 0-3 (17-25/21-25/20-25); Zalaeta A - Liceo La Paz: 0-3 (17-25/18-25/12-25); Turismo de Vigo Caixanova A - Calasancias - Marineda Ageco: 3-0 (25-21/25-21/25-20). O próximo encontro será fronte ó CVO Divina Pastora; será este sábado 14 de febreiro ás 10,30 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia (colexiado: Quique).

Na LPF, o CV Noia xogará contra o Carmelita Verduna este sábado 14 de febreiro. Será ás 13.30 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia (colexiado: Quique).

Por último, na CPF o CV Noia enfrontarase ó CV Sada; será tamén este sábado 14 de febreiro ás 12.00 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia (colexiado: Quique).

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Enhorabuena chicas!!! Ahora a dar la sorpresa y a ganar a las segundas de la liga, hay que coger una buena racha. Suerte.

ANA

Anónimo dijo...

Noraboa rapazas. Xa se votaba de menos o voso xogo e como non, as vosas victorias.

Anónimo dijo...

POR FIN!!!! Falta facía!! Muy bien chicas, ahora a seguir la racha!! Este finde en la coru a ganar!!! Y a los chicos mucho ánimo, ya vereis como este finde vuelve la victoria! VAMOS CLUB VOLEIBOL NOIA!!!!!Bicos!!


Marga

Anónimo dijo...

CV Noia EMEVE Lab. Nupel 14/02/09 16:00 P. Alonso Rodríguez


sabado a seguir con el especatculo que dimos en coruña,que perdimos por la ida de olla del tercet set debido a ese error arbitral.venga tios,nos vemos

enhorabuena chicassssssssssssssssssssssssssssssssss

Andrés "Araña" dijo...

Enhorabuena chicas. Animo para esta segunda vuelta. Que se enteren de lo que se cuece en el Barbanza. Un besazo y a seguir así.

Martuki dijo...

enhorabuena chiquillas!!
a seguir así y a ganar todos los partidos que quedan. Tengo que echarle un ojillo al calendario a ver si venis por las Asturies e ir a animaros!!!!
Un besazo: la Ex-Mister

Leo dijo...

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2009/02/12/0003_7523253.htm (soamente publican unha foto do partido).

Leo dijo...

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2009/02/12/0003_7523254.htm (despóis poñen un reportaje á parte da foto, sin comentarios)

Anónimo dijo...

Moi ben polos equipos dos maiores, pero agora vailles tocando os equipos de peques que temos, que a ver si ahora que teñen un bo exemplo o seguen. Moito ánimo para eles e elas tamén, que entrenan tanto ou máis que os maiores e tamén merecen a nosa atención.

SORTE A TODOS E TODAS!

Anónimo dijo...

0-3 que mierda de partido.no salio nada.dios,que mal.a ver para la proxima.chicas,vosotras por ahi como nosotros.vamos poco a poco.jeje.
saludos
CHOLO

Anónimo dijo...

Dios mío no sé como sería el de los chicos, pero nuestro partido para olvidar. Bueno a ver si Don Carnal nos trae suerte este sabado,jajajaj!! Ánimo chicas, ánimo chicos!!! que no decaiga!! Bicos!


Marga