martes, 10 de marzo de 2009

XORNADA DO 7-8 DE MARZO DE 2009

O Fisioterapia Cinesia Noia de 1ª División Feminina acadou a súa segunda victoria da liga fronte ó Universidade de Salamanca. O encontro tivo lugar este sábado 7 de marzo ás 19.30 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia. O resultado foi de 3-2 cos seguintes parciais: 25-23/22-25/25-14/21-25/15-12. Foi un encontro caracterizado pola reaparición da recepción o cal fixo que existira por fin un ataque que nos permitira rematalos puntos, cousa que na maioría dos encontros non puido suceder.

O primeiro set decantouse polo lado local: efectividade en saque e boa recepción foi a baza que fixo dominar o xogo. O segundo set caracterizouse tamén pola igualdade entre ámbolos equipos pero un ataque moi potente da xogadora de 4 do Universidade de Salamanca puxo nun apreto ás nosas que non conseguiron facerlle frente. O terceiro xogo foi dominado en todo momento polo Fisioterapia Cinesia non dando opción ningunha ó equipo visitante; moi ben o saque que lle complicou moito as cousas ás salmantinas. O fantasma do cuarto xogo voltou aparecer e psicolóxicamente o equipo víñase abaixo; sin embargo conseguíu reaccionar pero non a tempo cedendo o cuarto set. O quinto comezou con dominio local pero a igualdade apareceu no punto 7 cambiando de campo cando o tanteo era de 7-8 para o equipo visitante. Sin embargo as rapazas de Noia conseguiron impoñerse con un moi bo saque e un ataque certeiro que lle complicou moito as cousas ás salmantinas. Xogaron polo Fisioterapia Cinesia Noia: Leo, Lucy, Crichi, Ania, Rocío, Carolina, Marga, Lucía A. e Lucía D.

Outros resultados da xornada: AULE - Autos Rico Univ. da Coruña: 3-0 (25-17/25-21/25-9); Fortuna Kirol Aukera - A.D. Los Campos: 3-0 (25-18/25-15/25-22); CDE Voleibol Castañeda - Zalaeta: 0-3 (19-25/23-25/16-25). O próximo encontro será este sábado 14 de marzo ás 20.00 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia; será fronte ó AULE.

O CV Noia de 2ª División Masculina enfrontouse ó R+F Magenta Voley Riveira; foi o domingo 8 de marzo ás 12.30 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia. O equipo local partía como favorito dado que acadara a victoria no anterior enfrontamento, pero un mal ataque por parte dos nosos e un maior acerto dos rapaces de Boiro fixo que o resultado se decantara para estes últimos. Xogaron polo CV Noia: Quique, Cholo, Tito, Maki, Adrián, Ivo, Juanjo, Chino e Mili (líbero). O resultado foi de 1-3 cos seguintes parciais: 27-29/25-22/16-25/22-25. O seguinte encontro será este sábado 14 de marzo contra o CV Vagalume na cancha deste último (será ás 12.00 horas no Pabillón de Esteiro).

En Deporte Escolar:

Benxamín
, Fase Zonal Grupo Sant-Barbanza: o CV Noia gañou por 0-2 ó IES Bertamiráns cos seguintes parciais: 22-25/9-25. A próxima xornada será de descanso.

Alevín feminino, Fase Zonal Grupo Sant-Barbanza: o CV Noia perdeu por 1-2 fronte ó Manuela Rial A cos seguintes parciais: 25-12/11-25/6-15. A próxima xornada será de descanso.

Na LGIF, o CV Noia enfróntanse ó Liceo la Paz este sábado 14 de marzo no Polideportivo Liceo la Paz. Será ás 12.00 horas e o colexiado do encontro será Barri.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

CV Vagalume CV Noia 14/03/09 12:00 P. Univ Esteiro

cholo

Anónimo dijo...

Este finde toca a terceira victoria chicas, e asi sucesivamente ehh. Xa falta menos para esa época apreciada por todos nos O VERÁN está cada vez máis cerca e a pista acabaseeeee. SORTE nenas, e para os chicos tamén que xogan este finde. ÁNIMO Ó BARBANZA!

Leo dijo...

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2009/03/13/0003_7586738.htm

Anónimo dijo...

Equipo Primeira División Nacional Feminina: CDE Voleibol Castañeda - Fisioterapia Cinesia Noia. No PM El Angel o domingo 22 as 12:30 horas.

Equipo Segunda División Masculino: Xornada de descanso, co que acaban así a súa fase regular.

Equipo Infantil Feminino: Contra o XAV Cambados A as 11:15 e contra o CPI Mende Dompa Xestion as 12:30. Todos o venres.
Equipo Infantil Feminino: Turismo de Vigo Caixanova A - CV Noia. No municipal de Teis o Sábado as 12:30
Equipo Infantil Feminino: CV Noia - Calasancias Marineda Ageco. O Domingo as 12:30 no Alonso Rodriguez.