miércoles, 8 de abril de 2009

NARÓN - FISIOTERAPIA CINESIA NOIA (04-04-2009)

O Fisioterapia Cinesia Noia xogou o partido de ida contra o Narón Voleibol este sábado 4 de abril. Foi ás 18.00 horas no Pabillón de San Sadurniño. O partido non ía a ser fácil posto que o equipo local sempre estivo nos primeiros postos da táboa de clasificación de 2ª División, así que habería que loitalo todo o que se puidera e máis. E así foi. O resultado foi de 2-3 cos seguintes parciais: 22-25/25-16/24-26/25-23/18-20. Non houbo tregua por parte de ningún dos dous equipos en ningún momento e loitaron ámbolos dous ata o último punto. Outros resultados da xornada: Turismo de Vigo B - Autos Rico Univ. da Coruña: 3-1 (25-16/17-25/25-15/25-22).


Agora o partido de volta do Fisioterapia Cinesia Noia será este sábado 18 de abril no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia ás 16.00 horas. O partido dos rapaces aprazouse ata novo aviso por falta de xente do Zalaeta.

Lembrade que pola noite será a cea de fin de temporada do clube e que vos tedes que apuntar ou ben aquí na páxina mediante un comentario ou no correo: cvnoia@hotmail.com. Un saúdo a todos e vémonos o sábado.

* O prezo da cea é de 15 euros por persoa, así que xa sabedes, todos ás 22.30 horas no Top Gun.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola!
Como que el partido de las chicas el sabado por la tarde? no habiais dicho el sabado por la mañana?
Saludos

Leo dijo...

Non. O partido das rapazas é ás 16.00 horas e o dos rapaces ás 20.00 horas.

Anónimo dijo...

TODOS A VIVIR LA TARDE DE COPA AL POLI¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

MOITO KURRAS NA PAXINA LEO.JEJE.E A PRIMEIRA VEZ Q ENTRO E PARECE MOI CHULA.ENHORABOA JEJE. SAUDOS POR AHI A MIÑA LIBERO FAVORITA! E HABER SE NOS VEMOS ESTE XOVES NO VOLEIPRAIA.

VALIN

Leo dijo...

Partido dos rapaces aprazado ata novo aviso.

Anónimo dijo...

ehh quien aplazo el partido para el dia de las fiestas.?

Anónimo dijo...

Partido das rapazas aplazado!

Anónimo dijo...

Segue en pe a cea de voley? Estando os dous partidos aprazados.
Un saudo

Leo dijo...

Aínda que se aprazaran os dous partidos a cea segue en pé porque como poderedes comprender non se pode aprazar unha cea para 20 persoas 2 días antes, xa non cho permiten. Así que sí, o sábado hai cea ás 22.30 horas no Top Gun.

Anónimo dijo...

eeee,donde estan todas las fotos y videos de la cena?yo lo quiero todo ¡¡jajja
saludoss
CHOLO