lunes, 17 de octubre de 2011

Resultados da xornada

O pasado día 12, o equipo infantil feminino aproveitou para xogar o seu encontro contra o Manuela Rial de Dumbría. O encontro foi para as locais con un contundente 3-0 (25-20/25-15/25-23) De este xeito, as pequenas comezan con mal pé a competición. O sábado tiñan encontro contra o Pinguela, pero o encontro foi aprazado a última hora. De este xeito, o equipo atópase na penúltima posición do cadro.

Por outra banda, o equipo de segunda división xogaba na casa contra o Sansa B. Un encontro do que se espera un gran partido, pero decepcionaron os de casa. Moitos erros no ataque, que se estrelaba contra o bó bolqueo do Sansa, e unha peor porcentaxe de saques fixeron que os dous primeiros sets caeran do lado visitante sen problemas. O terceiro, o adestrador Nolo cambiou por completo o plantexamento, e con Quique de colocador e Maqui de oposto, o equipo levouse o set, non sen ter que loitalo debido o gran número de erros. O cuarto tamén foi igualado, pero non se pudio facer nada debido a gran cantidade de erros propios e o xogo efectivo do Sansa. Con esta derrota, o equipo ponse 3º na táboa, aínda que só estamos na segunda xornada.

Como por todos é sabido, esta semana párase a competición debido as concntracións. Tempo para que todos sigamos adestrando para facer o mellor papel posible.

1 comentario:

Anónimo dijo...

SUERTE CHICOSSSSS, AHORA ME DAIS ENVIDIA QUE VOLVIO EL EQUIPOO.
A DARLE CAÑA.
Saludos desde el otro lado del charco.

CHOLO