jueves, 6 de noviembre de 2014

Resultados 4º Xornada

Dúas derrotas son as que nos deixa a nosa viaxe a Teis nesta 4º xornada de liga galega

Xuvenil feminino: 3-0, unha derrota máis das nosas xuvenís en terras viguesas por parte dun equipo local acostumado a estar pola parte alta da tabla da liga galega, o primeiro  set foi dominado polas de Teis dende a liña de saque, pero non foi así no segundo, as nosas colleron as rendas do partido e foron por diante no marcador ata o final do set no que un erro de saque e varias defensas fallidas puxeron o 25-23. O tercerio set foi unha copia do primeiro, as noiesas tras a derrota pola mínima no anterior non levantaron cabeza e acabaron caendo ante o equipo local. Parciais: (25-17/25-23/25-14).

equipo infantil feminino
Infantil feminino:  3-0, derrota pola vía rápida das nosas pequenas ante un equipo agresivo en saque que impedía ao equipo noíes a posibilidade de adiantarse no marcador, Tanto no primeiro como no segundo set as nosas estiveron con actitude gañadora, que se ía perdendo ao remate de cada set caendo asi ambos do lado vigués, Finalmente no terceiro set,
con unha das atacantes rivais puntuando continuamente e unhas noiesas que tiñan realmente complicado realizar algún punto o partido foi para as de Teis por 25-14. Parciais: (25-20/25-19/25-14).

No hay comentarios: