lunes, 10 de noviembre de 2014

Resultados 5ª xornada

Dúas victorias e unha derrota é o que nos deixa a 5ª xornada de liga na que os nosos equipos se enfrontaron ao CV Pontevedra:

Infantil feminino:  (25-22/25-23/25-21).
 Segunda vitoria das pequenas nesta liga galega por 3-0 , partido difícil de gañar, no que ata os finais de cada set os equipos ían moi igualados, pero cos erros do equipo visitante e os numerosos acertos das locais coa pequena dos Mourís como principal atacante fixeron que os dous puntos se quedaran na casa, isto fai que as infantís se atopen en cuarta posición na tabla.


Xuvenil feminino: (25-21/20-25/10-25/27-29).


 Dura derrota das xuvenís por 1-3 nun partido que se define como inestable. As locais saían fortes a cancha con ansia de gañar o segundo partido de liga contra un equipo que a pasada liga quedou por debaixo do noso. O primeiro set foi para as noiesas acertadas en recepción e aínda máis en ataque, o segundo e o terceiro set foron claramente para as visitantes, dous sets nos que a mala recepción local e o gran acerto dunha das centrais de Pontevedra facía imposible o xogo noiés. No cuarto e último set as nosas volveron a actitude do primeiro set pero tras un final de set de infarto, varios erros das nosas e acertos das visitantes puxeron o 27-29 no marcador, dando asi o partido para as visitantes.


Senior masculino: (25-18/25-14/25-18)

Nova vitoria dos de Agustín Mouris por 3-0 nun partido sen moita historia no que un Noia acertado en saque facia imposible o xogo do equipo visitante chegando a ter parciais de 8-1 no segundo set. A semana que ven os noieses enfrentaranse ao voley Dumbría, un novo equipo que comparte con nós o liderato da segunda división masculina, será un partido que promete grandes momentos.

No hay comentarios: