martes, 10 de febrero de 2015

Resultados xornada nº 16


CVP Gómez Lor Multiópticas- Fisioterapia Cinesia Noia




Infantil feminino: 0-3 ( 18-25/ 16-25/ 23-25)



As mais pequenas das ligas galegas volven a casa con unha contundente vitoria dende Pontevedra, que dende un saque seguro facían moito dano as locais, iso mais unha recepcion moi acertada  facilitaba a función da colocadora e finalmente do ataque, finalizando comodamente os dous primeiros sets. Mais non foi así no derradeiro set, no que as pontevedresas estiveron pisando os talóns ao noso equipo  pero as noiesas non cederon, querian levar o encontro pola vía rápida e sen nervios conseguiron levalo.







Xuvenil feminino: 3-0 ( 25-14/25-13/25-14)






Desastroso partido por parte das nosas, que comezaron o encontro e así o terminaron con unha mala recepción  o que imposibilitaba o ataque, isto facía que as de noia envíaran numerosos balóns de brazos e dedos, cousa que facilitaba moito o ataque pontevedrés e así o reflexan os parciais, as nosas precisan un cambio de atitude drástico se queren pelexar pola permanencia nesta liga galega xuvenil.

No hay comentarios: