Mostrando entradas con la etiqueta Sábado 15 de Decembro do 2007. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sábado 15 de Decembro do 2007. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de diciembre de 2007

COMPETICIÓNS DO FIN DE SEMANA DO 15 DEC 2007

Quería empezar dicindo que a cena do sábado foi un éxito tanto en comportamento (sempre estarán ahí as nosas xuveniles para dar un pouco a nota, nunca mellor dito) como en entretenemento (proba de esto son os vídeos do karaoke no que Lorena, Martín e Noel dan o mellor de sí). Gracias!!!

Cambiando de tema, este sábado 15 de decembro xogaron os sénior feminino e masculino e o equipo xuvenil feminino. O equipo de primeira feminino, o Fisioterapia Cinesia, xogou en Noia no pabillón Alonso Rodríguez ás 17.00 horas contra o Universidade de La Rioja. Era un partido que había que gañar, pois este equipo consigue ralentizar o xogo e levantar a cabeza no momento menos esperado, collendo ó equipo contrario desprevenido. Pero outra vez máis, axudadas polo seu saque e defensa, souberon solucionar os 3 sets do encontro cos seguintes parciais: 25-15, 25-16 e 25-23. Destacar que Antalsis (Zalaeta) perdeu o seu encontro contra a Universidade de Salamanca, o cal nos deixa en primeira posición da táboa con 4 partidos gañados e 0 derrotas. Despois das festas do Nadal incorporarase á plantilla do Fisioterapia Cinesia unha nova xogadora: Patricia Cerviño de Ourense, xogadora de 4 que formará parte do noso equipo ata final de temporada. Outros resultados: Universidad Salamanca - Antalsis: 3 - 1 (25-22/25-27/25-20/25-19/0-0), Fortuna Kirol Aukera - Univ. Oviedo Campus Gijón: 1 - 3 (28-26/16-25/18-25/15-25/0-0), CDE Voleibol Castañeda - Dompa Gestión: 3 - 0 (25-13/25-18/25-9/0-0/0-0). Próxima xornada o 13 de Xaneiro Domingo ás 12.00 horas en Ourense contra o Dompa Gestión no pabillón Municipal de Los Remedios.

O CV Noia de 2ª División xogou no pabillón Santa Uxía de Riveira ás 17.00 horas nun derbi que se decantou para os de Noia por 0-3 con uns parciais de 12-25, 25-27 e 5-25. Outros resultados: AV Cangas 2-3 Turismo de Vigo Voleibol (25-19/20-25/26-24/16-25/7-15), 3.14 Financial 3-1 Comercial Durán (25-11/25-23/10-25/27-25), Ageco Marineda - Descansa, Vigo Valery Karpin - Descansa. O sábado 22 de Decembro enfrontaranse ó Vigo Valery Karpin no pabillón Alonso Rodríguez de Noia ás 20.00 horas. Partido emocionante no que ambos equipos se xogarán o primeiro posto da táboa de clasificación de 2ª. Queda posta a enquisa para que poidades votar polo voso equipo (con deportividade sempre os comentarios por favor). O CV Noia B enfrontarase tamén o mesmo fin de semana ó IES Ames o domingo 23 ás 12.30 pabillón de Noia.

O Fisioterapia Cinesia Noia xuvenil feminino enfrontarase ó Xiria Mouzo Souto o día 22 sábado. Na xornada deste fin de semana xogaron contra o ADE Asesores Univ da Coruña dous partidos. Perderon o seus encontros por 0-3 e 3-0 cos seguintes parciais: 25-7, 25-9 e 25-10 e 10-25, 12-25 e 10-25. Outros resultados: Calasancias - Marineda 3-0 La Fábrica Sarria (25-10/25-23/25-18).

O encontro entre o CV Noia xuvenil masculino e o R+F Magenta Voley Riveira foi aprazado (sin fecha por ahora) e este sábado 22 toca xornada de descanso.

Recordade que o sábado 29 de Decembro celebrarase en Noia no pabillón Alonso Rodríguez o TORNEO 3x3 DE NADAL. Non vos olvidar que polo menos un dos xogadores ten que ser non federado (igual que os outros anos). Espero vervos a todos!!!!