Mostrando entradas con la etiqueta Sábado 26 de Xaneiro do 2008. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sábado 26 de Xaneiro do 2008. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de enero de 2008

XORNADA DO 26 DE XANEIRO DO 2008: ELAS SE RECUPERAN E ELES CONTINÚAN

PRIMEIRA DIVISIÓN FEMININA:

Pois parece que as xogadoras do noso primeiro equipo deixan atrás ese pequeno bache no que caeran fai dúas semanas ao perder inesperadamente contra as colistas, o Dompa Gestión de Ourense, e do que xa estiveron a piques de saír a pasada semana ao chegar ao quinto set contra as primeiras da táboa, o Univ. de Oviedo Campus Gijón. Aínda que cada partido é importante, o desta fin de semana tiña un valor especial xa que desta victoria dependía que as noiesas conquistasen de novo a segunda posición da táboa ou que pola contra caesen ata o carto posto, o que podería facer caer tamén a súa moral dificultando a segunda volta da liga.
O equipo non partía con moita avantaxe, xa que á lesión de Lucía uníuselle o venres unha molestia no abdome de Leo, facéndolles temer ter que reestructurar a plantilla para o encontro do sábado na Coruña. Pero finalmente a nosa central aguantóu todo o partido e a única variación que tiveron que realizar foi a de desputalo sen líbero.

O primeiro set comezou cunha clara dominancia das da Coruña, que chegaron a acadar unha diferencia de 6 puntos no marcador. Sen embargo, as noiesas resistíronse e conseguiron darlle a volta ao marcador, chegando incluso a ter varios puntos de set que non souberon aproveitar, e cederon por un axustado 32-30. Ese resultado foi sólo o aviso de que non se ían render fácilmente e que viñan dispostas a levarse o encontro, e deulles a forza suficiente para gañar os dous seguintes sets sen demasiados problemas (23-25; 21-25). No carto parcial, como lles ven sucedendo dende o principio da liga, baixaron a garda e tiveron unha caída do seu xogo que as obligou a desputar un quinto. Pero non se desanimaron e despóis do esforzo que levaban feito durante todo o partido, entraron decididas a non repetir o erro da semana anterior e así conseguiron ir por diante todo o tempo vencendo cun cómodo 11-15.

Como xa reseñamos anteriormente, esta victoria supón moito para as rapazas do Noia, xa que lles fai empezar a segunda volta nunha merecida segunda posición que lles permitirá afrontar con máis seguridade os partidos que veñen, a maioría dos cais serán fora da casa. Así que agora toca poñerse as pilas, adestrar duro e coidar as lesións para non tirar pola borda todo o traballo feito ata o momento e acabar a tempada como mínimo nesta segunda posición.
¡FORZA NOIA!

SEGUNDA DIVISIÓN MASCULINA (A e B), XUVENIL MASCULINO E
XUVENIL FEMININO:

O enfrontamento entre o CV Noia (2ª masculino) e o Turismo de Vigo Voleibol rematou con un resultado favorable para os nosos que conseguiron impoñerse por 3 - 1 nun partido bastante irregular en xogo. Os de Noia acudiron a Vigo ca baixa do lesionado Álvaro, á que se lle sumou Oliver (por unha mal caída no entrenamento do martes), e Fran (por motivos laborales). Xogaron: Manolito, Quique (colocadores), Pablo Agraso, Chino, Martin (por 4), Chiru (oposto), Cañita (líbero), Noel, Pilís (centrales). Outros encontros desta xornada: Vigo Valery Karpin - 3.14 Financial, Comercial Durán - Ageco Marineda, R+F Magenta Voley Riveira - Descansa, AV Cangas - Descansa.

O CV Noia (xuvenil masculino) cedeu o seu encontro por 0 - 3 ante o Turismo de Vigo Voleibol IES Teis. Os parciais foron os seguintes: 26-24/25-16/27-25. Os nosos fixeron un bo partido, pero os de Vigo foron máis efectivos atacando. Outros encontros desta xornada: ARQO Rianxo - CD Conxo, EMEVE Lab.Nupel - R+F Magenta Voley Riveira, Galp Energia 0-3 CIS Zalaeta: 15-25/13-25/14-25, Gehon S. Sadurniño - Descansa.

O CV Noia B xogou contra o o Vigo Valery Karpin nun encontro que se decideu no quinto set a favor dos nosos. Os parciais foron os seguintes: 20-25/11-25/27-25/25-12/7-15. Outros encontros desta xornada: IES Ames - Comercial Duran, Ageco Marineda - Descansa.

O Fisioterapia Cinesia Noia (xuvenil feminino) tamén perdeu o seu encontro disputado ante La Fábrica Sarriá por 0-3 cos seguintes parciais: 25-17/25-10/25-9. Outros encontros desta xornada: Calasancias - Marineda 2-3 CV Brétema: 25-14/25-14/24-26/22-25/7-15, ARQO Rianxo - CD Conxo, CV Padrón 2-3 ADE Asesores Univ da Coruña: 25-22/25-14/23-25/10-25/7-15, Xiria Asesoría Cervantes 3-0 Xiria Mouzo Souto: 25-22/25-11/25-16.

PRÓXIMA XORNADA:

Fortuna Kirol Aukera - Fisioterapia Cinesia Noia (1ª): sábado 2 de febreiro ás 17.00 horas no polideportivo Pío Baroja (San Sebastián).

CV Noia (2ª): descansa.

CV Noia B: descansa.

CV Noia (xuvenil masculino) - Emeve Lab. Nupel: sábado 2 de febreiro no pabillón Alonso Rodríguez de Noia.

Fisioterapia Cinesia Noia (xuvenil feminino) - ARQO Rianxo: sábado 2 de febreiro no pabillón Alonso Rodríguez de Noia.

******* Crónica de Leo e Crichi ******