lunes, 13 de noviembre de 2006

PRIMEIRA DERROTA NA CASA

Por primeira vez nesta tempada sufrimos unha derrota na nosa casa. As culpables: as actuais número 1 da liga, Valladolid. As de Valladolid fixeron un xogo moi bo, destacando a súa defensa e a colocación, que lles permitiu atacar cómodamente. Pese a isto, plantámoslle cara amosando por momentos un xogo de calidade no que destacou especialmente o noso saque, que nos permitiu ir por enriba delas en varias ocasións. O principal problema foi non saber manter ese bo xogo ao longo de todo o partido, xa que sufrimos moitos altibaixos. Engadido a isto, no último set tivemos moitos faios de saque, perdendo a arma que nos dera tantos puntos en sets anteriores. A pesar de todo, o resultado non fai de todo xustiza xa que mereciamos facer polo menos algún set.
Agora toca esquecerse deste partido para centrarse no próximo encontro, que disputaremos en León o vindeiro sábado, onde trataremos de volver de novo á parte alta da clasificación.

No hay comentarios: