viernes, 14 de septiembre de 2007

COPA GALICIA 2007

O primeiro partido disputado en Pontevedra contra o Comercial Durán decantouse para nós con un resultado de 0-3. Agora, este sábado 15 de setembro xogamos o partido de ida en Vigo as 20.00 contra Xuvenil Teis recén descendidas a segunda división (por motivos nada xustos, todo hai que dicilo). O equipo do C. V. Noia quedou bastante mermado con respecto ó ano pasado, e dende aquí animar ás xogadoras que queiran unirse a nós para que o fagan e así poder completar a plantilla. Xogaron contra Durán: Melania, Leo, Silvia, Paula, Lorena, Luci e Lucía (líbero).

No hay comentarios: