lunes, 17 de septiembre de 2007

PARTIDO IDA CUARTOS FINAL COPA GALICIA 2007


O partido de ida dos cuartos de final da Copa Galicia disputouse en Vigo no pavillón de Teis o sábado ás 20.00 horas. O resultado do encontro foi un 3-2 favorable para o equipo de Teis. O partido caracterizouse polos altibaixos dun e do outro equipo, pero ó final decantouse polo equipo local as cales tiveron unha moi boa defensa, salvo no primeiro set. O noso ataque e a nosa defensa estivo acertado na maior parte do partido solo floxeando no cuarto e no quinto set. Este sábado 22 de Setembro terá lugar o encontro de volta en Noia no pavillón Alonso Rodríguez e contará cas baixas en Teis de Pachi (catro) e Celia (central) e por parte do C. V. Noia de Leo (central), Crichi (catro) de viaxe de estudios (xa faltou no partido de oitavos) e posiblemente de Lorena (oposta), ainda non confirmado. Esperemos o partido de volta se decante polas locales. Animo!!!!!!!

No hay comentarios: