lunes, 3 de diciembre de 2007

UNHA NOVA VICTORIA

¡Obxectivo cumplido! As noiesas acadaron este sábado unha nova victoria, esta vez fronte ás xogadoras da Universidade de Salamanca. Desta forma, conseguen cumplir o primeiro pequeno obxectivo desta liga: conquistar a segunda posición da táboa antes da xornada de descanso que terá lugar a próxima fin de semana. O partido asemellouse moito ao disputado fai dúas semanas contra o Fortuna Kirol Aukera, vencendo, coma nesa ocasión, por 3 sets a 1. De novo, o primeiro e segundo parcial non supuxeron grandes complicacións para as locais, que conseguían así poñerse cun moi favorable resultado de 2 sets a 0 (25-15/25-21). Os problemas chegaron no terceiro, no que a mala recepción e as dificultades para acabar os puntos en ataque pasaron factura, permitindo ás de Salamanca levarse o set cun cómodo 13-25. O cuarto e último set foi moi axustado e as de Noia foron por debaixo no marcador case todo o tempo, pero unha vez máis fixeron uso da súas mellores cualidades, o sentimento de equipo e o espíritu de loita, e se negaron a dar o set por perdido, o que as levou a remontar un 23-21 en contra e vencer o último set por un merecido 25-23 sen dar máis opcións ás rivais.
Como poderedes imaxinar, o equipo está moi contento dos bos resultados que se están obtendo este ano (sobre todo dadas a súas circunstancias especiais de falta de xogadoras) e confían en seguir dando alegrías. Como xa se mencionou anteriormente, a próxima fin de semana do 8-9 de decembro non haberá xornada de liga na primeira división feminina. Pero poderedes disfrutar dun novo encontro o día 15 ás cinco da tarde coma sempre no polideportivo Alonso Rodríguez. ¡Non o perdades e vinde a animar ao equipo revelación da liga! E se todo vai ben, celebraremos a victoria esa mesma noite na cena de Nadal do C.V. Noia (non vos olvidedes de mandar un mail de confirmación ou inscribirvos na lista que atoparedes na corcheira do pabillón). Outros resultados: Universidad de La Rioja - CDE Voleibol Castañeda: 1 - 3 (19-25/25-22/23-25/20-25/0-0), Dompa Gestión - Fortuna Kirol Aukera: 0 - 3 (20-25/17-25/15-25/0-0/0-0), Univ. Oviedo Campus Gijón - Antalsis: 2 - 3 (25-19/21-25/25-18/17-25/12-15).

Pola contra, as xuveniles de Fran cederon o seu encontro contra o CD Conxo por 3-0 (25-11/25-9/25-23). Xogarán o día 8/12/07 contra Calasancias-Marineda no Pavillón Alonso Rodríguez de Noia. Outros resultados: Calasancias - Marineda 3-0 CV Padrón (25-19/25-17/26-24), CV Brétema 1-3 ADE Asesores Univ da Coruña (18-25/13-25/25-17/17-25), Xiria Asesoría Cervantes 0-3 ADE Asesores Univ da Coruña (17-25/17-25/22-25), ADE Asesores Univ da Coruña 3-0 ARQO Rianxo (25-12/25-7/25-21).

Os xuveniles de Moncho e os sénior de segunda descansaron este fin de semana (estes últimos xogarán este xoves festivo en Ferrol o partido aprazado contra o 3.14 Financial no P. univ. Esteiro). Outro resultados: Vigo Valery Karpin 3-0 Turismo de Vigo Voleibol (25-9/25-14/25-12), AV Cangas 1-3 Ageco Marineda (19-25/27-25/18-25/21-25), R+F Magenta Voley - Descansa, Comercial Durán - Descansa.

*********************** Redactado por Crichi ***********************

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Mery Crety, Mery Crety!!!!!
Mui bien esta redación da gusto pasar x esta pagina k no tiene faltas de ortografia komo algunas k se yo jajaja.Bueno ENORABUENA de nuevo por esa victoria y espero k sigais asi k os lo mereceis.
ÁNIMO y como comente antes
""""COIDADO CAS FESTAS"""""

bicos veremonos no 3x3

mechas dijo...

eh! sin faltr...joer...y yo acabe la ESO...a qien se le cuente...jajaja, pues is esta muy bien la página, muy bien esa redaccion Crichi, pero la mia tb esta bien eh! y si no que la haga alguna que io se...jajaj un saludo a tos

CRICHI dijo...

Gracias sobri e Mechas. É o que ten ser bióloga, que aprendes a te expresar con propiedade. Non hai máis que ver á Obregón... ;-)