lunes, 4 de febrero de 2008

VICTORIA EN SAN SEBASTIÁN

O equipo senior feminino desplazouse esta pasada fin de semana ata San Sebastián para disputar o primeiro partido da segunda volta deste campionato de liga 2007/2008. As nosas xogadoras saíron o venres pola tarde camiño de Santander, onde pasaron a noite para reanudar a viaxe ao día seguinte. O sábado a mediodía xa se atopaban na cidade vasca, a tempo para dar un bo paseo e saborear un pouco, antes do partido, o ambiente festivo que se respiraba na localidade.

O equipo local esperaba ás nosas con ganas de levarse o encontro, xa que se atopan na antepenúltima posición, con solo unha victoria máis que os dous seguintes. E así pareceu que sería, xa que as noiesas empezaron o partido cun xogo moi frouxo e sen conseguir rematar as accións. Desta forma, o Fortuna Kirol Aukera conseguía un cómodo 2-0 (25-22; 25-18) poñéndolle as cousas difíciles ao conxunto galego. Pero despóis da longa viaxe que fixeran, as de Noia non estaban dispostas a regalar os puntos do encontro e volver á casa coas mans valeiras, así que sumaron forzas e saíron dispostas a darlle a volta ao marcador, tratando de levar con paciencia o partido, sendo conscientes en todo momento de que aquel era con diferencia o seu peor día, pero sabendo tamén que aínda así podían gañar, e desta forma conseguiron levarse o terceiro e cuarto sets sen moitos problemas (17-25; 21-25). O último e definitivo xogo non comezou moi ben para as nosas chicas e chegaron a ir perdendo 10-6, pero conseguiron remontar e se atoparon finalmente cun 13 iguais e bola de recepción. Unha moi boa colocación de Luci deixou sola a Mela en ataque conseguindo así poñerse con punto de partido e este chegou nunha última xogada algo revolta pero que ó final lles valeu a victoria.

Foi un partido para o olvido, sen dúbida algunha, pero o feito de ter gañado o encontro incluso cun xogo tan malo e desordenado solo pode significar unha cousa: este ano pódese con todo. Con esta nova victoria manteñen a segunda posición, pero terán que poñerse as pilas e recuperar o bo xogo se queren continuar aí, xa que as terceiras (Universidade de Salamanca) veñen pisándolles os talóns. A próxima fin de semana xogarán o único partido na casa de todo este mes de febreiro contra o CDE Voleibol Casatañeda, coma sempre ás 5 da tarde no polideportivo Alonso Rodríguez. ¡Esperámosvos!

O CV Noia (xuvenil masculino) non disputou o seu partido contra o Emeve de Lugo por un malentendido entre os representantes de cada club. Todavía non se sabe si se repetirá o partido (probablemente sea esta a opción) ou se lles dará ós de Noia o partido por ganado.

PRÓXIMA XORNADA:

  • Fisioterapia Cinesia Noia (1ª) - CDE Voleibol Castañeda: sábado 9 de febreiro ás 17.00 horas no pabillón Alonso Rodríguez de Noia.

  • AV Cangas - CV Noia (2ª): sábado 9 de febreiro ás 19.00 horas en O Gatañal.

  • CV Brétema - Fisioterapia Cinesia (2ª B fem.): sábado 9 de febreiro ás 12.30 horas no Bº de las Flores (A Coruña).

  • ARQO Rianxo - CV Noia (xuvenil masc.): sábado 9 de febreiro ás 12.30 horas no PM de Rianxo.

27 comentarios:

Anónimo dijo...

ENHORABUENA!!!!!!!!!!!
esas son mis chicas!! ojala termineis esta temporada tan bien(o mejor) que ahora, os lo mereceis!! Aqui estamos muy pendientes de los resultados y la clasificacion todas las semanas!!Un beso muy fuerte para todas/os, sobre todo para el entreneitorman, que hace mucho que no lo veo
LA MISTER

Anónimo dijo...

Joder estas Noiesas están imparables ehh!!!. Moi ben nenis espero que para a semana lle deades nas cachiñas as de Castañeda porque eu estarei en Narón xogando os meus partidos asi que a dalo todo.
Leo creo que as miñas mensaxes dos venres dan resultado asi que seguirei facendos jaja. Un bikaso enorme da PEKE.

Leo dijo...

Publicarei as fotos de San Sebastián entre hoxe e mañán. Gracias a todos polos ánimos, de verdad. Un saúdo.

Anónimo dijo...

Asi me gusta.Esa victoria importante para seguir ahi arriba.Ahora a pensar en el sabado.
Por certo,que los juves ganamos 3-0 al lider(Lugo)3-0: 25-0 25-0 25-0.Increible¡¡Es que no vinieron.Huno malentendidos creo yo...Este tipo de victorias no gustan,pero nos da la vida mas que nunca.ajja

Saludos

Anónimo dijo...

Ummm no te hagas ilusiones Cholo, no crees que ese partido se acabará jugando?? no es que no se presentaran es que hubo un malentendido (tu lo has dicho), lo más correcto será aplazarlo y jugarlo otro día no? Se gana en la cancha no en el despacho si luego se quiere presumir de las victorias

De todas formas, seguro que por méritos propios conseguis manteneros entre los cuatro primeros que es nuestro objetivo

Saludos a todos.

Anónimo dijo...

Felicidades por la victoria chicas, seguir así, que no decaiga la fiesta del Club Voleibol Noia, este año a por todas.
Un saludo Gente.

Leo dijo...

É verdad Cholo, houbo un malentendido entre Libo e Coté, entón haber como queda o asunto. En principio mandouse a acta á federación dándovos o partido como ganado, pero bueno, haber o que deciden entre eles.

Anónimo dijo...

parece que hacía frío por vaskilandia?eh!
Enhorabuena a mis niñas, por otra victoria bien merecida...
y que es eso de exaltar la colocación de la Chuli??a mi no me echábais tantas flores cuando hacía una "guay" con las imparables (Margarito o Martuki...)ejeejj!
Suerte este fin de semana!pensaré en vosotras cuando esté de tapitas porque me voy a Granaaaaa!
BEXITOS

Leo dijo...

Xa están postas as fotos de San Sebastián e tamén outro apartado chamado "Fotos para o recordo" no que se irán poñendo fotos de outros anos. Espero que vos gusten.

Anónimo dijo...

q se jodan los de lugo q en la ida a parte de robarnos el mpartido nos robo carteras

Anónimo dijo...

Chabu, lo de la exaltación de la colocación es q lEO Y Crichi me quieren bien, y como saben que llevo unos partidos de mierda, pues ya ves, me dan un caramelito asi de dulce.

Anónimo dijo...

Leo, buen retoque en la foto del equipo,jajaja, me gusta, miña nai querida macho!!!!!!!!!!!!

Leo dijo...

Está chanchi a foto eh!! para que vexas. Vouna poñer cas fotos de segunda para que a poidas ver ampliada tamén.

Leo dijo...

Actualizado o artículo de La Voz de Galicia de primeira división.

Anónimo dijo...

ENHORABOA O EQUIPO FEMENINO POR ESA IMPORTANTE VICTORIA EN SAN SEBASTIAN QUE E MOI DIFICIL GANAR ESES PARTIDOS DESPOIS DE TANTAS HORAS DE VIAXE
PODEME CONFIRMAR ALGUEN A HORA DE ENTRENAMENTO DE HOXE???

Quique dijo...

Hola brother, entrenamos as 9.30 pero pasate antes que entrenan os juves e así quentamos como dios manda. Un abrazo e hasta a noite.

Anónimo dijo...

PODEME EXPLICAR ALGUEN QUEN SON AS DUAS PERSONAS QUE PENSAN QUE O EQUIPO MASCULINO NON SE VAI A METER NA FASE

Anónimo dijo...

Ti tranquilo anónimo, e que aquí a xente vota sen pasar o antidoping e despois pasa o que pasa, que solo se poñen incoherencias. Pero cando estén serenos e se den conta do que fixeron arrepentiranse, eso seguro. CVNOIA POWER

Anónimo dijo...

PODEME EXPLICAR ALGUEN QUE 4 PERSONAS PODEN DECIR QUE O EQUIPO FEMENINO NON VAI A IR A FASE DE ASCENSO? EU CREO K SI E ESTA MAIS K CLARO.

Anónimo dijo...

QUIQUE SABESE XA FIJO A QUE HORA E O PARTIDO DE 2ª MAÑAN?

oliver dijo...

hola a todos!!!!!al fin...otra vez liga.buenos nenos ayer hicimos 1buen ntreno,ese es l camino.k alguien avisa a pilis pa maña.venga saludos a todos.

Anónimo dijo...

PILIS NON PODE VIR QUE ENTRA CURRAR HOXE A NOITE

Anónimo dijo...

Ser superior, baja de la nube. La verdad es que tus comentarios tan de sobrado no vienen nada a cuento. Yo como jugadora lucharé por estar en la fase de ascenso, asi como mis compañeras y el equipo de segunda masculino. Pero ya se vio en la liga en ambos equipos, que se es capaz de lo mejor y de lo peor, ya que se ganaron partidos con los que no se contaba y tambien se perdieron con equipos "a priori inferiores".Así que esa actitud de sobrado en cuanto a los resultados de la encuesta sobra, pues cada uno opina lo que quiera. Por que a mi no me incomoda quien no piense que no nos vamos a clasificar (pues puede ser totalmente posible), sino tus comentarios.Mas que nada porque quien los lea, luego puede pensar que todos los de Noia somos unos flipados como tu

Leo dijo...

Quenes esteades matriculados en Coruña, Santiago ou Vigo, avisade para poñervos en contacto cos correspondentes delegados de cada universidade coa finalidade de participar no campionato galego universitario do 6 de marzo en Vigo. Por Santiago estou eu, por Vigo Román, e por Coruña está xuntando xente Piti.

Anónimo dijo...

Yo estoi matriculado en la coruña.A ver si me entero de eso.
Por certo,victoria 0-3 en Rianxo.Seguimos ahi;)

SaludosS

Anónimo dijo...

ENORABUENA JUVENILES!!!! ESO ES JODER, SUFRIENDO PERO GANANDO K ES LO K IMPORTA. SUERTE A MIS COMPAÑEROS ESTA TARDE. YO SEGUIRE PONIENDO BIEN LA RODILLA Y A VER SI PUEDO ESTAR CON VOSOTROS EN ALGUN PARTIDO. SUERTE MILI!!!! UN SALUDO A TODOS. AH CHICAS A GANAR OI EH!!

UN SALUDO A TODOS LOS COMPONENTES DEL CLUB.

Leo dijo...

Cholo, ponte en contacto con Piti para apuntarche para o universitario. As de 1ª gañamos 3-0 a Castañeda, e os de segunda tamén gañaron 3-0 a Cangas. Enhoraboa ós 3 equipos!!!