Arrancou o Circuito Barbanza Voleipraia 2008 o sábado 19 de xullo no areal de Testal (Noia), proba na que houbo unha grande participación tanto feminina (20 equipos) como masculina (35 equipos). O sábado 26 e domingo 27 o torneo xogouse en Tanxil (Rianxo) por primeira vez xa que sempre fora na praia da Torre, tamén con bastante afluencia de parellas, sendo sempre a praia con menos presencia ainda que este ano non se notou tanto coma nas edicións anteriores.
Na categoría feminina a clasificación quedou da seguinte forma:
Na categoría feminina a clasificación quedou da seguinte forma:
- Lora e Xela (Vigo)
- Luci e Rosana (Noia - Vigo, equipo TASCA TÍPICA)
- Nuria e Majo (Lugo)
- Ángela e María (Cabo de Cruz, equipo RESTAURA)
- Crichi e Tania (Vigo, equipo COMUNICACIÓNS POBRA)
- Leo e Pachi (Cabo de Cruz - Vigo, equipo SIGNO)
- Sandra e Rebeca (Boiro, equipo G.A.V. ASISTENCIA)
- Aida e María (Lugo)
Na categoría masculina os primeiros clasificados foron:
- Diego Mahía e Víctor Bouza (Sada - Lugo)
- Rafa de la Fuente e Diego Pérez (Vigo)
- Román e Ángel (Vigo - Coruña)
- Agustín e Germán (Lousame)
Participaron no torneo moitos integrantes do Club Voleibol Noia: en categoría masculina xogaron Quique e Noel (equipo PUB COTTON - RIL´S), Cholo e Tito (equipo PUB COTTON), Maki e Barreiro, Godón e Jorge. En categoría feminina participaron: Leo que xogaba con Pachi (equipo SIGNO), Crichi que xogaba coa súa irmá Tania (equipo COMUNICACIÓNS POBRA) e Luci que xogaba con Rosana (equipo TASCA TÍPICA). A páxina oficial do circuito é: circuitobarbanzavoleyplaya.blogspot.com.
3 comentarios:
Primero, gracias chicas por la información.
Podéis ver más cositas y las fotos de las dos primeras pruebas en esta página piloto que hemos creado.
http://www.circuitobarbanzavoleyplaya.blogspot.com
Un saludo a todos.
Leo,
Quenes son os da foto?
A foto é pillada de internet, que nadie pense que saco estas fotos tan artísticas (non son tan boa). A partir de este finde espero poñer algunas fotos dos nosos xogadores na páxina. Se alguén quere colaborar, xa sabe a donde dirixirse. Un saúdo.
Publicar un comentario