martes, 21 de octubre de 2008

ENCONTROS DO FIN DE SEMANA

Este sábado 18 de outubro os dous equipos sénior do Clube Voleibol Noia disputaron sendos encontros de pretemporada contra o R+F Magenta Voley Riveira (masculino) e o Antalsis (feminino).

O CV Noia de 2ª División Masculina xogou ás 11.00 horas da mañá no pabillón da Cachada en Boiro rematando o partido co resultado de 2-3 para o equipo visitante. Xogaron polo CV Noia: Cholo, Tito, Quique, Ivo, Álvaro, Chino, Moncho e Maki. O encontro de ida tivo lugar o sábado pasado no pabillón Alonso Rodríguez de Noia co resultado de 3-1 para o equipo local.

O CV Noia de 1ª División feminina enfrontouse ao Antalsis de A Coruña o sábado ás 17.30 horas da tarde rematando co resultado de 3-1 para as xogadoras locais. Foi un encontro no que as xogadoras de Noia fallaron moito en recepción o cal deu lugar a ausencia de ataque. Tamén o saque foi moito máis frouxo do que soe ser, cousa que lle facilitou as cousas as xogadoras coruñesas. A incorporación de moitas xogadoras novas no equipo fai que o equipo teña que rodar máis que outros anos e afacerse a xogar todas xuntas. Debut de Marga que se estreou co CV Noia por fin esta temporada. Xogaron polo CV Noia: Leo, Lucy, Lucía, Marga, Rocío, Carolina, Crichi e Pachi.

Entrando en competición oficial, temos: Zalaeta A 3-1 CV Noia (25-23/25-18/14-25/29-27), encontro disputado na Liga Galega Infantil Feminina. Foi un encontro pastante pelexado polas dúas partes e vivido con emoción polas xogadoras de ámbolos dous equipos. Este fin de semana do 25-26 de outubro enfrontaranse ó Emevé Laboratorios Nupel.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Volveu Margarito o cv noia ou e outra marga!! si é a nosa dasme unha alegria moi grande!! un biko

Leo dijo...

É a nosa Margarita que por fin regresou!!

club_volleyball_infantil dijo...

pues pasate por mi nuevo blog soy fatima