martes, 7 de octubre de 2008

RESULTADO PARTIDO DE VOLTA COPA GALICIA FEMININA 2008 (CUARTOS DE FINAL)


Fisioterapia Cinesia Noia 0 - 3 Turismo de Vigo: os parciais foron os seguintes: 15-25/22-25/27-29. Foi un partido moi intenso ó cal o equipo de Noia se presentou moi mermado debido á ausencia de 4 xogadoras por diversos compromisos. Xogaron: Leo, Lucy, Crichi, Pachi, Lucía e Patri. Acudían á cita un pouco desanimadas pola escasez de xente e tamén porque a maioría tería que xogar por unha posición que non era a súa. Pero as rapazas fixéronlle frente a un equipo de fev con moita forza e case conseguen impoñerse no segundo e terceiro set. A maior efectividade do equipo visitante en ataque foi decisiva e o resultado de 0-3 non reflexa de todo o que ocorreu no campo.

Noia 3 - 1 R+F Voley Magenta Riveira
: partido amistoso entre dous equipos aspirantes a gañar a liga de segunda como son o CV Noia e o R+F Voley Magenta Riveira. Encontro igualado por momentos pero levado adiante polos rapaces do Noia gracias ós bos saques e ós contundentes ataques; todo isto con só tres días de entrenamento conxunto, así que ainda é pronto para sacar conclusións. Xogaron por parte do CVNoia: Ivo, Quique, Chino, Cholo, Tito, Noel, Maki, Moncho, Alvaro e Mourís.

Este fin de semana terá lugar a revancha na cancha do Riveira, así que ¡sorte para os nosos xogadores! Tamén as rapazas xogaran un encontro de pretemporada contra o Zalaeta de Coruña que milita na primeira división ó igual que as de Noia (sábado as 17.30 horas no PM Sagrada Familia).

Cambiando de categoría, as nosas infantiles comezaron a súa liga este sábado 11 de outubro. Enfrontáronse ó Xuvenil de Teis ás 12.15 horas no pabillón Alonso Rodríguez, encontro que rematou co seguinte resultado: 1-3 (8-25/6-25/25-23/10-25). Na seguinte xornada (sábado 18 de outubro) xogarán contra o Zalaeta A na Coruña ás 16.00 horas, no PM Sagrada Familia.

Nota: búscanse rapaces (cadetes ou xuveniles) para facer polo menos un equipo máis. Contactar con Liboreiro (609 822 429).

7 comentarios:

Anónimo dijo...

veña vamos chavales, xa demos un pekeno paso nesta pretemporada (pekeno eh) ai k dalo todo. Mechas sin animo de ofender e sin rajar pero ken levou nas cachas o sabado foi ribeira non noia como dicias ti k iva a ser eh!!!! jajajajaaj....un saudo mechas. asta o venres brothers, a cuidarse. A cholo eres malisimo cabron, jijijijiji!!!!!!

Ivo

Anónimo dijo...

que grande chuko,la verdad es que elpartido fue bueno para entrenar solo 3 dias,y la verdad es que no hicmos nada sobrenatural pero lo suficiente sin apenas entrenar.la verdd es que riveira lleva muhco sin entrenar pero no se le parecia que puedan hacer algo mas.proximamente mas y mejor,viernes nos vemos percal.
saludos,cholo
IVO MIERDAS

Anónimo dijo...

PERDON,QUERIA DECIR QUE RIVEIRa lleva mucho tiempo entrenando pero que no se le ve con muhco mas,perdon por explicarme mal
cholo

Leo dijo...

Nenitas (equipo de primeira): esta semana soamente temos pista o venres en Noia ás 20.30 horas. Vémonos alí.

Leo dijo...

Xa están correxidos os horarios dos entrenamentos no menú lateral da dereita. Estes son os definitivos e os correctos. Un saúdo.

Anónimo dijo...

leo no admites mi comentario muy bien, me parece way.cholo puede faltar y aun por encima no se le puede poner en su sitio alla tu.

Leo dijo...

Unha cousa é dar a túa opinión (ainda que non lle guste a outros) e outra cousa é poñela con palabras mal sonantes. Ese é o motivo polo que non publico este comentario (A ver se aprendedes dunha vez que tamén existen categorías inferiores dentro dos clubes e que tamén teñen dereito a entrar no blog e a ler os comentarios).