martes, 2 de diciembre de 2008

OUTRA XORNADA NEGRA PARA O CLUBE VOLEIBOL NOIA

Parece que non teñen sorte os equipos sénior de Noia que xa levan 3 xornadas as rapazas e 2 os rapaces e todavía non coñecen a victoria. Pero bueno, non hai que desanimarse que a aventura acaba de empezar e como di o lema: "O importante non é como se comeza, se non como se acaba".

As rapazas de primeira tiveron que desprazarse a Avilés para xogar contra o A.D. Los Campos nun partido que xa partía como complicado debido en parte ao frío do pabillón e á defensa das rapazas asturianas que tiveron o domingo o seu día. O desprazamento xa foi complicado debido ao mal tempo do fin de semana e o partido aínda se complicou máis xa que o equipo local conseguíu remontar o cuarto e o quinto set despóis de perder o segundo e o terceiro. Empezou perdendo o primeiro set o Fisioterapia Cinesia por 26-24 pero soubo solucionar os erros no segundo acertando máis no ataque e conseguindo vencer por 17-25. No terceiro a cousa seguía igual dándolle a victoria ó equipo visitante por 21-25 pero no cuarto o equipo local mellorou en canto a defensa levantando tódolos balóns e descolocando á defensa do Noia. O resultado foi de 28-26 e xa no quinto o tanteo quedou 18-16. En resume: boa defensa e boa recepción do equipo local que soubo descolocar ás nosas rapazas e facelas dudar en canto a ataque. Desprazáronse ata Avilés: Leo, Lucy, Lucía Adán, Carolina, Marga, Ania, Rocío, Anette e Lucía (líbero). Outros resultados da xornada: Fortuna Kirol Aukera 3-1 Aule, Autos Rico Universidade da Coruña 3-0 CDE Voleibol Castañeda. Na seguinte xornada (20/12/2008) enfrontarase ao Zalaeta, partido que se disputará ás 17.00 horas no pabillón Alonso Rodríguez de Noia.

Derrota tamén por 0-3 para o CV Noia de segunda en Lugo nun partido que xa partía como complicado. Os tanteos foron os seguintes: 25-18, 25-18 e 25-18. Xogaron polo Noia: Quique, Maki, Ivo, Moncho, Cholo, Tito, Adrián, Chino e Manu (líbero). Na seguinte xornada enfrontarase ao Comercial Durán.

Na Liga Provincial Cadete Feminina o CV Noia perdeu contra o Voleibol Dumbría por 0-3 cos seguintes parciais: 3-25/20-25/11-25. Na seguinte xornada (20/12/08) enfrontarase ao Hierros Cirbieta AD Xiria.

Na Liga Galega Infantil feminina o CV Noia xogou na cancha do XAV Cambados A, encontro que gañou por 0-3 cos seguinte parciais: 17-25/12-25/12-25. Na próxima xornada enfrontaranse ao CPI Mende (6/12/2008). Outros resultados: CPI Mende 1-3 Zalaeta A, Emeve Laboratorios Nupel 3-0 Turismo de Vigo Caixanova A, CVO Divina Pastora 0-3 Calasancias-Marineda Ageco, Ribeira Sacra A 3-2 Liceo La Paz.

Na Liga Provincial Xuvenil Feminina o CV Noia descansou. Enfrontarase na próxima xornada (20/12/08) ao AD Xiria.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

bueno otra semanita negra pa el club pero bueno.

el año pasado tampoco fue de los mejores inicios y despues tres equipos fueron a fases finales y fases de ascenso. hay qu entrenar qu pa los equipos senior hay gente nueva y hay qu conocerse en el campo.

respeto a la cena pienso mejor qu el 20 qu así acemos dos sabados seguidos de fiesta x qu el 27 es el 3x3.




saludos tito

Leo dijo...

Eso é verdade, tende en conta que o sábado 20 xogamos todos na casa e que o 27 é o 3x3 e tamén hai moita xente de fora que vai xogar o torneo.

Anónimo dijo...

Eiii, yo a la cena me apunto si es el 27!!! El 20 lo tengo un poco dificil. Bueno, si me dejais ir...jejeje.

Quique dijo...

Quique`s land REST IN PEACE. Porque si no tienes nada bonito que decir, no digas nada.

Leo dijo...

Se queredes información sobre a Gala do voleibol e sobre a Copa Galicia xa a tendes na páxina da federación. Eso sí, sabede que si queredes asistir á I Gala do Voleibol tedes que pagar 40 euros por persoa porque será no Hotel Restaurante Los Olmos en Lugo.

Anónimo dijo...

¿40€? Para eso gastos na cea do clube e disruto máis. Miña nai, como se nota que os de Lugo van sobrados de pasta.

Anónimo dijo...

esta paxina parece mais do c v noia femenino que do c v noia en si. deberiades de poñer mas de todo e non abusar só das rapazas. é solo 1 opinion que como lector desta paxina gustariame disfrutar de todo 1 pouko. senon mirade as fotos, os comentarios de partidos ou todo eso e veredes como a meirande parte é das senior. un saudo

Leo dijo...

Si esta páxina parece máis do cv noia feminino é porque son as únicas que se molestan en sacar fotos e comentar os partidos, motivo polo cal como dis ti, aparecen máis cousas do equipo. Díxose moitas veces aquí no blog que quen quixera colaborar con fotos e comentarios que se publicarían, pero comunícoche a ti ,que fixeches o comentario, que a min non me chegou nada. Así que repito, o club é de todos e colaborar non está de máis. Gracias.

Leo dijo...

Xa vos podedes inscribir no Torneo 3x3 de Nadal do CV Noia que se celebrará no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia o sábado 27 de decembro: entrade en cvnoia.es.

Anónimo dijo...

los de segunda no jugamos este finde?
un saludo

Leo dijo...

Hasta o 20 non xoga nadie porque hai Copa Galicia este sábado en Lugo e Gala do Voleibol despóis.

Anónimo dijo...

queria preguntar unha cousa sobre o 3x3,un xogador juvenil conta como un non federado.
gracias

vemonos no 3x3

Leo dijo...

Como non federado contan aqueles que non teñen ficha, é dicir, que non xogan en ningún equipo. Si ese xuvenil xoga nun equipo, conta como federado.

Anónimo dijo...

Xa que a enquisa quedou cerrada con empate, ó final cando se fai a cea?