martes, 27 de enero de 2009

AULE - FISIOTERAPIA CINESIA NOIA (SÁBADO 24 DE XANEIRO DE 2009)

Acudía o Fisioterapia Cinesia Noia ó seu encontro fronte ó AULE (Universidade de León) este sábado 24 de xaneiro de 2009. As de León son o equipo máis forte da liga e tratan de voltar a subir de categoría, da cal descenderon o ano pasado tras non gañar ningún partido. A cita sería ás 17.00 horas da tarde e as xogadoras de Noia ían sen o seu entrenador, Liboreiro, que non se puido desprazar con elas por motivos laborais. Eso sí, acompañábaas unha moi boa afición representada polos rapaces de Conxo que xogaban tamén contra a Universidade de León ás 19.00 horas.

Foi o mellor partido das nosas xogadoras, sen dúbida algunha, e o equipo local que nun principio pensaba que non se presentaría ningunha complicación á hora de gañar o partido, agachou a cabeza e tivo que pelexar todo o que podía e máis. Mostra de todo isto foi o desquicie continuado do entrenador de León hacia as súas rapazas, que vían como o equipo visitante defendía tódolos seus ataques conseguindo facerse ca maioría dos puntos longos. Moi ben a defensa e o bloqueo; máis problemas en ataque porque nos sigue costando facelos puntos, pero xa se puido presenciar unha notable melloría. O resultado final foi de 3-2 (25-17, 24-26, 22-25, 25-21, 15-13). Mala sorte no quinto set que se empezou gañando por 0-4, pero un par de sucesivos erros nos puntos finais decantou o set para as locais. Xogaron polo Fisioterapia Cinesia Noia: Leo, Crichi, Pachi, Marga, Lucía Adán, Rocío, Ania e Lucía (líbero). Non foron Luci (enferma) e Carolina (lesionada).

Outros resultados da xornada: Universidade de Salamanca – CDE Voleibol Castañeda: 2-3 (25-16, 25-17, 23-25, 18-25, 20-22); Fortuna Kirol Aukera - Antalsis Zalaeta: 0-3 (23-25, 23-25, 22-25); Autos Rico Universidade da Coruña - A.D. Los Campos: 3-1 (23-25, 25-19, 25-20, 25-21). O próximo encontro do equipo de primeira será este sábado 31 de xaneiro ás 17.00 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia. Será fronte ó CDE Voleibol Castañeda. Sorte e ánimo!! E dende aquí tamén dar as gracias ós rapaces de Conxo que nos animaron tanto nos bos coma nos malos momentos do partido. ¡Gracias!

O CV Noia de 2ª División Masculina volve a descansar nesta xornada. Outros encontros do fin de semana: Voleibol Dumbría - CV Noia (Liga Provincial Cadete Feminina): 3-0 (25-12, 25-7, 25-12).

6 comentarios:

Leo dijo...

Moi bo partido rapazas, así vamos polo bo camiño. Este sábado máis e mellor.

Anónimo dijo...

Bueno niñas este sábado ya toca!! La victoria se está haciendo esperar...Bicos!


Marga

Anónimo dijo...

venga chicas,tranquilas que seguro que este sabado ya toca¡¡¡este año os esta costando un poco,a ver si este sabado el poli vuelve a ser el fortin del año pasado.ajjaa
PD:Tambien salisteis de copazas alli o q?no me extrañaria...;)
saludoss CHOLO

Anónimo dijo...

Gracias Cholo!!! Este finde ya nos toca ganar, a ver si es verdad! León ida y vuelta por desgracia, Mingueira no nos dejó quedarnos a tomar unas copillas,jajajaj!! Vamos a por nuestra primera victoria!!! Bicos.

Marga

Anónimo dijo...

En cumprimento das instrucións da Consellería de Cultura e Deporte quedan suspendidas as competicións deportivas en idade escolar dende esta tarde ata o domingo inclusive. Esto abrangue tódalas competición cadetes, infantís, alevíns e benxamíns de toda Galicia

Ramón

Leo dijo...

Debido ao temporal de vento e chuvia anunciado para esta fin de semana e seguindo as directrices e recomendacións da Dirección Xeral para o Deporte, a FGVb decidiu aprazar todos os encontros desta fin de semana nas competicións autonómicas para o vindeiro 19 de marzo (no caso dos encontros das Ligas Galegas Infantís, Cadetes, Xuvenís e 2ª división A) e para o 14 de marzo (para os encontros da 2ª división B).

Os equipos poderán determinar outra data de xogo alternativa sempre que haxa acordo entre os clubs implicados e que esta sexa anterior a mencionada data fixada pola FGVb.

No que respecta as novas datas de xogo dos encontros aprazados nas competicións provinciais (Benxamíns, alevins, infantis, cadetes e xuvenís), os equipos deberán poñerse en contacto co delegado ou responsable da súa zona.

As únicas competicións que seguirán o seu transcurso con normalidade serán as nacionais, é dicir, SUPERLIGA A, SUPERLIGA B, LIGA FEV E PRIMEIRA DIVISIÓN.