Saíron máis concentrados os nosos xogadores no segundo set, e con un moi bo saque e un xogo constante reflexaron rápido no marcador o que sucedía no campo: dominio claro en tódalas facetas dos noieses. O resultado, 25-15, da fe do bo xogo local. Mesmo plantexamento no terceiro, pero contra ó final o cansancio e falta de físico (lastre este ano do equipo), fixeron que cara o último tramo do set se achegasen perigosamente os de Pontevedra. Aínda así, o set caeu do lado local con un tanteo de 25-22, e un marcador de 2 sets a un para os locais.
Moi distinto foi o cuarto xogo: a caída do terceiro transformouse en derrumbe no cuarto, e de forma sinxela e comentendo os noieses os mesmos erros que no primeiro set, viron como en pouco tempo se igualaba o marcador a 2 sets cun tanteo de 17-25.
O derradeiro set foi de infarto polo marcador, pero non así de xogo. Os dous equipos saíron a asegurar, pero os nosos demostraron que con ataques duros querían levarse o encontro. Dispuxo o Durán de ata 2 balóns de partido, pero con un xogo forte e con erros provocados polo nerviosismo dos de Pontevedra, acabouse o encontro con 3-2 para os de Noia e 18-16 no derradeiro xogo. Os de Noia suben ata o terceiro posto pero con un partido máis que o resto. Para a semana visita o Alonso Rodriguez o líder, o 3.14 Financial, que xa o ano pasado gañou ó equipo e o puxo contra as cordas para a fase de ascenso.
Na Liga Galega Infantil Feminina, o CV Noia enfrontouse na Coruña ó Calasancias-Marineda Ageco. O resultado foi de 3-0 para o equipo local cos seguintes parciais: 25-11/25-16/25-11.
PRÓXIMOS ENCONTROS:
O sábado 17 de xaneiro, o Fisioterapia Cinesia Noia enfrontarase ó Universidade de Salamanca no Pabillón Universitario Miguel de Unamuno. Será ás 20.00 horas da tarde.
O CV Noia de 2ª División enfrontarase tamén o sábado 17 de xaneiro ó 3.14 Financial no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia. Será ás 18.00 horas da tarde.
8 comentarios:
O comentario do partido de 2ª División foi realizado por Moncho, entrenador do equipo.
o comentario esta ben feito desde o punto de vista do entrenador, e da grada. pero desde o campo o que pasou e que nos gusta ganar apretados, ademais como solo xogamos un partido cada 3 mil fin de semanas, queremos aprobeitalo o maximo!! jiji
un saludo, Manu
grande mili,yo tambiel lo dije,nosotros lo çfacil lo queremos hacer dificil y ecahr tiempo jugando por que asi complementasmos solo la hora y media de entreno semanal.
fuera de coñas,que sufrimiento¡¡¡este sabado hay que dar cera.
saludoss
CHOLO
el partido con vagalume ai q darlo todo.por que PODEMOS!!!!!!!!!!!!!!!un saludo
MAKI
duran no era tan debil como lo pintaban.
CHOLO
Enhorabuena chicos!! Vamos a tener que ponerlos las pilas chicas,eh? esto no puede ser, nos llevan dos victorias,jajajaj!!! Bueno pues lo dicho que sigais con esta buena racha y nostras a ver si por fin la pillamos,jaja!! Saludos a todos.
Marga
www.fgvb.es
CV Noia 3.14 Financial 17/01/09 18:00 P. Alonso Rodríguez
una buena hora para un buen partido;)
CHOLO
sencillamete no somos capaces de mantener el ritmo durante un largo tiempo.es una pena y un putadon perder este partido
JODER¡¡¡¡
SaludosS
Publicar un comentario