martes, 3 de febrero de 2009

E SEGUE SEN CHEGAR A VICTORIA TAN ESPERADA

O pasado sábado 31 de xaneiro o Fisioterapia Cinesia Noia enfrontouse ó CDE Voleibol Castañeda. Foi ás 18.00 horas da tarde no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia (encontro que estaba previsto para as 17.00 horas pero que comezou con retraso debido ó partido de fútbol sala). As xogadoras de Noia estaban máis motivadas que nunca porque parecía que o bo xogo que soían ter aparecera outra vez no partido contra o AULE do fin de semana anterior, equipo recén descendido da liga FEV. Unha vez comezado o partido xa se podía ver que iba a ser duro bater ás xogadoras cántabras, pois estas non darían o seu brazo a torcer tan fácilmente. O equipo visitante caracterizouse sobre todo por unha defensa a proba de todo e un moi bo saque que conseguíu darlles a victoria no quinto set, xa que a recepción do Fisioterapia Cinesia neste xogo brillou pola súa ausencia (tal como se pode ver no resultado de 4-15).

Foron moi igualados os 4 primeiros sets, tanto poderían decantarse para un equipo como para o outro (21-25, 25-23, 25-22, 21-25). Funcionaron moi ben a defensa e a recepción do equipo local que conseguía así gañar os puntos longos e unha maior motivación de cara a gañar o encontro. Pero 6 derrotas seguidas teñen moito peso e eso deixouse ver no último set no que o equipo de Noia non soubo reaccionar e se deixou ir. Xogaron polo Fisioterapia Cinesia Noia: Leo, Marga, Lucía A., Lucía D. (líbero), Lucy, Ania, Carolina, Crichi e Pachi. O equipo arbitral deixou moito que desexar; está visto que o único que algúns pretenden é facerse notar (todo está en facerse ver aínda que perxudiques o xogo dos dous equipos).

O Fisioterapia Cinesia Noia enfrontarase este sábado 7 de febreiro ó Fortuna Kirol Aukera. Será ás 17.00 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia. Tamén dar as gracias dende aquí á toda esa afición que houbo no graderío, ¡Moitas gracias!. Outros resultados da xornada: Antalsis Zalaeta - CDE Voleibol Castañeda: 3-2 (20-25, 25-17, 23-25, 25-20, 15-11), ADE Los Campos - AULE: 3-1 (25-19, 20-25, 25-19, 25-22), Antalsis Zalaeta - Autos Rico Universidade da Coruña: 3-0 (25-21, 25-21, 25-17), Universidade de Salamanca - Fortuna Kirol Aukera: 3-1 (25-23, 25-17, 21-25, 25-22).

En 2ª División A Masculina, o CV Noia enfrontarase ó líder: Doble Imagen - Oleiros. Será este sábado 7 de febreiro ás 18.00 horas na cancha do equipo coruñés (Pabillón Municipal de Perillo) . O equipo de Noia ocupa a cuarta posición da táboa de clasificación con 2 victorias e 3 derrotas (7 puntos).

Tamén se enfrontarán, na Liga Galega Infantil Feminina, o CV Noia fronte ó Emeve Lab. Nupel. Será en Lugo ás 12.30 horas da mañá do sábado día 7 de febreiro (Polideportivo Infanta Elena).

12 comentarios:

Anónimo dijo...

no estubo mal el partido,estubisteis ahi,una pena el ultimo set q ,a verdad no estubo nada bien.a ver este sabado.y a ver nosotros contra los lideres....
suerte
cholo

Leo dijo...

Agora polo menos sabemos que podemos, soamente nos falta a mentalidade para rematalo partido. Son moitos partidos perdidos e é inevitable que pesen, pero bueno, non sempre se vai a estar ahí arriba, nesta vida hai que pasar por todo e o importante é superalo (se non non tería mérito).

Anónimo dijo...

este finde en oleiros opino q 3-1

Anónimo dijo...

cholo, nuestra pelea no solo es contra los lideres, tambien es contra la noche coruñesa. cena sabado!!

Manu

Anónimo dijo...

cholo, nuestra pelea no solo es contra los lideres, tambien es contra la noche coruñesa. cena sabado!!

Manu

Anónimo dijo...

hai que cortarlle a coleta a marga

Anónimo dijo...

ja,ja!! Muy graciosillas niñas!! averiguaré quien es ese anónimo,ji,ji!! Mucha suerte para los chicos el sábado, y nosotras niñas de este sábado ya no pasa, HAY QUE GANAR!! Bicos!!

Marga

Anónimo dijo...

si marga pero por si acaso o sábado ponte un moño

Anónimo dijo...

Que pesaditas, aún va a tener la culpa mi coleta, bueno pues nada me haré moño si así os quedais mas tranquilas,jajajaja!!! Bicos!

Marga

Anónimo dijo...

chavales:
Doble Imagen - Oleiros CV Noia 07/02/2009 18:00 PM Perillo (Oleiros)

cholo

Anónimo dijo...

por lo que veo mis mensajes de ánimo solo os sirvieron para yegar al quiento set y perderlo, espero que este finde sea el de la victoria en el cual yo estaré jugando, sino iría a veros. Suerte chicas. Polo que vexo Leo e margarida xogaron que te cagas jaja.... bicos tolas

Anónimo dijo...

Ola,
por favor, chámome Raquel, son de Santiago e hai anos xoguei con Lucy algún torneo de Volei-praia.
Por favor, a ver se alguén me pode pasar o seu teléfono ou a súa dirección de correo electrónico que teño ganas de saber dela.
Moitísimas gracias.
A miña dirección de correo é:
raquel.noya@gmail.com
por favor dádelle saúdos da miña parte se ledes isto e se a vedes.
Moitas grazas por adiantado e sorte no partido do sábado.

Raquel