lunes, 2 de febrero de 2015

Resultados 15 Xornada


Fisioterapia Cinesia Noia- Ibercar turbotraccion xuvenil Teis

Infantil feminino: 0-3 (11-25/11-25/17-25)


Nova derrota das nosas ante un dos primeiros clasificados da liga galega infantil feminina,  As visitantes dende un comodo saque e con unha gran aportación en ataque por parte de unha das xogadoras facían que levaran o encontro pola vía rápida, no terceiro set puido verse unha luz pero nada máis lonxe da realidade, as de Teis colleron vantaxe e non deixaron escapar o partido. Esperamos que as nosas regresen pronto ao camiño de vitorias


Xuvenil feminino; 0-3 (13- 25/ 9-25/14-25)


Unha derrota máis para as xuvenís que non levantan cabeza no que vai de ano, as visitantes coa boa distribución da colocadora e o desorde das nosas en defensa non se viron presionadas polo marcador en ningun momento. As nosas xuvenís aínda que quedan numerosos partidos de liga galega teñen que loitar moi duro para non ir a promoción de ascenso da liga zonal, pois este ano irán os catro últimos clasificados, e as nosas estan en 11º posicion con un triple empate,



No hay comentarios: