Unha xornada que nos deixa con tres vitorias de tres encontros, pleno para o noso clube!
Fisioterapia Cinesia Noia- Manuela Rial Mouzo
Infantil feminino: 3-0 ( 25-10/25-10/25-23)
Cómoda vitoria das nosas ante o último clasificado da liga galega infantil feminina. As nosas dende un saque e ataque seguros e sen resposta das contrincantes, facía moi doada a vitoria nos dous primeiros sets, aínda que non foi asi no último set, na que as visitantes puxéronse as pilas e as nosas foron por debaixo no marcador en todo momento ata o final do set no que souperon ter as cousas claras na mente e levar o encontro por un 3-0.
Fisioterapia Cinesia Noia- Dompa Gestión
Xuvenil feminino: 3-0 ( 25-8/ 25-20/ 25-15)
Por fín a ansiada vitoria que esperabamos das xuvenís ante tamén o último clasificado. Vitoria máis que necesaria que serve as nosas para non ir en postos finais a fase de descenso. Partido relativamente fácil para as locais , que sen case erros en saque poñía en apuros ao equipo visitante, isto xunto con unha defensa ordeada das noiesas facilitaba a vitoria. A semana que ven as nosas viaxan a Lugo para enfrontarse ao EMEVE, terceiro clasificado, na primeira volta deron a sorpresa vencendo por 3-2, será posible dala de novo como visitantes?
Fisioterapia Cinesia Noia- Voleibol Dumbría
Senior masculino: 3-1 (25-27/25-16/25-14/25-15)
Partido difícil que o noso equipo resolveu de boa maneira como reflexan os parciais. Tan só no primeiro set os nosos cederon 25-27, parecido foi o encontro na primeira volta. Foi un partido no que era complicado puntuar para os nosos, o equipo visitante tiña unha gran atitude defensiva, pero atóparonse co forte bloqueo dos equipo local, o que lles impedía puntuar numerosas veces, Con esta vitoria, o noso equipo está case as portas de acadar a ansiada primeira plaza da 2ª división A masculina a falta de tres partidos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario