miércoles, 11 de marzo de 2015
Resultados 19 Xornada
Fisioterapia Cinesia Noia- Calasancias Coruña
Infantil feminino: 3-2 (21-25/25-17/25-13/20-25/15-10)
Vendetta das nosas infantís ante o Calasancias co mesmo marcador que na ida pero con vitoria para as noiesas esta vez, tras varias semanas caendo no quinto set, por fin as pequenas conseguen apartar os nervios e vencer. A maioría dos puntos facíanse dende a liña de saque, ambolos dous equipos eran moi parecidos, este foi o motivo de chegar ao quinto set, mais as nosas puideron levar os dous puntos e así esta vitoria axuda as nosas pequenas a alonxarse dos postos de descenso.
Xuvenil feminino: 0-3 (18-25/22-25/19-25)
Nova derrota das xuvenis de forma máis axustada que na primeira volta, esta vez as nosas xuvenís pisaban a cancha con ganas de levar os dous puntos pero atopáronse con un equipo visitante con alto bloqueo e un forte ataque, o que impediu o avance nos finais de set para as nosas, aínda que deron a súa mellor cara.
CVP Gómez Lor Multiópticas- Fisioterapia Cinesia Noia
Senior Masculino: 0-3 (17-25/17-25/22-25)
Vitoria dos nosos no partido aplazado da 17 xornada de liga. Os noieses chegaban a Pontevedra sen colocador pois foron baixas Dani e Millagui, ademáis de Brais e Agustin Mourís.
Aínda con este contratempo de falta de colocadores os nosos souberon resolver o encontro en tres cómodos sets, tan só no terceiro set os pontevedreses tomaban vantaxe, pero un bloqueo e un ataque directo ao lado dos locais poñía por diante ao equipo visitante e unha ultima acción dos nosos puxo os 25 puntos finais no marcador levándose asi o partido en tres sets.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Grande ese Agus. Noraboa equipo!!
http://paparroda.blogspot.com.es/2015/04/o-autentico-mou.html
Publicar un comentario